Adxudicación provisional do Panel do Corpo Técnico de Facenda 2025P01 mais previsións resto de paneis
En Galiza partiamos dunha situación inicial de 30 adxudicacións de prazas. Malia a nosa insistencia- e do resto da parte social- apenas logramos incrementar en 8 adxudicacións máis, a listaxe, levándoa a 38 prazas.
Lamentamos a maneira en que a Delegación Especial e mais os diferentes departamentos establecen as prioridades. Desde a CIG fumos poñendo sobre a mesa datos sobre xubilacións, baixas, a falta de efectivos en distintos lugares, etc... xustificando a necesidade de incrementar a cobertura de prazas en Delegacións e Administracións con pouco persoal e elevada media de idade, non conseguimos persuadir aos responsables da AEAT.
Na CIG non entendemos que por unha banda se estea a levar adiante un proceso de rexionalización no ámbito da xestión tributaria en Galiza e por outro lado, en sentido contrario, se negue a mobilidade e se xustifique manter xente nos postos que ocupa en lugar de achegalos ao seu domicilio- mediando, en moitos casos, conciliacións- cando se mantén na dependencia de Xestión Tributaria e o traballo faise en grupos compostos por funcionariado con destino en distintas localidades de Galiza.
Na CIG entendemos que, de ter aceptado estas propostas en diversas localidades- Ponteareas, Ribeira, O Barco de Valdeorras... onde só se aceptou Foz- as persoas adxudicatarias do panel mellorarían a súa situación indo á súa localidade e, ademais, reforzaríase o servizo público e a atención presencial en todas estas pequenas Administracións. Moito nos tememos que, no fondo, a intención dos distintos departamentos segue a ser afogar as PIAs negándolles o persoal preciso para unha atención cidadá de calidade, derivar ao público a chats e teléfonos co novo modelo de información e asistencia e, finalmente, acabar pechando as PIAs concentrándonos en Administracións máis grandes e Delegacións. Algo indefendíbel desde a óptica dun servizo público de calidade e inasumíbel nun país coas comunicacións e transporte público como ten Galiza!
Cuestionamos esta tendencia a deixar afogar as administracións máis pequenas e non anticiparse aos problemas de falta de persoal que segue a Delegación Especial de Galiza e mais a Direción da AEAT e que se neguen, por sistema, as solicitudes para cambiar de área nos paneis- que na CIG entendemos que supoñen a evidencia de outro tipo de problemas que tamén se está evitando atallar por parte dos responsábeis da AEAT.

ADXUDICATARI@S GALIZA
PRAZA | ADXUDICATARIA/o |
361 - LUGO XESTIÓN | Abel Vázquez, José Luis |
361 - LUGO XESTIÓN | Fernández Feijoo, José Manuel |
361 - LUGO XESTIÓN | Losada Fernández, Cristina Mª |
362 - LUGO RECADACIÓN | Francos Parga, Sandra |
364 – FOZ XESTIÓN | Fontenla Álvarez, Carlos |
365 - OURENSE INSPECCIÓN | López Bóveda, Antonia |
367 - OURENSE RECADACIÓN | Fernández Puga, Beatriz |
370 - O CARBALLIÑO XESTIÓN | Álvarez Rodríguez, Almudena |
370 - O CARBALLIÑO XESTIÓN | González Fernández, Concepción |
371 - PONTEVEDRA INSPECCIÓN | Almeida Vázquez, Oscar Luis |
373 - PONTEVEDRA RECADACIÓN | Cerdeira Canicoba, Patricia |
378 - VIGO ADI | Porta Vázquez, Ana |
378 - VIGO ADI | Harguindey García, José Miguel |
378 - VIGO ADI | Carballo Simón, Cristina |
378 - VIGO ADI | Narbona Cano, Julio |
378 - VIGO ADI | Fernández Ramos, Laura |
378 - VIGO ADI | Pérez Lema, María |
378 - VIGO ADI | Montenegro Fernández, |
378 – VIGO ADI | Rodríguez Aguiar, Josefa |
378 – VIGO ADI | Martín López, Diego |
379 - VIGO XESTIÓN | Cabo González, Mateo De |
380 - VIGO RECADACIÓN | Rodríguez Rodríguez, Rebeca |
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN | Fuente Gulías, Ángel De La |
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN | Patiño Francos, Verónica |
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN | Álvarez Cid, Paula |
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN | Rúa Pérez, Víctor |
384 - A CORUÑA REXIONAL INSPECCIÓN | Blanco González, Antonio |
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN | Alonso Lorenzo, Javier |
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN | Quiroga Rodríguez, María |
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN | Seoane Hernández, Alejandro |
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN | Traba Rey, María Teresa |
385 - A CORUÑA REXIONAL RECADACIÓN | Fernández Cabana, Marcos |
386 – A CORUÑA ADUANAS | López Álvarez, Esperanza |
388 - A CORUÑA ADMINISTRACIÓN XESTIÓN | Antón Carramiñana, José Ignacio |
389 - CARBALLO XESTIÓN | Rodríguez Vila, Ana |
390 - FERROL XESTIÓN | Alonso Martínez, María Luz |
390 - FERROL XESTIÓN | Díaz Vázquez, Juana María |
394 - SANTIAGO DE COMPOSTELA XESTIÓN | Fernández Aires, Alberto |
Listaxe completa no Blog.
- Mobilidade
Outras previsións de Paneis:
- AHP: Previsión de convocar o panel neste mes de xullo. A mobilidade espérase para principios de marzo de 2026. A incorporación dos AHP de novo ingreso prevese para principios de 2026.
- CASVA: A Administración infórmanos que ten previsto publicar novas listaxes tras o prazo de renuncias neste mes de xullo. O panel resolverase na segunda quincena de setembro. O nomeamento de funcionarios de carreira de novo ingreso prevese para finais de outubro e principios de novembro.
- CESVA: En setembro resolverase o panel e o nomeamento como funcionarios de carreira prevese entre finais de outubro e principios de novembro.
- CSVA: Resolución do panel a finais de setembro.
- TAI: será convocado a principios do 2026.
- C1 CORPOS XERAIS: oferta de destinos na primeira quincena de setembro e nomeamentos non antes de outubro/novembro.
- C2 CORPOS XERAIS: oferta de destinos a finais de setembro ou a primeira quincena de outubro e nomeamentos non antes de novembro.