Administración xeral do estado
A CIG do Sector Estado reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais
Delegadas e delegados do sector manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal empregado público e para reivindicarlle ao Goberno galego e ao estatal medidas para reverter este empobrecemento. A mobilización, que estivo precedida dunha …
O IPC DE OUTUBRO SEGUE NO 4,9 %
CSIF, UGT e CCOO fan propaganda do 4,5 % de 2027, e silencian que o acordo que asinaron deixa o persoal público perdendo poder adquisitivo en 2026. O indicador adiantado do IPC de outubro mantén a inflación interanual no 4,9 %, encadeando tres meses por riba do 4 %. Outro mes máis, os prezos …
CASE DOUS ANOS DE FALSA NEGOCIACIÓN E NINGUNHA VONTADE DE AVANZAR
En decembro de 2024 iniciouse a negociación do V Convenio Único. Hoxe, en outubro de 2026, case dous anos despois, o proceso está totalmente paralizado. Para a CIG, este bloqueo evidencia que a Administración nunca tivo unha vontade real de avanzar cara a un convenio que mellore as condicións …
O macroconcurso da Seguridade Social evidencia as desigualdades retributivas na AGE, 464 persoas deixan outros organismos
A resolución do macroconcurso da Seguridade Social deixa un dato significativo, 464 persoas con posto de cesamento noutros ministerios e organismos obteñen destino na Administración da Seguridade Social. Para a CIG, estas cifras poñen de manifesto a necesidade de afrontar as desigualdades nas …
Oito anos de Sánchez con promesas incumpridas, dereitos pendentes e sindicalismo estatal de acompañamento
A CIG denuncia a responsabilidade do Goberno no deterioro das condicións do persoal público e a complicidade de CCOO, UGT e CSIF ao avalar acordos insuficientes e presentar como grandes conquistas medidas que non resolven as reivindicacións de fondo Desde a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno, en …
A inflación desmonta o relato de CCOO, UGT e CSIF
O IPC dispárase ao 4,3 % en agosto e deixa en evidencia un mes máis o acordo salarial asinado por CCOO, UGT e CSIFque a CIG NON asinou O dato adiantado do IPC de agosto confirma o que desde a CIG vimos denunciando todos os meses, o persoal das administracións públicas continúa perdendo poder …
O IPC dispárase ao 3,5 % en xullo e amosa o fracaso do acordo salarial de CCOO, UGT e CSIF, que a CIG NON asinou
O IPC de xullo sitúa a inflación no 3,5 %, o nivel máis alto desde maio de 2024. Mentres o custo da vida continúa aumentando, o persoal empregado público segue atrapado nun acordo retributivo insuficiente que CCOO, UGT e CSIF asinaron co voto en contra da CIG e que presentaron como un gran avance. O …
A CIG vota NON ao acordo de indemnizacions por residencia, que se limita a equiparar as Illes Balears con Canarias
A Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado aprobou hoxe 6 de xuño o acordo sobre o incremento das indemnizacións por residencia nas Illes Balears. A CIG votou en contra, non porque estea en contra dunha mellora retributiva para o persoal destinado neste territorio, senón porque …
Comisión Técnica de Emprego e temporalidade Mesa 36.3. Función Pública
A CIG denuncia a teatralización da negociación das indemnizacións por residencia, a Administración chega coa decisión tomada A Comisión Técnica de Temporalidade e Emprego celebrada hoxe 3 de xullo confirmou o que a CIG leva anos denunciando, a Administración continúa utilizando os órganos de …
A CIG dá a benvida ao desbloqueo da xubilación parcial
O Consello de Ministros aprobou hoxe 29 de xuño a modificación normativa que permite desbloquear definitivamente a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas. Desde a CIG valoramos positivamente que, por fin, se corrixa unha situación que nunca debería terse producido e que …
A AEAT exixe e non paga: un policía local cobra ata un 96 % máis ca un axente de Vixilancia Aduaneira
A Dirección da AEAT presume de ser a elite funcionarial do estado español. Alardea da especialización e actualización constante que exixe ao seu persoal. Porén, esta exixencia de formación non se retribúe de maneira xusta e digna.A realidade retributiva da AEAT non se corresponde nin coas …
Reunións Comisión Paritaria e Negociadora AGE
Comisión Paritaria Negociación de expedientes a solicitude polos Ministerios Tratáronse diversos expedientes instados polos diferentes Departamentos Ministeriais e tratados previamente nas Subcomisións Paritarias correspondentes. Aprobáronse dous expedientes de conversión de masa salarial de …
Mesa de Acción Social: as axudas abonaranse en novembro
Onte tivo lugar unha nova xuntanza da comisión de Acción Social para resolver as axudas excepcionais que quedaran sen revisar. Falta aínda algunha por achegar a documentación requirida, mais hai un remanente duns 900€. A previsión da AEAT é abonar todas as axudas na nómina de novembro Das …
A AEAT exixe e non paga: comparativa cos salarios nas Deputacións galegas
A realidade é que os directivos da AEAT miran por riba do ombreiro a outras administracións públicas do estado cando estas retribúen mellor tarefas e cometidos similares aos que desempeñamos o persoal ao servizo da Axencia Tributaria. As deputacións son empregadas moitas veces para facer chistes …
O TELETRABALLO É UN DEREITO, NON UNHA GRACIA
A Axencia Tributaria segue sen negociar un acordo de teletraballo e traballo a distancia coa representación dos traballadores. Dende outubro de 2022 impón un modelo de dous días á semana, máis unha modalidade excepcional que depende de ser aprobado pola xefatura, e a Instrución 6/2026 mantén esa …
19 CENTROS DE GALIZA NON TEÑEN NINGÚN PERSOAL INFORMÁTICO, E A SITUACIÓN VAI A PEOR
A CIG volve esixir a cobertura efectiva das prazas de informática en Galiza, tendo en conta as necesidades do servizo: as prazas amortizadas, as ocupadas con persoal doutros corpos e as externalizadas. OS DATOS NON ENGANAN En Galiza hai preto de 1.850 persoastraballando na AEAT, e só 53 fan tarefas …