Correos e Telégrafos

ELECCIÓNS XERAIS DO 29N: GRATIFICACIÓNS, HORAS EXTRAORDINARIAS E CONDICIÓNS DE COBRO (BORRADOR)

CIG Correos 28/10/2026

Correos ten previsto un sistema de gratificacións económicas para o persoal que participe no proceso electoral das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026.

A circular establece cantidades por determinados envíos electorais, unha gratificación
Ler máis

ELECCIÓNS XERAIS DO 29N: GRATIFICACIÓNS, HORAS EXTRAORDINARIAS E CONDICIÓNS DE COBRO (BORRADOR)


Correos ten previsto un sistema de gratificacións económicas para o persoal que participe no proceso electoral das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026.

A circular establece cantidades por determinados envíos electorais, unha gratificación extraordinaria segundo o posto de traballo e o pagamento das horas extraordinarias ou complementarias que correspondan.

1. GRATIFICACIÓNS POR ENVÍOS ELECTORAIS

O persoal operativo das unidades de distribución ordinaria percibirán as seguintes cantidades polos traballos indicados:


Resto de persoal percibirán as seguintes cantidades polos traballos indicados:


No caso das oficinas satélite de tipo 1 e das oficinas auxiliares, a gratificación de 127,34 € calcularase proporcionalmente ao tempo de apertura da oficina respecto da xornada habitual.

As contías axustaranse á xornada laboral e ao horario de cada persoa traballadora. Serán aplicables ao persoal fixo e temporal nos supostos previstos.

É compatible coa gratificación por envíos?

Non, con carácter xeral. A gratificación extraordinaria é incompatible coas gratificacións individuais por envíos electorais.

A excepción corresponde ao persoal das oficinas satélite de tipo 1 e das oficinas auxiliares, que poderá percibir ambas as compensacións nos termos establecidos.

2. DESCONTOS POR DÍAS NON TRABALLADOS

Desconto de 11,58 € por cada día non traballado durante a campaña electoral, comprendida entre o 13 e o 27 de novembro.

Tanto os descontos como a base de cobramento serán proporcionais á xornada laboral e ao horario de cada traballador ou traballadora.

3. HORAS EXTRAORDINARIAS E REPARTOS ADICIONAIS

Se é necesario ampliar os horarios ou realizar repartos extraordinarios para atender o volume de traballo electoral, o persoal percibirá o pagamento das horas extraordinarias correspondentes. Para os contratos a tempo parcial aboaranse as horas complementarias que procedan.

O borrador establece que a organización destas horas debe realizarse con criterios de voluntariedade e obxectividade. Os repartos ou traballos complementarios deberán seguir o procedemento de xustificación e autorización previsto pola empresa.

4. TRABALLOS DO SÁBADO 28 E DO DOMINGO 29 DE NOVEMBRO

As instrucións distinguen dous días de traballo:
  • Sábado 28 de novembro: os traballos realizados fóra da xornada ordinaria pagaranse como horas extraordinarias de sábado.
  • Domingo 29 de novembro, día das eleccións: o traballo fóra da xornada ordinaria pagarase como horas extraordinarias de festivo. Para esta xornada establécese un módulo mínimo aboable de tres horas. No caso do persoal a tempo parcial, aboaranse as horas complementarias que correspondan.
Estas tarefas inclúen a entrega dos sobres co voto por correo nas mesas electorais, a recollida do terceiro sobre e o tránsito da documentación electoral.

Nos servizos rurais afectados que aumenten a súa quilometraxe habitual, aboarase o exceso, incluíndo a compensación polo consumo de combustible e pola amortización do vehículo.

6. VACACIÓNS E PAGAMENTO

Se prevé facilitar os cambios de vacacións e permisos que solicite o persoal cando coincidan co período electoral.

Tamén indica que Correos axilizará os trámites para que as cantidades correspondentes ao proceso electoral se paguen na nómina de decembro de 2026.







O servizo rural pagámolo co noso xornal.

CIG Correos 21/10/2026


 
A eliminación do diferencial de 0,04 € —consagrada no nocivo acordo asinado en outubro de 2023 entre Correos e os sindicatos CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre— supuxo unha inaceptable renuncia a unha compensación fundamental para amortecer os custos
Ler máis

O servizo rural pagámolo co noso xornal.


 
A eliminación do diferencial de 0,04 € —consagrada no nocivo acordo asinado en outubro de 2023 entre Correos e os sindicatos CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre— supuxo unha inaceptable renuncia a unha compensación fundamental para amortecer os custos de vehículo. Esta perda, unida á sistemática falta de cobertura de vacantes, agrava de forma crítica o impacto económico sobre as nóminas nos períodos de maior esixencia operacional

A CIG denuncia as declaracións vertidas polo PP e VOX poñendo en tela de xuizo a profesionalidade das traballadoras de Correos.

CIG Correos 14/10/2026
 


Por medio da presente dende a C.I.G. temos a ben denunciar as declaracións vertidas dende as cúpulas de diversas forzas políticas de dereita e ultradereita poñendo en tela de xuizo a profesionalidade e o cumprimento da Lei dun Servizo Público como é
Ler máis

A CIG denuncia as declaracións vertidas polo PP e VOX poñendo en tela de xuizo a profesionalidade das traballadoras de Correos.

 


Por medio da presente dende a C.I.G. temos a ben denunciar as declaracións vertidas dende as cúpulas de diversas forzas políticas de dereita e ultradereita poñendo en tela de xuizo a profesionalidade e o cumprimento da Lei dun Servizo Público como é o prestado por Correos no Voto por Correo.

Vaia por diante que calquera persoa que teña votado por correo sabe do traballo e as esixencias que conleva a súa xestión. Deben pasarse tres filtros de seguridade. Hai un primeiro filtro de seguridade que é a Solicitude de Voto, que debe ser presentada polo propio elector identificándose co seu D.N.I. se o fai dende unha Oficina de Correos, ou con certificado dixital se se fai de xeito telemático dende a web. O segundo filtro de seguridade é a recepción da Documentación Electoral, que só pode ser entregada polo carteiro ó elector en persoa debidamente identificado, de novo, mediante o D.N.I. Este envío é un Certificado Oficial Urxente no que se inclúen todas as papeletas, o sobre de voto, o de voto por correo e a certificación censal. E o terceiro filtro de seguridade é que o elector debe depositar en persoa o sobre de voto nunha Oficina de Correos, identificándose por medio do D.N.I. de novo, por terceira vez. A remisión de todos os envíos de Documentación Electoral está supervisado polas Xuntas Electorais, formadas por xuices. Faise constar ademais que unha vez solicitado o voto por correo non poderá efectuarse o voto en persoa en furna o día dos comicios.

