A mesa de acción social constata que o Plan de Acción Social non funciona e non ten fondos suficientes diante da perda de poder adquisitivo do persoal da AEAT
Celebrouse hoxe a mesa de seguimento do Plan de Acción Social, onde a Dirección da AEAT deu uns datos parciais sobre as axudas solicitadas a 20 de maio que veñen confirmar a involución que supón o modelo de Plan de Acción Social tal e como teima en meter a Dirección da AEAT
En catro anos, perdéronse 1.317 persoas beneficiarias do Plan de Acción Social cun orzamento nominalmente igual. Isto é exactamente o que dixo a CIG en febreiro: orzamento conxelado + aumento do custo da vida = redución práctica das axudas.
En catro anos, perdéronse 1.317 persoas beneficiarias do Plan de Acción Social cun orzamento nominalmente igual. Isto é exactamente o que dixo a CIG en febreiro: orzamento conxelado + aumento do custo da vida = redución práctica das axudas.
O único crecemento real está a producirse nos programas de conciliación da vida laboral e persoal e de desenvolvemento profesional para o persoal, precisamente aqueles identificados pola CIG como prioritarios. Pero este crecemento non compensou o declive nos dous programas máis estendidos: Tratamentos de Saúde e Desenvolvemento Educativo. Isto non é un éxito do Plan: é un síntoma de que a estrutura de prioridades do Plan de Acción Social non funciona.
A modo de exemplo, O subgrupo C1 (C1 de corpos xerais, axentes de Facenda AHP, Axentes do SVA) representa o 47 % das solicitudes de coidado de menores, o 61 % das solicitudes de desenvolvemento educativo e o 80 % das solicitudes de estudos do persoal. É o subgrupo máis grande e o que ten o salario máis baixo entre os principais grupos profesionais, mais desde a CIG, á vista dos datos facilitados pola AEAT, vemos que non se garante que as contías e os límites das prestacións do Plan de Acción Social estean calibrados para que o persoal C1 poida acceder a elas de forma efectiva. Na CIG entendemos que a natureza redistributiva dun plan de acción social significa precisamente que as persoas con ingresos máis baixos deberían ter un acceso máis doado, non só un acceso en proporción ao seu peso numérico
Do mesmo xeito, en tratamentos de saúde programa 2.1, o 60 % das beneficiarias son mulleres (4 708 fronte a 3 153 homes) pero en Estudos de Persoal, os homes superan ás mulleres en máis de dous a un (286 fronte a 159). Desde a CIG entendemos que hai que articular mecanismos que van alén do propio plan de acción social para atallar o feito de que, á vista dos datos, aínda as responsabilidades de conciliación da vida laboral e persoal sigan limitando a capacidade das mulleres para dedicar tempo á súa formación
Excepcionais na nómina de xullo
As axudas excepcionais que foron analizadas nesta comisión incluiranse na nómina de xullo. A CIG demandou que se clarifiquen máis de cara ao futuro as bases deste tipo de axudas, á vista da documentación adicional que se require e da necesidade de que a comisión interprete caso por caso. A máis claridade na normativa, menos discrecionalidade.
Demandamos un novo Plan de Acción Social
A CIG demandou que se reclame un financiamento superior para o Plan de Acción Social pro tres vías: o incremento orzamentario, a desvinculación do crédito e mais derivar a promoción interna a formación, liberando os fondos que actualmente consume para políticas sociais
Na CIG consideramos, e así o vimos dicindo, que o orzamento conxelado de 2.402.420 € resulta a todas luces insuficiente para atender a demanda existente e que, ao non actualizarse conforme á evolución do custe de vida e do incremento de solicitudes, supón na práctica unha redución das axudas, polo que calquera mellora substancial do Plan pasa imprescindibelmente por incrementar a súa dotación económica
Desde a CIG defendemos unha reorientación social do PAS reforzando o seu carácter redistributivo, priorizando as axudas de carácter social directo, reforzando especialmente:
- conciliación familiar (menores de 3 anos)
- discapacidade e dependencia
- tratamentos de saúde
- desenvolvemento educativo
Para garantir a promoción e a carreira, desde a CIG propoñemos que sexan os fondos de formación os que asuman este investimento, de maneira que se abra La Academia a todo o persoal, que sexa financiada mediante os créditos de formación e se liberen así os fondos de Acción Social que actualmente detrae
Esta medida, ademais de permitir contemplar a acción da AEAT como un conxunto e non como unha suma de compartimentos estancos, permitiría poñer en marcha novas liñas de axudas, como unha destinada á vivenda debido ao problema de acceso á vivenda que hai e mesmo para aloxamento durante os cursos selectivos dado que se teima por parte da Dirección da AEAT en forzar ao persoal a cursalos nas dúas cidades máis caras do estado español
Entendemos que unha revisión deste tipo do Plan de Acción Social non pode adiarse á negociación do vindeiro plan en febreiro de 2027 e que, en paralelo á xestión das axudas do vixente, debería comezar a negociarse xa. A pelota está no tellado da AEAT!