Correos e Telégrafos
A CIG gaña demanda contra Correos por saltarse a orde de chamamento na bolsa de contratación.
A CIG gaña demanda contra Correos por saltarse a orde de chamamento na bolsa de contratación.
Traballadoras e traballdores de Correos de Lalin, concéntrase na oficina principal de Compostela para denunciar a sobrecarga e os recortes na entidade
Traballadoras e traballdores de Correos de Lalin, concéntrase na oficina principal de Compostela para denunciar a sobrecarga e os recortes na entidade
A CIG gaña demanda contra Correos por vulneración do dereito fundamental á integridade física
O Xulgado do Social nº 1 da Coruña ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” a realizarlle, a un traballador, un recoñecemento médico antes de incorporarse, despois dunha baixa prolongada, e ao pagamento de 4 mil euros en
Ler máisA CIG gaña demanda contra Correos por vulneración do dereito fundamental á integridade física
O Xulgado
do Social nº 1 da Coruña ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y
TELEGRAFOS S.A.” a realizarlle, a un traballador, un recoñecemento médico antes
de incorporarse, despois dunha baixa prolongada, e ao pagamento de 4 mil euros en concepto de indemnización
de danos e prexuízos por non protexer a saúde dos traballadores/as.
https://www.cigadmon.gal/correos
Ampliación do prazo para presentar as solicitudes de participación no Concurso de Traslados.
Con data de 03 de maio de 2022, publicáronse as bases para a convocatoria do Concurso para a Provisión de postos de traballo do Grupo Profesional de Operativos.
Ata estes momentos, resolvéronse catro asignacións das previstas na convocatoria.
A
Ler máisAmpliación do prazo para presentar as solicitudes de participación no Concurso de Traslados.
Con data de 03 de maio de 2022, publicáronse as bases para a convocatoria do Concurso para a Provisión de postos de traballo do Grupo Profesional de Operativos.
Ata estes momentos, resolvéronse catro asignacións das previstas na convocatoria.
A regulación interna de Correos (Convenio Colectivo e Estatuto) establece que o Concurso de traslados constitúe o sistema de mobilidade voluntaria e promoción para as persoas traballadoras, sexano cunha relación laboral fixa ou funcionarial incluídos no grupo profesional de operativos e de servizos xerais.
A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A.; S.M.E.; no marco da regulación interna, abre un segundo prazo de presentación de solicitudes para que poidan participar as persoas traballadoras, sexano cunha relación laboral fixa ou funcionarial e que non o fixeron durante o primeiro prazo de presentación.
A ampliación para participar no concurso de traslados realízase atendendo ao tempo transcorrido desde a data de convocatoria que permita novamente aos empregados concorrer a un procedemento de mobilidade voluntaria en todo o territorio.
Ademais, hai que ter en conta que a incorporación a Correos dos 7.687 novos traballadores e traballadoras que participaron no proceso de Ingreso de persoal laboral fixo produciuse a partir do 23 de outubro do pasado ano; e abrindo un novo prazo poderían optar, se é o seu interese, a outros postos e destinos diferentes dos asignados inicialmente no proceso de selección.
Por todas estas razóns, considérase oportuno abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para o CONCURSO DE TRASLADOS, nos seguintes termos:
PRIMEIRA. ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN.
Poderán participar neste novo prazo de inscrición e petición os seguintes colectivos:
O persoal funcionario e laboral fixo, que se atopaba no apartado primeiro.- Ámbito xeral de participación-, da Convocatoria do 03 de maio de 2022, coas seguintes consideracións:
• Poden participar os/as empregados/as que non presentaron solicitude naquel momento.
• Poden, así mesmo, formular unha nova solicitude os/as empregados/as que participaron entón no proceso e obtiveron destino nalgunha das asignacións realizadas. A presentación de nova solicitude supoñerá formar parte da nova listaxe de ordenación coas novas peticións solicitadas. A nova solicitude será valorada cos criterios de asignación previstos a continuación.
• Igualmente, permítese aos/as empregados/as que contan cunha solicitude activa, nestes momentos, presentar nova solicitude. A presentación de nova solicitude supoñerá a anulación da existente, pasando a formar parte da nova listaxe de ordenación coas novas peticións solicitadas. A nova solicitude será valorada cos criterios de asignación previstos a continuación.
• Os/as empregados/as, que como consecuencia de superar o proceso de ingreso incorporáronse xa como persoal laboral fixo de Correos a partir do día 23 de outubro de 2023.