Facemos mención dende a C.I.G. que desapareceron 20.000 postos de traballo en Correos na derradeira década, dos que 5.400 desapareceron nos últimos dous anos. Non se cobren baixas, xubilacións, traslados, decesos, vacacións... Non se destruíu emprego estrutural, pero deixa de xenerarse o emprego eventual imprescindible pra vertebrar o territorio. A falta do persoal preciso é a carencia certa e o gran problema de Correos estes anos, saneando contas a base de recortar postos de traballo.

Pero no canto disto o que resulta esperpéntico son as declaracións tanto do Partido Popular como de Vox ó solicitar que non se vote por correo. A dereita e a ultradereita mais neoliberal, no mais puro estilo “el que pueda hacer que haga”. Estas gravísimas e totalmente inaceptables declaracións non só poñen en tela de xuizo a profesionalidade e o cumprimento da Lei por parte de Correos, senon que asimesmo socavan a credibilidade da Administración e da propia democracia en España. Os votos que se admiten a través das 2.388 Oficinas de Correos son custodiados provincialmente, arquivados e controlados por medio de relacións detalladas en despachos precintados ata o dia dos comicios. Ese día, eses millóns de votos (2.5 millóns no 2.023) son levados polos 30.000 carteiros a todas as Mesas Electorais. Controlados, rexistrados, selados, sen sinais de ter sido abertos e voltos a pechar. A posibilidade de manipular ese tan elevado número de votos xestionado en tal cantidade de unidades non só é mentira. É absolutamente imposible.

Ante este ataque debera ser a propia Administración quen saíse, por ética á palestra para defender o bon facer dos seus empregados e do seu servizo. Tanto por parte da Presidencia de Correos como do propio Ministerio, ou da propia S.E.P.I. Isto é algo do que non se pode xenerar nin controversia nin dúbida ningunha nin hoxe, nin nunca. Goberne, ou malgoberne millor dito a cor política que o faga. E todas e todos os demócratas debemos tamén estar á altura, esixindo e defendendo a credibilidade, o rigor e a legalidade das Administracións e non permitindo que as socaven e atenten contra a democracia misma. Non vale todo. Ningún ataque como este ten cabida algunha, veña dende a esquina neoliberal que veña. 


Calendario laboral 2027. Negociación xa!


 

A CIG esixe que se convoque xa o concurso de traslados


 

Apertura do Portal de Emprego sen emprego: Saura e os seus cómplices sindicais (CCOO, UGT e CSIF), asinantes do Acordo Marco, continúan coa política de contratación 'cero' para axustar as contas en Correos

CIG Correos 30/9/2026



Correos abre un novo período de inscrición a partir do 1 de outubro até o 1 de novembro 2026, dirixido ás persoas interesadas en traballar na empresa. 

Este Portal ten carácter temporal e non substitúe as Bolsas de Emprego, senón que serve como unha
Ler máis

Apertura do Portal de Emprego sen emprego: Saura e os seus cómplices sindicais (CCOO, UGT e CSIF), asinantes do Acordo Marco, continúan coa política de contratación 'cero' para axustar as contas en Correos



Correos abre un novo período de inscrición a partir do 1 de outubro até o 1 de novembro 2026, dirixido ás persoas interesadas en traballar na empresa. 

Este Portal ten carácter temporal e non substitúe as Bolsas de Emprego, senón que serve como unha solución provisional mentres se establece un novo sistema de contratación de persoal eventual operativo.

O persoal eventual, xa inscrito nas Bolsas de emprego, NON ten que inscribirse no portal de emprego.

Requisitos para a inscrición:
  • Ter 18 anos ou máis. 
  • Contar co título de Graduado Escolar ou equivalente.
  • Posuír nacionalidade española ou permiso de traballo en vigor.
  • A inscrición no Portal de Emprego non garante a inclusión en futuras Bolsas de Emprego nin supón un compromiso de contratación.
O Portal abrirase cada catro meses, polo que será necesario inscribirse en cada proceso, indicando as preferencias e a dispoñibilidade para a contratación.

Como funciona o Portal de Emprego (orde de chamamento):
  • Persoas das Bolsas
  • Persoas con experiencia previa en Correos
  • Persoas inscritas no Portal
As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace:


✅A CIG sempre se manifestou en contra deste sistema de contratación, no que se realizan chamamentos que ninguén entende, baseados en rotacións incomprensibles e incontrolables que xeran desconfianza xeralizada. 

❎A CIG defende un modelo de contratación como o existente no resto da Administración, con chamamentos por rigorosa orde, claros, transparentes e publicados na páxina web de Correos.





A CIG denuncia que Correos mantén ás traballadoras de Coristanco soportando temperaturas de ata 29,6ºC sen climatización nin medidas preventivas

CIG Correos 3/8/2026
 

Correos limita as súas indicacións a recomendar que o persoal saia á rúa durante dez minutos cando a temperatura supera os 27 ºC

A sección sindical da CIG-Correos denuncia a grave situación que continúa vivindo o persoal da Unidade de Reparto de
Ler máis

A CIG denuncia que Correos mantén ás traballadoras de Coristanco soportando temperaturas de ata 29,6ºC sen climatización nin medidas preventivas

 

Correos limita as súas indicacións a recomendar que o persoal saia á rúa durante dez minutos cando a temperatura supera os 27 ºC

A sección sindical da CIG-Correos denuncia a grave situación que continúa vivindo o persoal da Unidade de Reparto de Coristanco, onde as altas temperaturas rexistradas no interior do centro de traballo seguen poñendo en risco a saúde das persoas traballadoras sen que Correos adopte medidas preventivas eficaces.

Tras os escritos presentados pola CIG hai máis dunha semana, no que se solicitaba a contratación de persoal e a adopción urxente de medidas para combater a calor no actual local, a empresa limitouse a cubrir unha baixa médica, sen dar resposta ao resto das peticións formuladas polo sindicato.

As medicións realizadas no propio centro de traballo durante os diferente días desta semana, rexistraron temperaturas de 27,2 ºC ás 08:55 horas e 29,6 ºC ás 14:41 horas, superando o límite de 27 ºC establecido para oficinas no Real Decreto 486/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

Segundo trasladan as propias traballadoras, Correos comunicou que non dispón de ventiladores en Galicia e que deben solicitarse aos servizos centrais en Madrid. Mentres tanto, a única indicación facilitada pola empresa consiste en recomendar que, cando a temperatura supera os 27 ºC, o persoal abandone o posto de traballo durante dez minutos para saír á rúa e respirar.

Para a CIG, esta resposta evidencia a absoluta falta de planificación preventiva dunha empresa que coñece perfectamente a situación, foi advertida formalmente pola representación sindical e, malia iso, continúa sen adoptar medidas eficaces para protexer a saúde das persoas traballadoras.

