![Confederación Intersinidical Galega](/assets/cig/2022/logos/cig.png)
SUSPENDIDA a concentración en San Caetano
![](files/autonomica/baner%20temporal/20231102Suspensionconcentracion.png)
Ante a situación meteorolóxica de alerta laranxa en toda a provincia da Coruña e grande parte do país, e vermella no litoral, decidimos SUSPENDER a concentración que mañá xoves día 2 de novembro, íase celebrar ás 11:00 en San Caetano.
Xa que á concentración acudirían compañeiras/os de todo o país, por prudencia é mellor non realizar desprazamentos.
Continúan adiante as asembleas programadas para a seguinte semana e retomaremos a mobilización en canto sexa posible.
Desculpade as molestias.