Adxudicacións do panel 2026P06 de Axentes de Facenda (AHP)

Xoves, 29 Out 2026

Onte e antonte tivo lugar a Comisión de Seguimento do Acordo de provisión de postos para resolver o Panel de provisión de postos de traballo de carreira horizontal para persoal funcionario do Corpo de Axentes de Facenda Pública (AHP) 2026P06.

Destacou a Dirección da AEAT que se presentaron un total de 1618 solicitudes, das que se admitiron en total 1584, adxudicándose incialmente 930. No caso de Galiza, a adxudicación inicial era de 63 prazas, que logramos incrementar até as 73.
A listaxe PROVISIONAL de persoas axdicatarias en Galiza é esta. É unha LISTAXE PROVISIONAL, ELABORADA POLA CIG- suxeita a erro ao facer seguemento manual praza por praza das novas adxudicacións a viva voz en comisión, polo que PODE TER ERROS NO SEGUEMENTO DAS RESULTAS XENERADAS. A AEAT conta con ter a listaxe lista o vindeiro venres ou o luns próximo, que remitiremos no que chegue.
ADXUDICACIONS

Nº POSTO UBICACION A/P ADXUDICATARIAS
359 Lugo-Inspección P Feijoo Goyanes, Juan
359 Lugo-Inspección   Luque Díaz, Marina
360 Lugo-Xestión P Sánchez Pato, Paula
361 Lugo-Recadación P Mosteiro Irago, Brais
361 Lugo-Recadación   NON SE CUBRE
362 Foz P García López, Gemma Maria
363 Monforte P Parra Rodríguez, María
363 Monforte   NON SE CUBRE
363 Monforte   NON SE CUBRE
364 Ourense- Inspección P Conde González, Pilar
365 Ourense-Xestión P  
366 Ourense- Recadación A Dapia Prieto, María Elena
366 Ourense- Recadación   Villarino Alonso, Victor
367 O Barco A Torres García, Carolina
368 O Carballiño A García García, Ana
368 O Carballiño   Martínez Conde, Manuel
369 Celanova A Cid Tesouro, Antonio
369 Celanova   Conde Rodríguez, Ana M
369 Celanova   Alvarez Perez, Francisco
369 Celanova   Dacosta Lorenzo, Elena
370 Verín P  
371 Pontevedra-Inspección P Requeijo González, Miriam
371 Pontevedra-Inspección   Díaz Álvarez, Jose Manuel
371 Pontevedra-Inspección   Fernández Hernan, Aira
371 Pontevedra-Inspección   García de la Torre, Veronica
371 Pontevedra-Inspección   NON SE CUBRE
372 Pontevedra-Xestión P Rodríguez Casares, Miguel
373 Pontevedra-Recadación P Dominguez Calviño, Jennifer
373 Pontevedra-Recadación   Fariña Castaño, Lucía
373 Pontevedra-Recadación   Ucha Omil, Verónica
373 Pontevedra-Recadación   Mirantes Santos, Paula
374 A Estrada P Piso Hermosilla, Cesáreo
375 Ponteareas P  
376 Tui P  
377 Vilagarcía-Xestión P Lourido Insua, María Isabel
377 Vilagarcía-Xestión   Prego Santos, Fco. Javier
378 Vigo-Inspección P Gil Martínez, marcos
379 Vigo-Xestión P Castro Fernández, maría
380 Vigo-recadación P Rodríguez del Arco, Ca.
380 Vigo-recadación   Villar Vázquez, Luis Manuel
381 Vigo-Aduana P Caneda Fernández, Montse
381 Vigo-Aduana   González Rodríguez, Juan
382 ADI P Coniglio Yetman, Flavia
382 ADI   Gómez Loureiro, Araceli
382 ADI   Alcaide Ucha, Daniel
382 ADI   Martínez Vázquez, Lara
382 ADI   Henstchel Encinas, Andrea
382 ADI   Gómez-Orellana Rodríguez,
382 ADI   NON SE CUBRE
382 ADI   NON SE CUBRE
382 ADI   NON SE CUBRE
382 ADI   NON SE CUBRE
382 ADI   NON SE CUBRE
383 A Coruña-grandes contribuíntes A Castro Martínez, Pablo
384 A coruña- servizo xurídico P  
385 A coruña-Rex xestion P  
386 A Coruña Inspección P Rodríguez Rivas, Cristobal
386 A Coruña Inspección   Tourís Ramos, Lorena
386 A Coruña Inspección   Lago Carreira, María Jesús
386 A Coruña Inspección   Sanz García, Patricia
386 A Coruña Inspección   Mosteiro Pérez, Helena
387 A coruña- Rexional recadacion A Calvo Díaz, María José
387 A coruña- Rexional recadacion   Ramos Fernández, María
387 A coruña- Rexional recadacion   Costa Castro, María Ad.
387 A coruña- Rexional recadacion   García Neira, Juan Ramón
387 A coruña- Rexional recadacion   Pico García, Uxía
387 A coruña- Rexional recadacion   Alfaraz Esteban, Silvia
387 A coruña- Rexional recadacion   Cibreiro Nieto, Sandra
388 Admon A Coruña P López Cabanas, Guillermo
388 Admon A Coruña   Fernandez Aguado, Xosé
388 Admon A Coruña   Guerrero Fernández, M.
388 Admon A Coruña   Posada Moreiro, Tamara
388 Admon A Coruña   González Vázquez, Iago
389 Betanzos P Del Río Otero, Henrique
389 Betanzos   Corral Iriarte, Inmaculada
390 Carballo P Pereira Miñones, Lorena
390 Carballo   Bargados Varela, Elena
390 Carballo   Rioboo García, Rafael
391 Cee P  
392 Ferrol Xestión P  
393 Ferrol Aduana A Gómez Orgeira, Jose Luis
393 Ferrol Aduana   Paz Amenedo, Miguel Anxo
393 Ferrol Aduana   Teijeiro Alvarez, Miguel
394 Ortigueira P Rivera García, Sonia
395 Ribeira A Maneiro Paz, Lorena
395 Ribeira   García Romero, María
396 Santiago Xestión P González Taboada, María
396 Santiago Xestión   Fernández Morano, Nuria
397 Santiago Aduanas IIEE Labacolla A Suárez González, Jorge
397 Santiago Aduanas IIEE Labacolla A Iglesias Gómez, Saúl