A organización sindical lembra que o centro de Coristanco continúa situado nun local baixo cuberta, sen aire acondicionado nin sistemas de refrixeración adecuados, circunstancia que agrava os efectos das vagas de calor e converte a prestación do servizo nunha actividade especialmente penosa durante os meses de verán.

Ademais, a CIG denuncia que segue sen recibir contestación oficial de Correos sobre as medidas preventivas adoptadas nin sobre a previsión de traslado ao novo local, a pesar dos requirimentos remitidos á empresa nos últimos días.

A sección sindical considera inaceptable que unha empresa pública pretenda afrontar un risco laboral evidente con recomendacións improvisadas en lugar de aplicar medidas preventivas reais, como esixe a lexislación en materia de prevención de riscos laborais.

Por todo isto, a CIG esixe a implantación inmediata de sistemas de ventilación ou refrixeración adecuados mentres non se produza o traslado ás novas instalacións e advirte que, de persistir esta situación, presentará nos vindeiros días a correspondente denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, achegando toda a documentación e as probas recollidas, para que se investiguen os posibles incumprimentos da normativa preventiva por parte de Correos.

Prensa:

Cursos de Galego 2026 subvencionados por Correos

CIG Correos 23/7/2026

Correos mantén a convocatoria de axudas para a realización de cursos de galego durante o ano 2026, dirixida ao persoal en activo.

Se estás pensando en mellorar o teu nivel de galego, estes son os aspectos máis importantes que debes coñecer.

✅ Quen pode
Ler máis

Cursos de Galego 2026 subvencionados por Correos


Correos mantén a convocatoria de axudas para a realización de cursos de galego durante o ano 2026, dirixida ao persoal en activo.

Se estás pensando en mellorar o teu nivel de galego, estes son os aspectos máis importantes que debes coñecer.

✅ Quen pode solicitalo?

Poden acceder a esta axuda os traballadores e traballadoras en activo de Correos.

Importante: é imprescindible permanecer en activo durante todo o período de realización do curso. Se non se cumpre este requisito, a solicitude non poderá tramitarse.

📝 Documentación que hai que presentar

Toda a documentación deberá entregarse á Área de Desenvolvemento e Formación.

Antes de comezar o curso:

📄 Solicitude debidamente cumprimentada.
🎓 Certificado de matriculación expedido polo centro de formación.

Unha vez rematado o curso:

Será necesario presentar:

✔️ Certificado de asistencia e superación.
🧾 Factura orixinal do centro de estudos e/ou xustificante do pagamento.
📌 Requisitos da factura

A factura deberá incluír:

Nome do centro de formación.
NIF do centro.
Nome e DNI do alumno ou alumna.
Importe do curso e da matrícula (indicando que está exento de IVE).
Número de factura.
Selo e sinatura do centro.

📚 Material subvencionable

Ademais do importe do curso, tamén poderá aboarse:

📖 Un libro de texto por curso (presentando a correspondente factura).
📘Un dicionario (unha única vez na vida laboral, se se solicita nesta convocatoria).

❌ Non se subvencionarán libros de lectura recomendada.

💻 Modalidades admitidas

Os cursos poderán realizarse en:

- Formación online impartida por un organismo oficialmente acreditado.
- Formación presencial.
- Formación semipresencial.

Todos os cursos deberán realizarse fóra da xornada laboral.

⚠️Condicións importantes:
  • É obrigatoria unha asistencia mínima do 80 % das horas lectivas.
  • Correos poderá realizar unha proba de nivel para comprobar o aproveitamento da formación.
  • As solicitudes admitiranse en función da dispoñibilidade orzamentaria e das necesidades do posto de traballo.
💶 Contía da axuda 

✔️ Concederase unha única axuda económica, unha vez finalizada a formación.
✔️ Toda a documentación e as facturas deberán presentarse nun único envío.
💰 O importe máximo que aboará Correos será de 690 € por alumno/a, con independencia de que realice un ou varios cursos.
📄 Certificado de nivel

As persoas que dispoñan dun certificado oficial acreditativo do nivel de galego poderán presentalo conforme á normativa vixente da súa Comunidade Autónoma.

ℹ️ Máis información

Para resolver calquera dúbida podes contactar coa:

Coordinación de Formación – Área Noroeste

📞 638 54 64 34   ☎️ RICO: (4) 82032

Desde a CIG-Correos recomendamos presentar toda a documentación correctamente e conservar copia de todos os documentos entregados para evitar incidencias na tramitación da axuda.

Aberto o prazo para solicitar as axudas de Acción Social en Correos 2026

CIG Correos 3/8/2026

📅 Todos os prazos de solicitude comezaron o 7 de xullo e as solicitudes tramítanse a través da plataforma Beneficios 360 (agás as axudas por falecemento e orfandade)
  • Descarga Google Authenticator.
  • Acepta os consentimentos.
  • Agarda 24 horas.
  • Consulta a

Ler máis

Aberto o prazo para solicitar as axudas de Acción Social en Correos 2026

📅 Todos os prazos de solicitude comezaron o 7 de xullo e as solicitudes tramítanse a través da plataforma Beneficios 360 (agás as axudas por falecemento e orfandade)
  • Descarga Google Authenticator.
  • Acepta os consentimentos.
  • Agarda 24 horas.
  • Consulta a guía de usuario.

📚 Axudas ao estudo para fillos e fillas

🗓️ Do 7 de xullo ao 16 de outubro.

🎓 Estudos universitarios para o persoal laboral

🗓️ Do 7 de xullo ao 16 de outubro.

👶 Axuda para Educación Infantil

🗓️ Do 7 de xullo ao 25 de setembro.

♿ Axudas para fillos e fillas con discapacidade

🗓️ Do 7 de xullo ao 25 de setembro.

🦷👓 Axudas para tratamentos de saúde (dentais, ópticos, saúde mental, etc.)

🗓️ Do 7 de xullo ao 25 de setembro.

💶 Préstamos sen xuros

🗓️ Do 7 de xullo ao 25 de setembro.

⚫ Axudas por falecemento

❗ Non se tramitan de forma telemática.
🗓️ Do 7 de xullo ao 31 de decembro de 2026.

📲 Tes dúbidas ou precisas axuda para facer a solicitude?
Ponte en contacto coa sección sindical da CIG da túa comarca. Estamos para botarche unha man.

CONFLITO DE VACACIÓNS: FRENAZO Á IMPOSICIÓN UNILATERAL DA EMPRESA

CIG Correos 26/6/2026


A CIG compareceu en Madrid como sindicato promotor da demanda de conflito colectivo contra a instrución de Correos (Proxecto VA26). Esta medida pretende obrigar a toda a plantilla a coller as vacacións por quincenas, vulnerando abertamente o Convenio
Ler máis

CONFLITO DE VACACIÓNS: FRENAZO Á IMPOSICIÓN UNILATERAL DA EMPRESA


A CIG compareceu en Madrid como sindicato promotor da demanda de conflito colectivo contra a instrución de Correos (Proxecto VA26). Esta medida pretende obrigar a toda a plantilla a coller as vacacións por quincenas, vulnerando abertamente o Convenio Colectivo e o calendario laboral vixente.

A escusa de Correos: Durante o acto, a dirección da empresa tentou eludir o fondo do asunto e fuxir das súas responsabilidades alegando unha suposta "falta de competencia" do SMAC de Madrid, baixo o argumento de que a instrución VA26 só afectaba ao Área Territorial Noroeste.

A réplica xurídica: Esta estratexia trampeira foi desmontada de inmediato e de forma contundente na mesa de negociación. Rebatéuselle á empresa que a Área Territorial Noroeste está integrada por tres Comunidades Autónomas (Galiza, Asturias e parte de Castela e León). Ao estar afectada máis dunha comunidade, a competencia do SMAC de Madrid é total, legal e absolutamente incuestionable.

Fronte común e resultado: O acto rematou SEN AVENENCIA, o que nos deixa a vía libre para iniciar de inmediato o proceso xudicial. Todos os sindicatos asistentes (LAB, ELA, CGT, CSIF e Sindicato Libre) adheríronse á nosa demanda. 

A VERGOÑA: CCOO E UGT VOLVEN DAR AS COSTAS Á PLANTILLA Mentres as organizacións sindicais que si loitamos pechabamos filas en Madrid para defender un dereito tan sagrado como as túas vacacións, as cúpulas de CCOO e UGT decidiron NON ASISTIR ao acto de conciliación. Coa súa clamorosa e vergoñenta ausencia evidencian, unha vez máis, que os dereitos dos traballadores e traballadoras de Correos non lles importan o máis mínimo. Estan máis cómodos nos despachos institucionais e asinando recortes coa dirección que defendendo ás traballadoras e traballadores fronte aos atropelos diarios.

¡Xulga ti mesmo/a quen está ao teu lado cando hai que pelexar de verdade!

COA CIG, OS TEUS DEREITOS NIN SE REGALAN NIN SE NEGOCIAN
Sindicato implicado, plantilla protexida.
¡Súmate á alternativa combativa!

Curso “Experiencia cliente: fundamentos crave”

CIG Correos 18/6/2026

Dispoñible no Campus Virtual o curso “Experiencia cliente: fundamentos crave”, unha formación deseñada para ofrecer unha visión clara e práctica sobre como construír experiencias positivas en cada interacción cos nosos clientes. Este curso axudarate
Ler máis

Curso “Experiencia cliente: fundamentos crave”


Dispoñible no Campus Virtual o curso “Experiencia cliente: fundamentos crave”, unha formación deseñada para ofrecer unha visión clara e práctica sobre como construír experiencias positivas en cada interacción cos nosos clientes. Este curso axudarate a entender como as emocións, percepcións e expectativas dos clientes inflúen directamente na súa satisfacción e fidelidade , así como a identificar o teu papel na creación dunha experiencia excelente.

Qué aprenderás neste curso?
  • Que é a experiencia de cliente e por que vai máis aló dunha simple atención ou servizo. 
  • Cales son os atributos máis valorados polos clientes de Correos e como inflúen na súa percepción. 
  • Como as experiencias positivas e negativas impactan na satisfacción e a lealdade. 
  • Os distintos tipos de clientes (con contrato, de oficina e destinatarios) e as súas necesidades. 
  • A importancia da empatía, o bo trato e a coherencia en cada interacción. 
  • Como cada persoa contribúe a construír unha experiencia de cliente de calidade dentro da organización.
Como solicitar a formación:
  • Podes solicitar a túa inscrición a través do Campus Virtual de Correos , ata o 23 de xuño, incluído. 
  • Ao solicitar participar no curso, poderás revisar os teus datos de contacto e actualizalos se é necesario. 
  • O día de inicio de curso recibirás un aviso no email e teléfono móbil rexistrados. 
  • Unha vez superado o curso, engadirase ao teu expediente formativo e poderás descargar o diploma desde a plataforma.
  • A formación estará dispoñible durante todo o mes de xullo.
Quen pode participar?

O curso está dirixido a persoas con relación laboral ou de servizo activa con Correos durante o período de formación.

No caso de incidencia técnica:

Podes contactar co Centro de Atención ao Estudante a través do correo: centro.atencionestudiante@telefonica.com


Tarxeta de Transporte para o persoal laboral fixo

CIG Correos 15/6/2026


A partir de mañá, 16 de xuño, implántase definitivamente a Tarxeta de Transporte (tanto para traxectos urbanos como interurbanos) para os traballadores e traballadoras laborais fixos.

🛠️ Cales son as claves deste beneficio?

Aforro fiscal directo: O
Ler máis

Tarxeta de Transporte para o persoal laboral fixo



A partir de mañá, 16 de xuño, implántase definitivamente a Tarxeta de Transporte (tanto para traxectos urbanos como interurbanos) para os traballadores e traballadoras laborais fixos.

🛠️ Cales son as claves deste beneficio?

Aforro fiscal directo: O gasto que fagas en transporte público estará exento de tributación ata un máximo de 1.500 € ao ano.

Formato 100% dixital: Funciona a través dunha tarxeta de débito dixital que se descarga directamente no teu teléfono móbil. Con ela poderás aboar as túas viaxes cun límite mensual de 136,36 €.

Gratuíta e de uso exclusivo: A tarxeta non ten ningún custo de emisión nin mantemento. Iso si, o seu uso está reservado unicamente para pagar billetes ou abonos de transporte público que utilices para acudir ao teu centro de traballo.

📲 Actívaa sen complicacións

Para que poidas comezar a utilizala desde o primeiro momento e sen atrancos, xunto a esta información enviámosche a Guía de activación da tarxeta, onde se explica o paso a paso para descargala no teu móbil.

Se tes calquera dúbida ou precisas axuda durante o proceso, ponte en contacto con nós. Como sempre, o teu sindicato da área Noroeste está ao teu carón para apoiarte e defender os teus dereitos.


FUNCIONARIAS/OS: Período de cambio de entidade en MUFACE (Xuño 2026)

CIG Correos 3/6/2026


📢  Informamos a todo o persoal que pertenza a MUFACE de que desde o 1 ata o 30 de xuño de 2026 está aberto o prazo ordinario para solicitar o cambio de entidade sanitaria.

🏥 Que entidades prestan a asistencia sanitaria neste ano 2026?

      As persoas
Ler máis

FUNCIONARIAS/OS: Período de cambio de entidade en MUFACE (Xuño 2026)



📢  Informamos a todo o persoal que pertenza a MUFACE de que desde o 1 ata o 30 de xuño de 2026 está aberto o prazo ordinario para solicitar o cambio de entidade sanitaria.