• Para as persoas vinculadas a contrato de substitución, será necesario conservar os requisitos en canto á duración da súa xornada de traballo por estar vinculada á xubilación parcial asociada, por iso as solicitudes deberán realizarse mantendo a xornada de traballo a tempo completo, sen que poidan terse en conta peticións fóra desta xornada.
Os/as empregados/as soamente poden dispoñer dunha única solicitude de participación activa no proceso.
SEGUNDO. PUBLICACIÓN.
Esta nova apertura de prazo farase pública nos taboleiros de anuncios das sedes das Área territoriais e unidades provinciais da Dirección de recursos humanos, na sede central e na intranet corporativa.
TERCEIRA. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN, FORMULARIO DE PETICIÓN DE DESTINO E SISTEMA DE ASIGNACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.
3.1.- Procedemento de inscrición.
As persoas interesadas poderán tomar parte na convocatoria rexistrando a súa candidatura, exclusivamente, a través da Plataforma de procesos masivos habilitada por Correos.
Os participantes poderán presentar as peticións desde o día
3.2.- Asignación de destinos.
Con todas as peticións dos/as empregados/as, a Dirección de Recursos Humanos elaborará unha listaxe de puntuacións por provincias, localidades e postos de traballo, configurado polos/as empregados/as que participan neste novo prazo. Esta listaxe configurarase de maneira independente ao xa existente.
A xestión da asignación de postos de traballo efectuarase atendendo ás seguintes regras:
A) En cada adxudicación, procederá asignar, en primeiro lugar, aos/as empregados/as integrados na lista de valoración da convocatoria do 03 de maio de 2022, e que non formularon nova solicitude.
B) Posteriormente, adxudicaranse os postos de traballo que non se cubriron, aos/as empregados/as integrados na nova lista de ordenación que resulte desta ampliación de prazo.
CUARTA. APLICACIÓN DAS BASES DO CONCURSO DE TRASLADOS.
A este proceso seralle de aplicación as bases do 03 de maio de 2022, no que fai referencia a:
• Características e requirimentos dos postos de traballo.
• Procedemento, modalidades de participación e sistema de adxudicación.
• Resolución. Prazos de cesamento e incorporación aos novos destinos.
• Capacidade psicofísica para o desempeño de posto de traballo.
• Comisión de traslados.
• Méritos valorables. Os méritos valoraranse, para os novos traballadores e traballadoras integrados na ampliación, a data do 30 de abril de 2024, excepto para os cursos de formación que se valorarán ata o 31 de maio de 2024.
• Novos cursos de formación valorables:
Para os postos de repartición e axente/clasificación:
- Paquetería 2023: 2.00 puntos
- Portfolio de produtos 2023: 2.00 puntos
Para os postos de atención ao cliente:
- Procesos e ferramentas de oficinas 2023: 2.00 puntos
- Portfolio de produtos 2023: 2.00 puntos
Para posibles incidencias de acceso, deberase abrir unha incidencia no POST, a través da seguinte ligazón ou contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU) chamando ao teléfono: Rico 22525 ou exterior 91 396 25 25.
---------------------------------------------------------------------------------
CURSOS PUNTUABLES IMPARTIDOS POR CORREOS
O programa formativo está dirixido, exclusivamente, ás persoas que cumpran coas seguintes condicións:
- Ser empregado/a laboral indefinido ou funcionario.
- Manter unha relación laboral en activo coa empresa ao comezo e durante a impartición de cada unha das accións formativas que integran o programa.
- Realizar a solicitude de inscrición correctamente.
A solicitude de inscrición, conforme o horario peninsular, poderase realizar no Campus Virtual de Correos (https://formacion.correos.es) a través do banner habilitado na páxina principal da plataforma unha vez iníciese a sesión co usuario e claves corporativas, dende o 03 de abril, ata o día 10, ambos os incluídos.
A formación desenvolverase durante os meses de abril e maio.
O día de inicio de cada un dos cursos informarase da súa dispoñibilidade cun aviso na dirección de email e o teléfono móbil rexistrados no perfil persoal da plataforma, aos participantes que sexan convocados.
