Administración Autonómica
CCOO, UGT E CSIF, contra as persoas da promoción interna do 2020 e 2023
Despois de ter realizado unha masiva concentración o mércores 27, as compañeiras e compañeiros que alí nos concentramos vemos como estes tres sindicatos sacan unha nota botándolle a culpa á CIG, no canto de botarlla á directora xeral, do que pretende facer creando unha incompatibilidade ficticia …
Concentración: destino definitivo XA para a promoción interna de 2023
O mércores 27 as compañeiras e compañeiros da promoción interna do 2023 imos concentrarnos para esixir á directora xeral de Emprego Público é ao conselleiro de Facenda, o dereito que temos a que se nos dea destino definitivo simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos xerais que …
Mobilízate contra os recortes do Decreto de listas de substitucións
Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este …
Faltan prazas para os actos de elección de destino definitivo de corpos xerais?
Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso. Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de …
Endogamia e enchufismo na Xunta de Galiza para cubrir máis de 800 postos da Administración Autonómica
O martes 3 de xuño quedou aprobada na Comisión de Persoal o modelo de bases para a cobertura dos postos mediante concursos específicos, unha forma de provisión de postos pensado nalgunhas xefaturas de seccións, direccións de centros e sobre todo xefaturas de servizo, que non sexan nin de concurso …
A CIG pide á Valedora do Pobo que garanta que o persoal cociñeiro teña titulación técnica
A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares. Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, …
Teletraballo: estamos a recibir informacións contraditorias acerca de cambios na resolución
Viñeron compañeiros/as ou chamaron aos locais da CIG para comunicarnos que querían restrinxirlles o teletraballo dende unha determinada data. Segundo relatan, non se podería teletraballar nin os luns nin os venres. Ante esta información algún/a xefe/a confirmounos que había ordes de "enriba" para …
5.000 € brutos anuais para os/as letrados/as pode estar xustificado. Meréceo o resto do persoal?
Presidencia xustifica esta suba salarial de 5.000 €/anuais baseándose na gran carga de traballo e para homologar as retribucións de letrados/as da Xunta con letrados/as do Consello Consultivo de Galiza. Para a CIG está moi ben homologar e compensar responsabilidades e cargas de traballo por arriba, …
Rueda pon baixo o seu control directo ao IGE e dará paso a empresas privadas que dirán o que quere oír
O Instituto Galego de Estatística pasa a ser un instrumento directo da Presidencia da Xunta. Néganse a explicar cal vai ser o papel das empresas privadas, que poderían ter acceso aos datos ou participar directamente suplantando as funcións do persoal empregado público. Con esta manobra, o PP e o …
O TSXG sentenza a favor da CIG co que emenda a carreira de depredación ambiental do País emprendida pola Xunta do PP
O alto tribunal interpreta que privatiza os procedementos de avaliación ambiental, externaliza a súa tramitación e a pon en mans da empresa privada. A sentenza cuestiona proxectos como Altri ou a Mina de Touro e chama a particulares, entidades e asociacións interesadas no procedemento a que …
Réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada na Xunta de Galiza. Febreiro/2025
Pomos a túa disposición o folleto do réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada que temos na Administración da Xunta de Galiza, actualizado a febreiro do 2025. Descargar folleto. Se tes algunha dúbida, contacta coa CIG.
A dirección da EGAP rexeita impartir determinada formación específica por non cumprir coa «tradición» da Escola
A dirección descartou que a Escola Galega de Administración Pública poida impartir formación específica para o persoal de cociña, gardacostas, ou aquel que demanda mellorar as súas competencias sobre sanidade vexetal ou recuperación de fauna salvaxe. O argumento manifestado é que estes temas non …
Concurso de traslados do SPIF: buzón de postos para alegacións
Función Pública vén de remitirnos o buzón de postos que se ofertarán nun vindeiro concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. O prazo para facer alegacións rematará o vindeiro luns 6 de novembro de …
Borrador do decreto da oferta de emprego público para o 2023
Función Pública envíanos o borrador do Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público con anexo correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023. …
Bases do concurso-oposición de axentes técnicos ambientais e concurso de traslados
O luns 30 de outubro houbo Mesa Sectorial de Funcionarios para negociar as bases da convocatoria do concurso-oposición de axentes técnicos ambientais. Destacamos: • Recolleron moitas alegacións como valorar o tempo traballado en C2 e C1, pero quedan cousas sen resolver polo que teremos unha …
Borradores das convocatorias de promoción interna de corpos xerais
Función Pública envíanos borradores das convocatorias da promoción interna dos seguintes corpos: Corpo superior (subgrupo A1) Corpo de xestión (subgrupo A2) Corpo administrativo (subgrupo C1) Corpo auxiliar (subgrupo C2) O prazo de alegacións é ata o día 6 de novembro ás 14:00 horas.