🏥 Que entidades prestan a asistencia sanitaria neste ano 2026?

      As persoas mutualistas e beneficiarias poden optar por:

- O Sistema Nacional de Saúde (Sanidade Pública / SERGAS) ✊
- SegurCaixa-Adeslas
- Asisa

🔍 Nota importante: Os cadros médicos actualizados das distintas opcións están dispoñibles para a súa consulta na páxina web oficial de MUFACE (www.muface.es).

📝 Procedemento para realizar o cambio de entidade

Se decides tramitar o cambio, podes facelo durante todo este mes de xuño a través das seguintes vías:

💻 Vía Telemática (A máis rápida): A través da Sede Electrónica de MUFACE, utilizando Cl@ve concertada, Cl@ve PIN, certificado dixital ou DNI electrónico. Está operativa as 24 horas.

✉️ Correo Postal ou Rexistro: Enviando o formulario oficial por correo postal á túa oficina de MUFACE, ou ben presentándoo en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro (Rexistro Xeral da Xunta, delegacións, etc.).

👤 Presencial: Acudindo directamente ás oficinas de MUFACE.

Para calquera dúbida ponte en contacto 
coas túas delegadas e delegados da CIG.

9ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (MAIO 2026): SÓ 32 PRAZAS NA GALIZA

CIG Correos 5/5/2026
 

SÓ 32 PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: 

A CORUÑA 11 
LUGO 6
OURENSE NON EXISTE! CERO
PONTEVEDRA 15

TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 356 PRAZAS :  

🚶 22 REPARTO A PÉ, 
🛵 285 REPARTO MOTO, 
👩‍💻 44 ATENCIÓN AO CLIENTE  
📦 5 AXENTE CLASIFICACIÓN.

AS LISTAXES
Ler máis

9ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (MAIO 2026): SÓ 32 PRAZAS NA GALIZA

 

SÓ 32 PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: 

A CORUÑA 11 
LUGO 6
OURENSE NON EXISTE! CERO
PONTEVEDRA 15

TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 356 PRAZAS :  

🚶 22 REPARTO A PÉ, 
🛵 285 REPARTO MOTO, 
👩‍💻 44 ATENCIÓN AO CLIENTE  
📦 5 AXENTE CLASIFICACIÓN.

AS LISTAXES COMPLETAS DA 9ª ADXUDICACIÓN ESTÁN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓNS SINDICAIS DA CIG.
 
PRAZOS DE CESE ---> Para todos os postos o cese será o día 31 DE MAIO 2026.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN ---> A incorporación será a partir do día 1 DE XUÑO DE 2026.
  • O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
  • 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
  • 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
  • 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

Solicitude de incorporación anticipada ou incidencias: Ata o 11 de maio nas unidades de Recursos Humanos correspondentes. Deberás facelo por correo electrónico, achegando escrito á dirección: provision.rrhh@correos.com

Atención! Despois do 11 de maio NON se tramitarán incidencias relacionadas coa adxudicación de destino.

Para posibles problemas de acceso ou visualización, deberás abrir unha incidencia en POST ou contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU) chamando ao teléfono: RICO 22525 ou exterior 91 396 25 25.

A CORUÑA:


LUGO:


OURENSE:

NON EXISTE!!

PONTEVEDRA:



Nin por ser a última adxudicación do Concurso!

Só adxudican 32 ridículas prazas en Galiza.... de vergonza!

Qué negocian estes sindicatos asinantes!




O prazo para anotarse nas listas de contratación da Xunta remata o xoves 30 de abril 2026

CIG Correos 22/4/2026

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a
Ler máis

O prazo para anotarse nas listas de contratación da Xunta remata o xoves 30 de abril 2026

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

Relacionan as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se encontran abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III).

Relacionan as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV).

➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
DOG da apertura de listas de contratación da Xunta.

➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖




ESTAR ENFERMO/A NON PODE SER UN NEGOCIO PARA CORREOS!

CIG Correos 15/4/2026
A CIG DENUNCIA O ROUBO NA TÚA 
PRODUTIVIDADE DURANTE A "IT"

A TRAIZÓN DO III CONVENIO: A dirección de Correos non podería meter a man no peto do persoal laboral de baixa se non fose pola complicidade dos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SINDICATO LIBRE que
Ler máis

ESTAR ENFERMO/A NON PODE SER UN NEGOCIO PARA CORREOS!

A CIG DENUNCIA O ROUBO NA TÚA 
PRODUTIVIDADE DURANTE A "IT"

A TRAIZÓN DO III CONVENIO: A dirección de Correos non podería meter a man no peto do persoal laboral de baixa se non fose pola complicidade dos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SINDICATO LIBRE que asinaron o III Convenio. Eses mesmos sindicatos que primeiro asinan recortes e agora, con total hipocrisía, pretenden facer ver que denuncian o que eles mesmos permitiron coa súa firma.

BOTA CONTAS DO QUE CHE ROUBARON: Debes saber que, legalmente, só se pode reclamar un ano cara atrás. Mira as túas nóminas e bota contas de todo o diñeiro que eses sindicatos lle levan aforrado á empresa a costa da túa saúde. Mentres eles asinan alegremente, ti perdes cartos por estar enfermo/a.

A  ACCIÓN DA CIG:
  • CONFLITO COLECTIVO: A CIG presenta CONFLITO COLECTIVO para defender o conxunto dos traballadores/as e garantir que, de agora en diante, Correos non poida realizar estes descontos ilegais na produtividade.
  • RECLAMACIÓN INDIVIDUAL: O conflito colectivo protexe o futuro, pero o diñeiro xa descontado o último ano tes que reclamalo ti de xeito individual.



SÁBADOS SOLAPADOS CON FESTIVOS: O TEU DESCANSO NON É UN AGASALLO!

CIG Correos 15/4/2026

A CIG DENUNCIA O ROUBO DE XORNADA QUE CORREOS PRACTICA CO PERSOAL LABORAL COA COMPLICIDADE DOS SINDICATOS ASINANTES. QUE ESTÁ A PASAR COS NOSOS FESTIVOS?

Ano tras ano, o calendario laboral amosa sábados que coinciden con días festivos. Para a
Ler máis

SÁBADOS SOLAPADOS CON FESTIVOS: O TEU DESCANSO NON É UN AGASALLO!


A CIG DENUNCIA O ROUBO DE XORNADA QUE CORREOS PRACTICA CO PERSOAL LABORAL COA COMPLICIDADE DOS SINDICATOS ASINANTES. QUE ESTÁ A PASAR COS NOSOS FESTIVOS?