 


VALORACIÓN DO PANEL 2026P06 DE AXENTES DE FACENDA (AHP)
A CIG demandou cubrir o máximo de prazas posíbel, ampliando adxudicacións nas PIAS e Administracións de toda Galiza e cubrir todas as resultas que puidesen aparecer precisamente para garantir un servizo público de calidade. Entendemos que unha quenda de acceso libre tan numerosa como a que está a piques de se incorporar é unha oportunidade única para resolver os problemas de falta de persoal de moitas Administracións e dar resposta o lexítimo desexo de achegarse ao fogar do funcionariado galego emigrado polo Estado.
Aportamos datos sobre o persoal de cada Administración: cantas persoas se xubilaron este ano, cantas están próximas a facelo, enfermedades de longa duración, persoas que previsibelmente deixarán de ser axentes por ter superado o proceso selectivo para o Corpo Técnico ou o de Xestión do Estado… Se ben conseguimos persuadir nalgúns casos aos responsábeis da AEAT, noutros foi imposíbel polo que deixa unha sensación agredoce.
Imos exemplificalo coa Administración de Santiago de Compostela. Na capital do país foi imposíbel que mudase o plan predefinido polos directivos da AEAT. REcadación nin sequera se ofertou como posíbel, polo que a marcha dun compañeiro cara outro destino deixa a dependencia na Administración peor do que estaba. En Xestión están a piques de darse varias xubilacións xunto con dúas persoas que acceden ao Corpo Técnico: por este motivo, desde a CIG pedimos que ampliasen en 4 máis as prazas a cubrir. Tan só cubriron unha praza máis en Aduanas, no aeroporto Labacolla-Rosalía de Castro. Nós insistimos en que, cando menos, deixaran a cousa como estaba antes do panel. Foi en van, Santiago Xestión aproxímase ao que aconteceu hai uns anos en Ribeira, e non sería por non advertilo…
Mobilidade
A previsión que baralla a Dirección da AEAT é que a mobilidade do panel se execute no mes de febreiro de 2027 , acompasado coa incorporación do funcionariado AHP de novo ingreso, prevista para antes do remate do 2026.
O prazo de incorporación aos correspondentes destinos será de tres días hábiles desde a notificación do acordo de mobilidade, caso de non implicaren cambio de residencia, e de oito días hábiles caso de que si o implicalo.
As listaxes de adxudicación por posto definitivos estarán dispoñibles previsiblemente o venres desta semana ou o luns da próxima. Cando a Administración fáganos entrega deles farémosvolos chegar.