No caso de xurdir algunha dúbida ou incidencias no Campus Virtual, os empregados/as poderán contactar co Centro de Atención ao Estudante a través da dirección centro.atencionestudiante@telefonica.com
Prema ---> Guía Ampliación Del Concurso de Traslados Del 2024 -
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Calendario Laboral 2024
Calendario Laboral 2024
A CIG denuncia a falta de persoal de Correos na oficina principal de Ferrol
A CIG denuncia a falta de persoal de Correos na oficina principal de Ferrol
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade de reparto de Lalín continúa coas protestas para esixir máis persoal
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade de reparto de Lalín continúa coas protestas para esixir máis persoal
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade do Polígono da Costa Vella (Compostela) mobilízase polo pago das retribucións pendentes
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade do Polígono da Costa Vella (Compostela) mobilízase polo pago das retribucións pendentes
Desde o pasado mes de xullo, o Goberno acordou subir a indemnización por aportación de vehículo dende os 0.19 cts até 0.26 cts. Porén, malia o tempo transcorrido, Correos nin actualizou este concepto nas nóminas do persoal afectado, nin tampouco pagou os atrasos desde xullo, o que supón un quebranto económico moi importante para a economía deste colectivo.
O persoal considera, en todo caso, que o incremento “é insuficiente e non chega para o mantemento do vehículo e telo a disposición de Correos para facer o reparto no ámbito rural, xa que esta suba non absorbe o custo real do mantemento do vehículo”.
Lembran que no ano 2005, despois de varias mobilizacións de CIG-Correos, incluído un peche de 15 días nas dependencias de Correos na rúa do Franco, conseguírase un aumento para este colectivo de Correos de 0.19 cts a 0.23 cts por km.
Porén, logo da suba aprobada polo Goberno, Correos e os sindicatos asinantes do actual convenio colectivo ( CCOO,UGT, CSIF e Sindicato Libre) acordaron non facer extensiva esta suba adicional ao persoal de Correos.
Por iso denuncian que están a sufrir unha perda, porque quedou o incremento igual que no resto da función pública, cando “é unha realidade palpábel que o desgaste que sofren os vehículos no ámbito rural facendo o reparto de correspondencia é moito maior, con moitas mais avarías e cun maior consumo debido tanto ao estado das vías de comunicación, como ás múltiples paradas e arrincadas que teñen que facer para servir a todas as vivendas e usuarios da zona rural”.
Vehículos entregados por Correos
Asemade, denuncian que hai moitos traballadores e traballadoras que levan agardando máis de 2 anos por vehículos aportados por Correos para o ámbito rural e non ter que aportar eles o seu propio vehículo.
A pesar da insistencia da CIG-Correos para que se entreguen canto antes os vehículos a todas e todos aqueles traballadores que así o desexan, aseguran que “Correos fai oídos xordos e non atende a maioría das peticións”, polo que o cadro de persoal ten que seguir soportando a perda de cartos cada mes por ter que aportar o seu propio vehículo, xa que a cantidade que paga non compensa para o consumo e o mantemento do vehículo ( rodas, aceites, seguros).
Persoal de Lalín en loita: RECARGOS CERO XA!!
Persoal de Lalín en loita: RECARGOS CERO XA!!
A CIG a través do BNG pregunta no Congreso dos Diputados pola falta de persoal na Unidade de Reparto de Lalín
A CIG a través do BNG pregunta no Congreso dos Diputados pola falta de persoal na Unidade de Reparto de Lalín
A CIG-Correos denuncia a “excesiva e inasumíbel” carga de traballo que sofren as carteiras e carteiros na Unidade de Reparto de Lalin
A CIG-Correos concentrouse esta tarde diante da oficina principal de Correos de Santiago de Compostela, na rúa do Franco, onde está a
A CIG-Correos denuncia a “excesiva e inasumíbel” carga de traballo que sofren as carteiras e carteiros na Unidade de Reparto de Lalin
A CIG-Correos concentrouse esta tarde diante da oficina principal de Correos de Santiago de Compostela, na rúa do Franco, onde está a Xefatura Territorial, para denunciar a falta de persoal na unidade de reparto de Lalín pola falta de cobertura de vacantes e outro tipo de baixas e exixir que se garanta o servizo postal universal nesta localidade.
A CIG-Correos vén denunciando os problemas derivados da falta de persoal en Lalín con múltiples concentracións convocadas na semana anterior ás eleccións. Daquela denunciaban a falta de 6 traballadores/as nun cadro de persoal de 23, o que obrigou ao persoal a realizar os repartos con só 17 carteiros/as na oficina na quenda de mañá, 13 rurais e 4 urbanos.