Ano tras ano, o calendario laboral amosa sábados que coinciden con días festivos. Para a dirección de Correos, estes días “desaparecen”: nin se pagan, nin se compensan con outro día de descanso. Esta práctica supón, de facto, un incremento encuberto da xornada anual e un desprezo absoluto polo dereito ao descanso do persoal laboral.

OS CÓMPLICES DA FIRMA: PRIMEIRO ASINAN, DESPOIS PROTESTAN.

Este “roubo” non sería posible sen o marco que permitiron os sindicatos asinantes do III Convenio Colectivo. Son os mesmos que:
  • Sentaron na mesa para asinar un texto que deixa oco a estas interpretacións abusivas pola empresa.
  • Puxeron a sinatura nun convenio que precariza e logo, para lavar a cara ante a plantilla, pretenden facer ver que loitan polo que eles mesmos entregaron.
  • A súa sinatura aforralle millóns de euros á empresa en substitucións e pagos que deberían ir ao peto das traballadoras e traballadores.
A POSTURA DA CIG: CONFLITO COLECTIVO XA!

Desde a CIG non imos permitir que un festivo estatal, autonómico ou local quede sen o seu correspondente descanso ou retribución por caer en sábado. Por iso, informamos de que:
  1. IMPUGNACIÓN LEGAL: Presentamos un Conflito Colectivo para esixir que os sábados solapados sexan compensados de xeito efectivo.
  2. DIGNIDADE LABORAL E RECLAMACIÓN: Un festivo é un dereito gañado e a empresa debe axustar a xornada para non perder ese lecer.
IMPORTANTE: Ao igual que cos descontos por IT, o conflito colectivo protexe o dereito xeral, pero os festivos solapados do último ano hai que reclamalos individualmente. Ponte en contacto cos teus delegados e delegadas para tramitar a túa reclamación.

SABÍAS QUE...?

Cada sábado que non che compensan é un día de vida familiar e descanso que che están a subtraer de balde.

MOBILÍZATE COA CIG!
  • A forza para tombar estas prácticas abusivas está na mobilización e na presión xurídica.
  • Asiste ás asembleas para coñecer os detalles da demanda.
Esixe responsabilidades a quen asinou o convenio que permite estes abusos.



A CIG Correos solicita unha reunión urxente para a revisión da compensación por achega de vehículo no ámbito rural.

CIG Correos 20/3/2026


A situación do persoal de reparto rural con achega de vehículo propio, atravesa un momento especialmente delicado, que require unha resposta inmediata por parte da dirección de Correos. 

Desde CIG Correos considérase imprescindible trasladar á opinión
Ler máis

A CIG Correos solicita unha reunión urxente para a revisión da compensación por achega de vehículo no ámbito rural.


A situación do persoal de reparto rural con achega de vehículo propio, atravesa un momento especialmente delicado, que require unha resposta inmediata por parte da dirección de Correos. 

Desde CIG Correos considérase imprescindible trasladar á opinión pública a gravidade dun problema que non só afecta ás condicións laborais deste colectivo, senón que tamén pon en risco a continuidade dun servizo público esencial en amplas zonas do rural.

Nos últimos meses produciuse unha perda de poder adquisitivo sen precedentes entre os carteiros e carteiras rurais. Un dos factores máis determinantes é o forte incremento do prezo do combustible, especialmente do gasóleo, que é o máis utilizado na maior parte da frota rural. Esta subida, que supera o 20% en comparación con 2023, recae directamente sobre os traballadores e traballadoras, xa que son eles quen asumen os custos derivados do uso do seu propio vehículo para desenvolver a súa actividade diaria.

A esta realidade súmase a evidente insuficiencia da compensación por quilometraxe. A contía actual, fixada en 0,26 euros por quilómetro, está moi lonxe de cubrir os gastos reais asociados ao uso do vehículo: combustible, mantemento, seguros, neumáticos e amortización. Esta situación agrávase aínda máis no ámbito rural, onde as condicións das rutas e as distancias incrementan significativamente os custos.

Ademais, a eliminación do diferencial económico acordado por CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre en outubro de 2023, supuxo a desaparición dun pequeno colchón que permitía absorber, aínda que fose parcialmente, as variacións do custo da vida. Sen ese mecanismo de estabilidade, o impacto das subas de prezos é directo e inmediato sobre as nóminas.

Outro elemento clave é o aumento da carga de traballo provocado pola falta de persoal. A ampliación de rutas e percorridos está xerando unha situación paradóxica e inxusta: canto máis traballan, máis diñeiro perden. Esta dinámica non só resulta insostible desde o punto de vista económico, senón que tamén afecta á calidade do servizo prestado á cidadanía.

Cómpre lembrar que o persoal de reparto rural constitúe, en moitos casos, o único vínculo efectivo entre a Administración e a poboación en zonas despoboadas. Garantir este servizo non pode facerse a costa do deterioro das condicións laborais nin do salario dos traballadores e traballadoras.

Desde CIG Correos solicitamos a convocatoria urxente dunha reunión coa presidencia da entidade, co obxectivo de abordar solucións inmediatas. Entre as medidas propostas destacan a actualización da compensación por quilometraxe, adaptándoa aos custos reais, e a implantación de mecanismos de revisión automática vinculados á evolución do prezo do combustible.

A resolución desta problemática é clave para asegurar un modelo de servizo postal público, digno e sostible, que garanta tanto os dereitos do persoal como a atención á cidadanía no conxunto do territorio.



NOTA INFORMATIVA: DECLARACIÓN DA RENDA 2025

CIG Correos 18/3/2026

OS ATRASOS DO 2,5% CORREOS TRASLADA A SÚA RESPONSABILIDADE AO PERSOAL

Dende a sección sindical queremos informar sobre a situación xerada polo incremento retributivo do 2,5% correspondente ao ano 2025. Malia que o Real Decreto-lei 14/2025 establecía
Ler máis

NOTA INFORMATIVA: DECLARACIÓN DA RENDA 2025


OS ATRASOS DO 2,5% CORREOS TRASLADA A SÚA RESPONSABILIDADE AO PERSOAL

Dende a sección sindical queremos informar sobre a situación xerada polo incremento retributivo do 2,5% correspondente ao ano 2025. Malia que o Real Decreto-lei 14/2025 establecía que este pago debía facerse efectivo en decembro de 2025, Correos non o abonou ata xaneiro de 2026 alegando "imposibilidade técnica".

Esta mala xestión da empresa ten consecuencias directas para ti: Correos traslada a responsabilidade e a carga administrativa ao traballador/a, obrigándonos a modificar manualmente o borrador da Renda para evitar problemas coa Axencia Tributaria.

