Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

Martes, 07 Mai 2024

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega.

Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando dos 102 postos hai CERO na provincia de Ourense, 8 na de Lugo e 9 na de Pontevedra e 85 na da Coruña dos cales 68 están en servizos centrais.

Se este desequilibrio territorial e unha constante e sucede moitas veces, neste caso concreto é alarmante ao non haber nin unha praza nalgunha provincia

Solicitámoslle a Función Pública que revise o listado e faga un esforzo para presentar un novo que responda a un reparto xeográfico que se aproxime á realidade.