Actualización definitiva de méritos das listas para o desempeño transitorio de persoal funcionario e contratación temporal de laborais

Luns, 30 Out 2023

No DOG do 30/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2022 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Publican a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2022 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.