¿QUE DEBES SABER?
  • Imputación fiscal: Aínda que cobrases os atrasos en xaneiro de 2026, a Axencia Tributaria obriga a declaralos no exercicio 2025, xa que é o ano no que eran esixibles.
  • Documentación necesaria: Debes utilizar o "Certificado adicional de retencións" que Correos che facilitará a través do buzón dixital ou no teu centro de traballo. Este documento é distinto ao certificado ordinario.
¿COMO SE DECLARAN ESTES ATRASOS?

Para que os teus datos fiscais sexan correctos, antes de confirmar o borrador da Renda 2025 (campaña que comeza en abril de 2026), debes:
  1. Acceder ao teu borrador en Renda WEB.
  2. Localizar a Casilla 03 (Rendementos do traballo).
  3. Sumar os importes que aparecen no teu "Certificado Adicional" (Importe íntegro, retencións e gastos deducibles) aos datos que xa figuran por defecto na declaración.
IMPORTANTE: Se presentas a declaración sen engadir estes atrasos, poderías recibir unha paralización ou reclamación posterior da AEAT con posibles recargas.

DENUNCIAMOS que a falta de previsión de Correos obriga a todo o persoal a realizar trámites extra e a asumir erros que non nos corresponden. 

Se tes dúbidas sobre como realizar este trámite, 
ponte en contacto cos teus delegados/as sindicais da CIG.



10 de marzo día da Clase Obreira Galega: Na Galiza traballo digno - Pobo con dereitos.

CIG Correos 10/3/2026

A CIG fai un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos.

Nesta data na que se
Ler máis

10 de marzo día da Clase Obreira Galega: Na Galiza traballo digno - Pobo con dereitos.

A CIG fai un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos.

Nesta data na que se conmemoran as mobilizacións protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972, durante as que foron asasinados en Ferrol pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, “as demandas de liberdade, contra a precariedade das condicións laborais, por salarios xustos e pola defensa da negociación colectiva en Galiza seguen vixentes e son de actualidade”, salientou o secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xoán Galdo, quen compareceu en rolda de prensa  este martes coa responsábel comarcal de Muller, Teresa Carballido.

Nun contexto marcado polo empobrecemento xeneralizado, os baixos salarios e as desigualdades impostas polas políticas neoliberais e as últimas reformas laborais, “a mobilización convértese no camiño necesario para dar resposta a esta crúa realidade, porque alén das cifras macroeconómicas, o continúo medre da carestía da vida dificulta cada día máis facer a compra e acceder a unha vivenda digna”.

Galdo criticou que se pretenda normalizar a precariedade laboral, o traballo a tempo parcial e a contratación fixa descontinua, mentres a temporalidade segue existindo, as condicións laborais e os salarios son peores e aumenta o risco de pobreza.


Todo isto, engadiu, cunha forte presión do capitalismo para afondar as políticas máis neoliberais e máis depredadoras “a calquera custe” e buscando criminalizar con esta fin toda resposta social. “Aí está, advertiu, a radicalización da dereita, o auxe da ultradereita e o fascismo promovido por un capital que quere máis ganancia sen importar os medios”, no que inseriu os discursos e prácticas cada vez máis perigosas do PP de Galiza, “correa de transmisión do PP español, competindo con VOX nunha axenda españolista, machista e belicista”.
 

EXCEDENCIAS INCENTIVADAS: Aberto o prazo de solicitudes (Persoal Funcionario) 2026

CIG Correos 24/2/2026

🗓️ PRAZO ABERTO!

⏰ Do 23 de febreiro ao 5 de marzo de 2026 (ambos incluídos)

📝 COMO SOLICITALO?

Accede ao formulario habilitado no Canal Persoas – Conecta:


✅ QUEN PODE SOLICITALO?

✔️ Persoal
Ler máis

EXCEDENCIAS INCENTIVADAS: Aberto o prazo de solicitudes (Persoal Funcionario) 2026


🗓️ PRAZO ABERTO!

⏰ Do 23 de febreiro ao 5 de marzo de 2026 (ambos incluídos)

📝 COMO SOLICITALO?

Accede ao formulario habilitado no Canal Persoas – Conecta:


✅ QUEN PODE SOLICITALO?

✔️ Persoal funcionario
✔️ Ter 57 anos ou máis na data de efectos solicitada
✔️ A data de efectos deberá estar entre o 30 de maio e o 31 de decembro de 2026

✅ CRITERIOS DE SELECCION

A selección basearase en condicións psicofísicas, adecuacións organizativas, idade e antigüidade en Correos, priorizando a quen cumpra primeiro cos criterios máis relevantes.

En caso de empate, resolverase por maior idade e antigüidade.

✅ BENEFICIOS

Os funcionarios poderán manter a súa alta en MUFACE ata os 60 anos, coa empresa cubrindo as cotas.

Outorgarase unha indemnización en función da idade do solicitante, pagada nun, dous ou tres prazos, segundo corresponda.

📄 SE VAS PRESENTAR DOCUMENTACIÓN MÉDICA

Se achegas documentación sobre a túa situación psicofísica:

📍 Entrega presencial nas unidades provinciais das Xerencias de RRHH
📩 Nun sobre pechado, dirixido aos Servizos Médicos da Sede Central

 🖊️ Coa seguinte referencia escrita no sobre:

“Programa de Excedencias Voluntarias Incentivadas –
 Documentación Médica Confidencial”

ℹ️ Precisas axuda?

Contacta coa túa sección sindical da CIG en Correos

--------------------------------------------------------------------------------

Bases convocatoria prema AQUÍ

Solicitude e preguntas frecuentes AQUI



Concurso macro para a Seguridade Social

CIG Correos 11/2/2026

🔴 CIG CORREOS INFORMA:

📌 Xa está publicado no BOE (núm. 37, do 11 de febreiro de 2026) o concurso xeral para cubrir postos na Administración da Seguridade Social, convocado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

👩‍💼Dirixido a per

Ler máis

Concurso macro para a Seguridade Social

🔴 CIG CORREOS INFORMA:

📌 Xa está publicado no BOE (núm. 37, do 11 de febreiro de 2026) o concurso xeral para cubrir postos na Administración da Seguridade Social, convocado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

👩‍💼Dirixido a persoal funcionario interesado en participar no macroconcurso.

📝 A tramitación realízase exclusivamente a través do portal Funciona:

Para presentar a solicitude é necesario dispoñer de:

  • DNI electrónico ou 
  • Certificado dixital 

📅 O prazo de presentación remata o 4 de marzo.

📄 Ademais, é preciso solicitar o Certificado de Méritos Xerais (Anexo IV do BOE) a:
  • RRHH Correos (Santiago) ou
  • Xestión de Persoal de Correos (A Coruña)
Documento obrigatorio para completar o proceso.

ℹ️ Para máis información ponte en contacto coa túa sección sindical da CIG Correos.

