A CIG solicita a creación de vestiarios para o persoal de vixilancia aduaneira en Vilagarcía de Arousa
A CIG vén de rexistrar unha solicitude dirixida á Delegación Especial da AEAT en Galiza para reclamar a habilitación urxente de vestiarios para o persoal do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Vilagarcía de Arousa.
Na actualidade, o persoal que presta servizo nas embarcacións atracadas no peirao de pasaxeiros non dispón de instalacións adecuadas para cambiarse, véndose obrigado a facelo no propio barco, que ademais presenta espazos moi reducidos. Esta situación resulta claramente inaceptable, tanto desde o punto de vista das condicións laborais como da dignidade profesional.
Na actualidade, o persoal que presta servizo nas embarcacións atracadas no peirao de pasaxeiros non dispón de instalacións adecuadas para cambiarse, véndose obrigado a facelo no propio barco, que ademais presenta espazos moi reducidos. Esta situación resulta claramente inaceptable, tanto desde o punto de vista das condicións laborais como da dignidade profesional.
Ao mesmo tempo, estanse a desenvolver obras de rehabilitación integral da estación marítima do porto, cun investimento público de arredor de 800.000 euros, destinadas á creación dun centro de recepción de peregrinos náuticos. Estas actuacións inclúen a reorganización de espazos, a creación de servizos e a posta en valor de instalacións actualmente sen uso.
Desde a CIG entendemos que este é o momento idóneo para dar solución a unha carencia histórica, incorporando a estas obras un espazo, aínda que sexa pequeno, que permita ao persoal:
- Cambiarse en condicións dignas
- Dispor de armarios para os seus efectos persoais
- Contar, cando menos, cun acceso a aseos
Por iso, solicitamos á AEAT que realice as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria para que esta demanda sexa atendida.
O persoal de Vixilancia Aduaneira realiza un labor esencial e non pode seguir traballando en condicións indignas. Respecto, medios e dignidade: nin máis nin menos.
A CIG continuará defendendo unhas condicións laborais dignas para todo o persoal, e fará seguimento desta cuestión ata conseguir unha solución.
Campaña pola mellora das condicións materiais das bases galegas
Esta iniciativa ven sumarse e continuar a campaña que desde a CIG vimos facendo no último ano sobre a mellora das condicións materiais das bases galegas e a defensa da creación dunha nova base na Costa da Morte - a sumar á de Muros.
Na mesma liña, vimos insistindo na necesidade de cubrir a frota do SVA en Galiza, das limitacións desde o aspecto preventivo de algúns dos modelos escollidos e demandando que se utilicen os barcos de uso militar incautados polo Estado español para reforzar a flota do SVA, e singularmente a das bases galegas dada a retirada dun dos barcos de Vilagarcía hai anos e o achatarramento inminente dos de Muros e Ribadeo pola presenza de amianto