A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio nas Administracións Públicas en Galiza

A CIG Administración revindica este 1º de maio a necesidade de rematar coa precarización do persoal empregado público
Luns, 29 Abr 2024

 

Este 1º de maio a CIG Administracións convoca manifestacións para urxir a necesidade de recuperar o perdido e tamén sentar as bases de unha administración moderna ao servizo da cidadanía. Nun momento non que os avances tecnolóxicos están modificando a metodoloxía de traballo e avanzando cara un servizo a distancia no que a obriga de relacionarse telematicamente supón unha dificultade de acceso e tamén unha limitación dos dereitos da cidadanía, ben porque non posúe os medios ou sinxelamente por non ter os coñecementos para facelo, a CIG Administración reivindica a necesidade da atención presencial e de calidade mediante a creación de ofertas de emprego público que garantan a cobertura de todas as prazas vacantes.

 

Tampouco é asumible que os empregado públicos soporten un empobrecemento de máis do 18% nos último anos, polo que esta central esixe un acordo salarial no ámbito estatal que recolla unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC real e garantida por lei, xunto a acordos salariais anuais que permitan romper coa tendencia de perder poder adquisitivo, normalizada por os sindicatos estatais, e ratificada coa firma dos acordos que nos levaron a esta situación.

 

Por iso facemos un chamamento para que o persoal empregado público galego participe este 1 de maio e exixir que unha administración moderna pasa por ter ao persoal empregado público en condicións dignas de traballo e salario.