Resolución do 23 de xaneiro de 2026, da Subsecretaría, pola que se convoca concurso xeral para a provisión de postos de traballo na Administración da Seguridade Social.
⇩


- Soamente persoal funcionario -

Grazas a regino (CCOO), o amigo “comunista” do 
Sr. Feijoo, que asinaron facer laborais fixos 
(contrato indefinido) a partir do 1 de xullo de 2001 
na Sociedade Estatal Correos y Telégrafos, S.A.  


VITORIA HISTÓRICA DA CIG NO TRIBUNAL SUPREMO!

CIG Correos 6/2/2026
 

A XUSTIZA CONFIRMA: O PERSOAL TEMPORAL TEN DEREITO AO MESMO UNIFORME QUE O PERSOAL FIXO

O Tribunal Supremo vén de rexeitar definitivamente o recurso de Correos, confirmando a sentenza da Audiencia Nacional gañada pola CIG. Esta vitoria pon fin a anos
Ler máis

VITORIA HISTÓRICA DA CIG NO TRIBUNAL SUPREMO!

 

A XUSTIZA CONFIRMA: O PERSOAL TEMPORAL TEN DEREITO AO MESMO UNIFORME QUE O PERSOAL FIXO

O Tribunal Supremo vén de rexeitar definitivamente o recurso de Correos, confirmando a sentenza da Audiencia Nacional gañada pola CIG. Esta vitoria pon fin a anos de discriminación e recoñece a dignidade de máis de 4.000 traballadores e traballadoras en todo o Estado.

QUE DI A SENTENZA?

✅ É NULA: A práctica de Correos de non dar uniforme aos eventuais é discriminatoria e contraria á lei. 

✅ IGUALDADE REAL: O persoal temporal ten dereito a recibir as mesmas prendas de uniformidade que o persoal fixo ou indefinido. 

✅ LEXITIMIDADE: O Supremo recoñece a capacidade da CIG para defender os dereitos de todo o persoal de Correos a nivel estatal.

QUE PODES RECLAMAR AGORA?

1.ENTREGA DO UNIFORME: Correos está obrigada a darche o fardamento completo dende xa.

2.COMPENSACIÓN ECONÓMICA RETROACTIVA: Podes reclamar os danos e prexuízos causados pola falta de entrega de uniformes dende abril de 2023 ata hoxe. O valor calcularase segundo o prezo oficial das prendas non entregadas.

RECLAMA O QUE É TEU!

Se es traballador/a eventual e non recibiches o teu uniforme dende abril de 2023, tes dereito a unha indemnización.

👉 PONTE EN CONTACTO COA TÚA SECCIÓN SINDICAL DA CIG para recibir o modelo de reclamación e asesoramento personalizado. Non deixes que Correos aforre cartos á conta dos teus dereitos.

POLA IGUALDADE E A DIGNIDADE 
NO EMPREGO PÚBLICO

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!


8ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (FEBREIRO 2026): SÓ 53 PRAZAS NA GALIZA

CIG Correos 3/2/2026

OS LISTADOS COMPLETOS DA 8ª ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓNS SINDICAIS DA CIG NA TUA COMARCA

Enlace á consulta ---> prema AQUI

PRAZOS DE CESE 
  • Para todos os postos o CESE será o día 28 DE FEBREIRO de 2026. 
PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación
Ler máis

8ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (FEBREIRO 2026): SÓ 53 PRAZAS NA GALIZA


OS LISTADOS COMPLETOS DA 8ª ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓNS SINDICAIS DA CIG NA TUA COMARCA

Enlace á consulta ---> prema AQUI

PRAZOS DE CESE 
  • Para todos os postos o CESE será o día 28 DE FEBREIRO de 2026. 
PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 01 DE MARZO DE 2026. 
  • O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
  • 2 días na mesma provincia ou illa (Si se adianta ó día seguinte 60 €)
  • 6 días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó 2º día 180 €)
  • 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó 3º día 300 €)
Solicitude incorporación anticipada ---> prema AQUI a
ta o 9 de febreiro nas unidades de Recursos Humanos correspondentes.

COMO RENUNCIAR:

Se desexas desistir dalgunha das peticións formuladas na solicitude, para as próximas adxudicacións, deberás facelo por correo electrónico, achegando escrito á seguinte dirección: provision.rrhh@correos.com, do 1 ao 31 de marzo de 2026.

Para posibles problemas de acceso ou visualización, deberás abrir unha incidencia no POST ou contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU) chamando ao teléfono: RICO 22525 ou exterior 91 396 25 25.

A 8ª adxudicación do CPT deixa 👉 422 postos adxudicados:

👩‍💻 Atención ao cliente (56) 
🛵 Reparto motorizado (315) 
🚶 Reparto a pé (10) 
📦 Axente (41)

Relación de postos adxudicados na Galiza: 53

PROVINCIA DA CORUÑA - 15 prazas.

PROVINCIA DE LUGO - 13 prazas.

PROVINCIA DE OURENSE - 9 prazas.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA - 16 prazas.




CIG Correos denuncia: na Unidade de Reparto de Bueu máis de 15.000 envíos e 500 certificados sen repartir

CIG Correos 9/1/2026
 

Desde a CIG-Correos convocamos este xoves unha nova concentración diante da oficina de Correos en Bueu como acción de protesta para denunciar a situación de precariedade laboral que está a sufrir o persoal. Segundo os datos que manexamos como
Ler máis

CIG Correos denuncia: na Unidade de Reparto de Bueu máis de 15.000 envíos e 500 certificados sen repartir

 

Desde a CIG-Correos convocamos este xoves unha nova concentración diante da oficina de Correos en Bueu como acción de protesta para denunciar a situación de precariedade laboral que está a sufrir o persoal. Segundo os datos que manexamos como representación sindical, esta situación está a provocar a acumulación de máis de 15.000 envíos pendentes de reparto, así como arredor de 500 certificados e notificacións. A mobilización contou coa presenza de representantes do Concello de Bueu, entre eles o alcalde, Félix Juncal.

Desde a CIG denunciamos que a empresa pública se nega a cubrir tanto as prazas vacantes como as ausencias temporais derivadas de permisos do persoal. Todo isto deixa a unidade de reparto baixo mínimos, cunicamente o 28 % do cadro de persoal asumindo a totalidade da carga de traballo.  As nosas estimacións, realizadas en colaboración co propio persoal de Correos, indican que na actualidade permanecen sen repartir arredor de 15.000 envíos ordinarios e outros 500 rexistrados, entre certificados e notificacións. 

Estes recortes no cadro de persoal deterioran gravemente a calidade do servizo e vulneran o dereito da cidadanía a recibir a súa correspondencia, ao incumprir Correos de maneira sistemática a Lei Postal, que lle obriga, como prestador do Servizo Postal Universal, a realizar o reparto cinco días á semana.

Notas de prensa: