PÉSIMO FUNCIONAMENTO DOS ASCENSORES DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

Martes, 30 Abr 2024

Desde o traslado dos primeiros Xulgados á Cidade da Xustiza de Vigo, en outubro do 2022, detectouse o mal funcionamento dos catro ascensores de uso público para o acceso aos dezaoito andares de que está composto o edificio xudicial, un feito que provocou hai uns días que unha funcionaria quedase atrapada durante máis de quince minutos, así como que o pasado día 23 de abril quedaran inhabilitados tres dos catro ascensores principais, co problema que isto conleva tanto para os/as usuarios/as que acceden ao edificio como para os traballadores/as.

Parécenos inconcibíbel que co pouco tempo que levan funcionando os ascensores principais xa se estean producindo repetidamente fallos nos mesmos, así como que entendemos que nun edificio de tanta envergadura é clave a rapidez no tempo de reparación dos mesmos.

É por iso que dende a Central Sindical CIG solicitamos unha revisión dos ascensores principais do edificio xudicial,  en aras dunha maior accesibilidade dos/as usuarios/as e traballadores/as, así como que se faga efectiva en todos os ascensores dos edificios xudiciais galegos,  a nova normativa  Técnica Complementaria ITC AEM, a cal entrará en vigor en xullo, sendo para a súa aplicación a Xunta de Galiza colaboradora coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores, na cal destaca as  novas medidas mínimas de seguridade que se suman ás xa existentes, destacando a obrigatoriedade da comunicación bidireccional en cabina.


Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña: 657768693 - 635607376 cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela: 699 234 284 - cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol: 637 108 945 - cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo: 639 921 202 - 669 557 395 cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense: 636 424 191 - mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra: 646 023 058 - cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo: 669 760 087 - cig.vigo@xustiza.gal