Diante das mobilizacións e denuncias de falta de persoal, Correos reforzou o reparto coa formalización dun contrato na quenda de mañá e outro na de tarde. Reforzo “claramente insuficiente” para o persoal que, tal e como denuncia CIG-Correos, tivo que soportar unha “excesiva e inasumíbel” carga de traballo polas rutas tan grandes en distancia e tempo de desprazamento.
Segundo explicaron no decurso da concentración as traballadores/es afectadas, a situación persiste a día de hoxe, sen que a empresa pública adopte as medidas necesarias para cubrir todas as ausencias e vacantes e garantir así a correcta prestación do servizo postal universal.
Por iso esta tarde se concentraron diante da Xefatura Territorial, para denunciar as deficiencias no reparto mais tamén a presión psicolóxica á que está exposto o persoal.
Neste sentido, as traballadoras e traballadores reclamaron que se reverta a situación para que “se cumpran os criterios de calidade e servizo público que marca a lei e os dereitos de todos os veciños e veciñas”.
Prensa:
O persoal de Correos de Lalín, co apoio da CIG, trasladou a Pontevedra as protestas para reclamar que se cubran as vacantes
O persoal de Correos de Lalín, co apoio da CIG, trasladou a Pontevedra as protestas para reclamar que se cubran as vacantes
Correos reforza o servizo de reparto en Lalín, mais a CIG consideralo insuficiente e continuará coas mobilizacións, sen descartar a convocatoria de paros ou xornadas de folga
Correos vén de reforzar o servizo de reparto en Lalín tras unha semana de mobilizacións do persoal convocadas pola CIG, que continuará coas protestas ao consideralo insuficiente, sen descartar paros ou xornadas de folga.
Hoxe venres rematou a primeira
Ler máisCorreos reforza o servizo de reparto en Lalín, mais a CIG consideralo insuficiente e continuará coas mobilizacións, sen descartar a convocatoria de paros ou xornadas de folga
Correos vén de reforzar o servizo de reparto en Lalín tras unha semana de mobilizacións do persoal convocadas pola CIG, que continuará coas protestas ao consideralo insuficiente, sen descartar paros ou xornadas de folga.
Hoxe venres rematou a primeira semana de concentracións do persoal da unidade de reparto de Lalín, que abrangue os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada. Correos reforzou o reparto coa formalización dun contrato na quenda de mañá e outro na de tarde, sendo medida que os traballadores/as consideran “claramente insuficiente” a pesares de que a maiores tamén se incorporou un dos empregados que se atopaba de baixa.
Insisten na dificultade de ter que afrontar a campaña electoral con catro efectivos menos na unidade durante a quenda de mañá, e que esta situación de falta de persoal vaise repetir de novo unha vez que remate a campaña “xa que Correos tomou a decisión de non realizar ningunha contratación para substituír as persoas en situación de IT, como xa demostrou na pasada campaña de Nadal, co reforzo do servizo só nesas datas”.
Por iso apostan por continuar coas mobilizacións para facer visíbel a problemática que están a padecer e para reclamar unha solución. Neste senso, non desbotan mesmo a posibilidade de convocar paros ou incluso xornadas de folga nos próximos días.
Finalmente, José Blanco Pichel, da CIG-Correos de Pontevedra salienta a unidade que está a amosar a maioría dos traballadores/as diante do que consideran unha “inxustiza” e un “desleixo” por parte da xefatura, “que sempre se aproveita do sobreesforzo que fai o persoal nestes casos; porque a fin de contas son os carteiros/as os que están en contacto coa veciñanza e son a cara visíbel e a imaxe da empresa, e sobre eles/as recae a responsabilidade do reparto”.
Vía Avantar
Asemblea Nacional e manifestación de delegados e delegadas da CIG en Compostela
Asemblea Nacional e manifestación de delegados e delegadas da CIG en Compostela
A CIG-Correos mobilízase para denunciar a falta de persoal na unidade de reparto de Lalín
A CIG-Correos mobilízase para denunciar a falta de persoal na unidade de reparto de Lalín
Instruccións relativas á productividade e remuneración do traballo durante as eleccións ao Parlamento de Galiza.
1.1. Persoal afectado e forma de gratificación
Instruccións relativas á productividade e remuneración do traballo durante as eleccións ao Parlamento de Galiza.
1.1. Persoal afectado e forma de gratificación
A CIG reclama para todo o persoal eventual os dous días adicionais por coincidencia dos días 24 e 31 de decembro en domingo
A CIG solicita a concesión dos dous días adicionais de asuntos particulares por coincidencia dos días 24 e 31 de decembro en domingo
A TODO O PERSOAL EVENTUAL QUE ESTIVERA VINCULADO Á EMPRESA DURANTE ESES DÍAS SEN MÁIS REQUISITOS.
