A policía autonómica cobra ata un 152 % máis ca un axente de Vixilancia Aduaneira
A Dirección da AEAT presume de ser a elite funcionarial do estado español. Alardea da especialización e actualización constante que exixe ao seu persoal. Porén, esta exixencia de formación non se retribúe de maneira xusta e digna.
A realidade retributiva da AEAT non se corresponde nin coas tarefas que foi asumindo nin coa realidade social e económica de 2026. O persoal da AEAT perdeu un 12,75 % de poder adquisitivo dende xaneiro de 2020 (IPC ata setembro de 2026, avance do INE) e a suba salarial de 2026 é do 1,5 %. Os complementos específicos seguen nos importes de 2007.
A realidade retributiva da AEAT non se corresponde nin coas tarefas que foi asumindo nin coa realidade social e económica de 2026. O persoal da AEAT perdeu un 12,75 % de poder adquisitivo dende xaneiro de 2020 (IPC ata setembro de 2026, avance do INE) e a suba salarial de 2026 é do 1,5 %. Os complementos específicos seguen nos importes de 2007.
En Vixilancia Aduaneira (VA) a situación é a mesma. Un axente de investigación entra cun específico de 9.256 € ao ano e un axente marítimo, de 10.263 €. Na RPT da AEAT en Galiza hai 315 postos de axente de VA (C1): 129 de investigación, 182 marítimos e 4 aéreos. Case dous de cada tres (204) están nos tramos 1 a 3, entre 8.725 € e 12.162 € de específico.
Entendendo que son corpos diferentes, con tarefas e funcións distintas e mesmo dependentes de administracións diversas, quixemos comparar as retribucións coas policías autonómicas. Intentamos obter os datos do específico da policía autonómica galega e das policías autonómicas doutras comunidades autónomas, pero eses datos non son públicos. O único que puidemos comparar é cos Mossos d’Esquadra, que publican a súa RPT en datos abertos. Por iso esta nota compara só con Catalunya, e así o deixamos claro no título, no texto e no PDF.
Os datos din o seguinte:
- O posto de mosso/a máis baixo da RPT (seguridade cidadá) ten 20.393 € de específico: un 120 % máis có axente de investigación 1 de VA e un 99 % máis có marítimo 1.
- Un mosso/a de Investigación, Policía Marítima ou apoio aéreo ten 23.348 € (+152 % sobre investigación 1 e +127 % sobre marítimo 1). En Investigación Territorial, 24.797 €.
- O axente de VA máis alto da RPT (marítimo 6, 16.535 €) queda por debaixo de calquera posto de mosso/a.
- Terra e mar: nos Mossos, a Policía Marítima e a investigación cobran o mesmo en cada nivel. En VA, o axente marítimo cobra entre un 6 % e un 11 % máis có de investigación do mesmo tramo: o mar recoñécese, pero sobre unha base moi baixa.