A CIG denuncia o triunfalismo de CSIF, CCOO e UGT


Aplicar unha suba xa pactada non acredita a recuperación do poder adquisitivo nin resolve as reivindicacións que seguen pendentes.
Os comunicados dos sindicatos estatais e o goberno este 17 de novembro volven presentar a suba do 4,5 % para 2027 como unha gran conquista. O porcentaxe xa estaba recollida no acordo de novembro de 2025. A súa aplicación é unha obriga do Goberno, que debe garantir o pagamento en prazo. Celebrar cada trámite como unha nova vitoria permite sacar varios titulares do mesmo acordo, pero non engade un euro ao pactado.

