A Administración pública Galega en apoio ao pobo Palestino

As Administracións Públicas baixo o principio de servizo a cidadanía non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar o conflito en Gaza
Xoves, 02 Mai 2024

A CIG-Administración Convocamos este acto de apoio a Palestina en rexeitamento do xenocidio do pobo palestino que Israel está a perpetrar.

O conflito en Gaza xunto as duras restricións que o goberno Israelí impuxo en Cisxordania tivo un impacto devastador nas condicións laborais e humanitarias do pobo Palestino. As Administracións Públicas baixo o principio de servizo a cidadanía non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar o conflito en Gaza e apoiar un xenocidio que debe deterse inmediatamente.

A CIG Administración rexeita a xestión do conflito e dos recursos públicos que se están destinando para alimentar un conflito que deixa  mutilacións, asasinatos de decenas de miles de civís,  fame na poboación e a destrución de todos os medios de vida. Os acordos bilaterales de comercio entre a UE e Israel deben suspenderse inmediatamente como medida de presión e esixir o cesamento do conflito bélico. Compre Reorientar a asistencia internacional cara á reconstrución da lexitimidade das institucións palestinas ampliando a súa capacidade para servir e representar aos palestinos en todo o territorio ocupado. É fundamental o apoio as institucións palestinas e suprimir os mecanismos que alimentan o conflito.

Facemos un chamamento para que as administración públicas do resto de Estados da UE se sumen e manifesten publicamente o rexeitamento a xestión política do recursos públicos que se está facendo e a oposición ao conflito de Gaza.

Queremos manifestar:

-A Administración pública Galega en apoio ao pobo Palestino
-O Cesamento do conflito bélico xa!
-Reiterar a chamada urxente á UE para que impoña un embargo militar e suspenda o acordo de asociación con Israel