No caso contrario
Ler máisA CIG reclama para todo o persoal eventual os dous días adicionais por coincidencia dos días 24 e 31 de decembro en domingo
A CIG solicita a concesión dos dous días adicionais de asuntos particulares por coincidencia dos días 24 e 31 de decembro en domingo
A TODO O PERSOAL EVENTUAL QUE ESTIVERA VINCULADO Á EMPRESA DURANTE ESES DÍAS SEN MÁIS REQUISITOS.
No caso contrario realizaremos as denuncias necesarias ante os órganos competentes.
Xerencia de Persoas Denegación Persoal Eventual Días Por 24 e 31 Nadal_signed by CIG Correos Lugo on Scribd
A CIG solicita Información sobre as innumerables denegacións de solicitudes por conciliación familiar
Ante as múltiples denegacións arbitrarias por parte da Xerencia de RRHH da Área Noroeste a CIG remitiu escrito ao xerente solicitando a seguinte información:
Xerencia de Persoas Solicitude de Conciliación Familiar_signed by CIG Correos Lugo on
Ler máisA CIG solicita Información sobre as innumerables denegacións de solicitudes por conciliación familiar
Ante as múltiples denegacións arbitrarias por parte da Xerencia de RRHH da Área Noroeste a CIG remitiu escrito ao xerente solicitando a seguinte información:
Xerencia de Persoas Solicitude de Conciliación Familiar_signed by CIG Correos Lugo on Scribd
Exame ou proba práctica para conducir motos de 125cc
A CIG solicita que dende Correos se inicien as xestións coa Dirección Xeral de Tráfico e co Ministerio do interior para que a tod@s traballador@s de Correos que acrediten unha experiencia mínima de 20 horas de condución de motos de 125 se lles exima
Ler máisExame ou proba práctica para conducir motos de 125cc
A CIG solicita que dende Correos se inicien as xestións coa Dirección Xeral de Tráfico e co Ministerio do interior para que a tod@s traballador@s de Correos que acrediten unha experiencia mínima de 20 horas de condución de motos de 125 se lles exima de calquera proba práctica ou exame e que en todo caso sexa Correos quen pague os gastos para a obtención do carné A1 ou A2.
Escrito Conducción.motos[1] Signed by CIG Correos Lugo on Scribd
Xefaturas de equipo: Publicacións de méritos provisionais.
Xefaturas de equipo: Publicacións de méritos provisionais.
CAS DELEGADAS E DELEGADOS DA
CIG NA TUA COMARCA
CURSO INAP: APRENDIZAXE E PERFECCIONAMENTO DO IDIOMA INGLÉS (Soamente funcionarias/os)
CURSO INAP: APRENDIZAXE E PERFECCIONAMENTO DO IDIOMA INGLÉS (Soamente funcionarias/os)
- A asistencia a 6 clases grupais por videoconferencia de 1 hora de duración.
- A entrega de 3 redaccións.
- Realizar o 80% de todos os contidos e actividades da plataforma.
Inscripcion no Programa de Substitucións Xefaturas intermedias
Inscripcion no Programa de Substitucións Xefaturas intermedias
PERSOAL FUNCIONARIO: Cambio de entidade médica
COMO CAMBIAR DE ENTIDADE:
a través das seguintes canles:
- A
PERSOAL FUNCIONARIO: Cambio de entidade médica
COMO CAMBIAR DE ENTIDADE:
a través das seguintes canles:
- A través da sede electrónica, con Cl@ve concertada ou Cl@ve PIN, certificado electrónico ou DNI electrónico.
- Enviando o formulario por correo postal á correspondente oficina de Muface, ou presentalo en calquera rexistro dos contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
- Tamén poderás acudir ás oficinas de Muface para formular a solicitude.
4ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (DECEMBRO 2023): 62 PRAZAS NA GALIZA
Para todos os postos o CESE será o día 31 de xaneiro de 2024.
A incorporación será a partir do día 01 DE FEBREIRO
4ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (DECEMBRO 2023): 62 PRAZAS NA GALIZA
Para todos os postos o CESE será o día 31 de xaneiro de 2024.
A incorporación será a partir do día 01 DE FEBREIRO DE 2024.
- O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
- 2 días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
- 6 días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó 2º día 180 €)
- 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó 3º día 300 €)