A sentenza do TJUE sobre o abuso da temporalidade nas Administracións Públicas reafirma o posicionamento da CIG sobre que as decisións tomadas polos diferentes gobernos estatais non resolveron este problema.

Venres, 23 Feb 2024

 

A recente sentenza do TJUE sobre o abuso da temporalidade nas administracións públicas afonda na necesidade de establecer novos mecanismos legais que poñan fin a una forma de contratación nas Administracións Públicas que se está cronificado e que non se resolve polos sucesivos procesos de estabilización abertos.

A CIG opúxose aos acordos estatais que se converteron en RDLei porque non eliminaban as taxas de reposición e con elo mantiñan as limitacións para crear as prazas necesarias nas diferentes administracións que evitarían a contratación de carácter temporal.

No mesmo texto esiximos establecer mecanismos de sancións para o persoal que permitise o fraude na contratación permitindo ocupar prazas vacantes con carácter temporal de xeito permanente.

Á situación actual da inxente cantidade de persoas afectadas polo abuso da temporalidade nas administracións levounos anos de decisións políticas dirixidas a desprestixiar os servizos públicos e ás persoas empregadas públicas, de limitacións orzamentarias e de taxas de reposición. De falsidades amparadas nunha propaganda neoliberal que pretende resolver as propias contradicións do sistema capitalista eliminando os servizos públicos, entregándollos á voracidade do mercado e incluso, nas súas versións máis radicais, eliminando a propia administración.

A CIG leva dende sempre enfrontando esta propaganda neoliberal e a xestión que fixeron os distintos gobernos do estado do abuso da temporalidade. As nosas demandas foron e son claras:

- Os servizos públicos teñen que ser universais, de calidade e xestionados polas propias administracións con persoal propio.

- Hai que eliminar para sempre a taxa de reposición de efectivos. As ofertas públicas de emprego teñen que ser anuais e recoller todas as prazas existentes.

- Isto ten que ir acompañado de concursos de traslados anuais ou permanentes.

- E ten que haber sancións para os responsables de que se produzan abusos de temporalidade nas administracións.

Se estas demandas non son asumidas polos distintos gobernos e polos responsables políticos das administracións o abuso da temporalidade vai seguir producíndose e imos atoparnos novamente cunha bolsa de persoal precario que contribúe ao mantemento dos servizos públicos e da propia administración, pero que non ten dereito á estabilidade.

A mellor garantía da eficiencia e a calidade dos servizos públicos e da imparcialidade da administración é que a xestión dos servizos públicos e o funcionamento da administración a realicen persoas empregadas públicas con todos os dereitos, incluída a estabilidade no posto de traballo.