Adxudicación do panel 2025P03 de C1 - Corpos Xerais

Sábado, 24 Mai 2025
Achegamos a listaxe de adxudicacións do panel  2025P03 de C1 - Corpos Xerais 
 
PARABÉNS ÁS PERSOAS QUE OBTIVERON PRAZA!
 
Valoración:

En Galiza partiamos dunha situación inicial de 24 adxudicacións de prazas para pasar a adxudicar finalmente 30 prazas.
A pesar de ter trasladado desde a CIG problemas de falta de efectivos en diversos lugares- con datos sobre xubilacións, baixas, promocións internas, etc- e propor incrementar a cobertura de prazas en Delegacións e Administracións con pouco persoal e elevada media de idade, non conseguimos persuadir aos responsables da AEAT

Cuestionamos esta tendencia a deixar afogar as administracións máis pequenas e non anticiparse aos problemas de falta de persoal que segue a Delegación Especial de Galiza e mais a Direción da AEAT. Volvemos demandar que saian, en todos os paneis, todas as prazas como posíbeis

Este ano a maiores xurdiu un problema coas Administracións de Foz e Ribeira (onde xa quedaron prazas sen cubrir no último panel de Axentes), xa que non se cubriu a praza que había en cada unha destas Administracións, polo que se pode dar o paradoxo de que, por primeira vez, queden prazas sen cubrir no panel e que o primeiro destino dalgún dos aprobados por turno libre nesta última convocatoria accedan a unha praza no país antes que compañeir@s que aprobaron a oposición na convocatoria anterior, e que levan traballando xa preto dun ano na Administración, pero no momento da publicación do panel non cumprían o requisito dos 12 meses traballados. Desde a CIG instamos a que busquen unha solución para que non volva suceder
  • Mobilidade
Segundo os datos ofrecidos pola propia administración, a mobilidade deste panel 2025P03 producirase durante o vindeiro mes de setembro.