A CIG leva a demanda de buques aptos para o SVA ao Parlamento de Galiza e o Congreso dos Deputados

Xoves, 09 Out 2025

A CIG-AEAT mantivo unha xuntanza de traballo coa representación parlamentar do BNG para abordar a situación da flota do SVA en Galiza. A representación da CIG espuxo aos parlamentares nacionalistas a situación dos buques de Ribadeo e Muros- ao desguace por amianto e por ter duplicado con creces a súa vida útil-, as carencias nos buques que a DAVA ten designado como relevos, as avarías doutros buques como o de Vilagarcía hai unhas semanas- hoxe xa de novo en funcionamento- e, en definitiva, a necesidade de contar con barcos aptos para navegar pola costa galega que non supoñan un perigo para as súas tripulacións

A día de hoxe, por exemplo, o X Aniversario -que foi enviado para cubrir a base de Ribadeo en substitución do Alcaraván- está fóra de servizo por avaría. Desde a CIG xa advertimos, cando os responsábeis do SVA anunciaron que o subirían desde Andalucía, que non vale que manden para Galiza barcos que xa teñen a súa vida útil esgotada (casos do Gerifalte e mais do X Aniversario)

A Muros van enviar unha embarcación de 14 metros de eslora para 3 tripulantes, para patrullas de 3 h de navegación efectiva e sen ninguén de máquinas a bordo- como para ter algún percance! Un buque que, obviamente, só valerá para pasear pola ría con bo tempo....

Convén lembrar que os condicionantes da costa galega e singularmente da Costa da Morte exixen buques modernos, e non que se traslade a Galiza os barcos que se dan de baixa noutras bases do estado español e que chegan xa coa vida útil vencida. O plan do goberno español era adquirir tres novas patrulleiras (as Peregrino) para o SVA, das que unha xa foi entregada e outra está en trámite, mais que son para altura, non para costa, e oito novas embarcacións rodman de fibra cuxa entrega fica adiada até 2026. Nin unhas nin outras son para os nosos mares, dado que segundo respostou o goberno nas Cortes, ningunha terá destino Galiza, a onde trouxeron os descartes das outras bases. A chatarra non é segura para combatir o narcotráfico na Costa da Morte e exiximos aos responsábeis da Delegación Especial que fagan ver ao goberno o perigo que supoñen estes barcos para o traballo do SVA na nosa costa

Do mesmo xeito, analizouse a situación do helicóptero con base en Galiza, posto que a resposta ofrecida polo goberno español a unha pregunta parlamentaria do BNG en xullo sobre as causas de que estivese fóra de servizo-agora xa está operativo aínda que se despraza a cubrir outros puntos do litoral español-  non se axusta á realidade:

Resposta SVA buques helicópteros no adxunto

Nas súas iniciativas, o Bloque proponlle ao goberno español distintas vías para enfrontar a falta de embarcacións operativas e seguras do SVA en Galiza, como a licitación en varios lotes para evitar que os atrasos dun único proveedor obstaculicen o servizo ou o uso de buques de guerra incautados, así como outras cuestións operativas: