As mulleres da CIG mobilizaranse este 8M contra a precariedade nas Admóns. Púlicas e en demanda de traballo digno e igualdade

Desde que se aprobou a última reforma laboral incrementáronse todas as fendas de xénero
Venres, 08 Mar 2024

A Secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá a campaña “Stop Precariedade. Traballo digno e igualdade”, arredor da que conmemorará este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Unha precariedade que se constata no Informe sobre a “Situación sociolaboral das mulleres en Galiza. Ano 2023” no que, segundo a secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro, se confirma que “desde o inicio da nosa vida laboral até a xubilación, padecemos toda unha serie de desigualdades que non teñen causas obxectivas baseadas no desempeño do noso traballo, senón no feito de sermos mulleres”.

 

Maís información en Secretaría da Muller CIG