Adxudicación final do Panel do Corpo Técnico de Facenda (CTH) 2025P01

Venres, 18 Xul 2025

Veñen de rematar os traballos da comisión de seguemento do acordo de paneis para a adxudicación do panel do Corpo Técnico de Facenda (CTH) 2025P01
 
Finalmente, o número de adxudicacións en Galiza será de 38. Partiamos dunha situación inicial de 30 adxudicacións de prazas. Malia a nosa insistencia- e do resto da parte social- apenas logramos incrementar en 8 adxudicacións máis, a listaxe, levándoa a 38 prazas.

Lamentamos a maneira en que a Dirección da AEAT e os diferentes departamentos establecen as prioridades para a cobertura de prazas, ignorando as necesidades reais 
das distintas Delegacións e Administracións. Desde a CIG fumos poñendo sobre a mesa datos sobre xubilacións, baixas, a falta de efectivos en distintos lugares, etc... xustificando a necesidade de incrementar a cobertura de prazas en Delegacións e Administracións con pouco persoal e elevada media de idade, non conseguimos persuadir aos responsables da AEAT
 
Os datos expostos pola CIG coincidían coas demandas da Delegación Especial de Galiza, mais a pesar de que até o último momento tanto a CIG coma o Delegado Especial de Galiza tratamos de persuadir aos responsábeis da AEAT para incrementar as adxudicacións- nomeadamente en PIAs como Ponteareas, Ribeira, O Barco de Valdeorras...- foi en balde pois a prioridade do Departamento é cubrir prazas en Madrid
 
Na CIG non entendemos que por unha banda se estea a levar adiante un proceso de rexionalización no ámbito da xestión tributaria en Galiza e por outro lado, en sentido contrario, desde Madrid e ignorando todo este proceso se negue a mobilidade e se xustifique manter xente nos postos que ocupa en lugar de achegalos ao seu domicilio- mediando, en moitos casos, conciliacións- cando se mantén na dependencia de Xestión Tributaria e o traballo está a facerse en grupos compostos por funcionariado con destino en distintas localidades de Galiza
 
Na CIG entendemos que, de ter aceptado estas propostas en diversas localidades- Ponteareas, Ribeira, O Barco de Valdeorras... onde só se aceptou Foz- as persoas adxudicatarias do panel mellorarían a súa situación indo á súa localidade e, ademais, reforzaríase o servizo público e a atención presencial en todas estas pequenas Administracións
 
Moito nos tememos que, no fondo, a intención da Dirección da AEAT segue a ser afogar as PIAs negándolles o persoal preciso para unha atención cidadá de calidade, derivar ao público a chats e teléfonos co novo modelo de información e asistencia e, finalmente, acabar pechando as PIAs concentrándonos en Administracións máis grandes e Delegacións. Algo indefendíbel desde a óptica dun servizo público de calidade e inasumíbel nun país coas comunicacións e transporte público como ten Galiza!
 
Cuestionamos esta tendencia a deixar afogar as administracións máis pequenas e non anticiparse aos problemas de falta de persoal que segue a Direción da AEAT e que se negue, por sistema, as solicitudes para cambiar de área nos paneis- que na CIG entendemos que supoñen a evidencia de outro tipo de problemas que tamén se está evitando atallar por parte dos responsábeis da AEAT.

ADXUDICATARI@S GALIZA

PRAZA ADXUDICATARIA/o
361 - LUGO XESTIÓN Abel Vázquez, José Luis
361 - LUGO XESTIÓN Fernández Feijoo, José Manuel
361 - LUGO XESTIÓN Losada Fernández, Cristina Mª
362 - LUGO RECADACIÓN Francos Parga, Sandra
364 – FOZ XESTIÓN Fontenla Álvarez, Carlos
365 - OURENSE INSPECCIÓN López Bóveda, Antonia
367 - OURENSE RECADACIÓN Fernández Puga, Beatriz
370 - O CARBALLIÑO XESTIÓN Álvarez Rodríguez, Almudena
370 - O CARBALLIÑO XESTIÓN González Fernández, Concepción
371 - PONTEVEDRA INSPECCIÓN Almeida Vázquez, Oscar Luis
373 - PONTEVEDRA RECADACIÓN Cerdeira Canicoba, Patricia
378 - VIGO ADI Porta Vázquez, Ana
378 - VIGO ADI Harguindey García, José Miguel
378 - VIGO ADI Carballo Simón, Cristina
378 - VIGO ADI Narbona Cano, Julio
378 - VIGO ADI Fernández Ramos, Laura
378 - VIGO ADI Pérez Lema, María
378 - VIGO ADI Montenegro Fernández,
378 – VIGO ADI Rodríguez Aguiar, Josefa
378 – VIGO ADI Martín López, Diego
379 - VIGO XESTIÓN Cabo González, Mateo De
380 - VIGO RECADACIÓN Rodríguez Rodríguez, Rebeca
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN Fuente Gulías, Ángel De La
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN Patiño Francos, Verónica
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN Álvarez Cid, Paula
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN Rúa Pérez, Víctor
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN Blanco González, Antonio
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN Alonso Lorenzo, Javier
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN Quiroga Rodríguez, María
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN Seoane Hernández, Alejandro
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN Traba Rey, María Teresa
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN Fernández Cabana, Marcos
386 – A CORUÑA ADUANAS López Álvarez, Esperanza
388 - A CORUÑA ADMINISTRACIÓN XESTIÓN Antón Carramiñana, José Ignacio
389 - CARBALLO XESTIÓN Rodríguez Vila, Ana
390 - FERROL XESTIÓN Alonso Martínez, María Luz
390 - FERROL XESTIÓN Díaz Vázquez, Juana María
394 - SANTIAGO DE COMPOSTELA XESTIÓN Fernández Aires, Alberto

 


Listaxe completa no Blog mais no Adxunto.
  • Mobilidade
Segundo os datos ofrecidos pola propia administración, a mobilidade deste panel 2025P01 producirase antes do Nadal. No caso de adxudicatarias/os con fillas/os, estudarán a posibilidade de que sexa a mediados de setembro.

 Outras previsións de Paneis:
  • AHP: Previsión de convocar o panel neste mes de xullo. A mobilidade espérase para principios de marzo de 2026. A incorporación dos AHP de novo ingreso prevese para principios de 2026.
  • CASVA: A Administración infórmanos que ten previsto publicar novas listaxes tras o prazo de renuncias neste mes de xullo. O panel resolverase na segunda quincena de setembro. O nomeamento de funcionarios de carreira de novo ingreso prevese para finais de outubro e principios de novembro.
  • CESVA: En setembro resolverase o panel e o nomeamento como funcionarios de carreira prevese entre finais de outubro e principios de novembro.
  • CSVA: Resolución do panel a finais de setembro.
  • TAI: será convocado a principios do 2026.
  • C1 CORPOS XERAIS: oferta de destinos na primeira quincena de setembro e nomeamentos non antes de outubro/novembro.
  • C2 CORPOS XERAIS: oferta de destinos a finais de setembro ou a primeira quincena de outubro e nomeamentos non antes de novembro.