Adxudicacións Panel Mobilidade Corpo de Axentes de Facenda 2025P07
En Galiza partiamos dunha situación inicial de 43 adxudicacións, conseguindo incrementar finalmente 31 máis (só se cubriron 24 delas), deixándoas en 67 adxudicacións. Delas, 32 son movementos dentro do propio país (cambios de áreas ou de localidades), con que 35 persoas retornan a Galiza desde destinos no resto do estado español para achegarse un pouco ás súas vilas e cidades de orixe
A pesar de ter trasladado desde a CIG problemas de falta de efectivos en diversos lugares- con datos sobre xubilacións, baixas, promocións internas, etc- e propor incrementar a cobertura de prazas en Delegacións e Administracións con pouco persoal e elevada media de idade, os responsables da AEAT non entenderon a necesidade de abrir o abano en Ourense (onde non hai unha soa adxudicación en toda a provincia) ou en Vigo (onde apenas se cubren as resultas na ADI)
A pesar de ter trasladado desde a CIG problemas de falta de efectivos en diversos lugares- con datos sobre xubilacións, baixas, promocións internas, etc- e propor incrementar a cobertura de prazas en Delegacións e Administracións con pouco persoal e elevada media de idade, os responsables da AEAT non entenderon a necesidade de abrir o abano en Ourense (onde non hai unha soa adxudicación en toda a provincia) ou en Vigo (onde apenas se cubren as resultas na ADI)
Consulta a listaxe nos adxuntos mais no Blog.
- Análise: nin mobilidade, nin conciliación, nin servizo público de calidade
En teoría, esta rexionalización tería que permitir dar cumprimento ás lexítimas expectativas de conciliación e achegarse ao domicilio do funcionariado, mais nada máis lonxe da realidade, ao concentrar a oferta de prazas na Delegación Especial co coseguinte prexuízo para quen pretende moverse a outros destinos e para as restantes Administracións, un pouco máis afogadas outra vez
Na CIG entendemos que, de ter aceptado estas propostas en diversas localidades as persoas adxudicatarias do panel mellorarían a súa situación indo á súa localidade e, ademais, reforzaríase o servizo público e a atención presencial en todas estas pequenas Administracións
Moito nos tememos que, no fondo, a intención dos distintos departamentos segue a ser afogar as PIAs negándolles o persoal preciso para unha atención cidadá de calidade, derivar ao público a chats e teléfonos co novo modelo de información e asistencia e, finalmente, acabar pechando as PIAs concentrándonos nas Delegacións- o caso da Coruña é sintomático pola cantidade de adxudicacións que concentra (mesmo sen contar as numerosas saídas na Administración da Coruña) fronte á negativa a ofertar sequera unha soa praza en toda a provincia de Ourense
Cuestionamos esta tendencia a deixar afogar as administracións máis pequenas e non anticiparse aos problemas de falta de persoal que segue a Delegación Especial de Galiza e mais a Direción da AEAT e que se neguen, por sistema, as solicitudes para cambiar de área nos paneis- que na CIG entendemos que supoñen a evidencia de outro tipo de problemas que tamén se está evitando atallar por parte dos responsábeis da AEAT
Desde a CIG solicitamos que ofertaran como posíbeis todas as administracións e delegacións para poder cubrir as resultas que puideran darse. Facendo un uso retorcido desta figura, por unha banda sacaron como “posíbeis” destinos onde estaba claro que ía haber adxudicacións- mais impedindo ás persoas que participan no panel ter certezas- e por outra, seguen sen sacalas todas: o que aconteceu con Ribeira antes, sucede agora coa Delegación de Pontevedra, onde as resultas que se producen quedan sen cubrir por non ofertala
- Mobilidade
- Outros paneis
- CASVA: Adiase a execución da mobilidade a un mes e medio despois da publicación no BOE do novo ingreso. Dita publicación prevese que sexa inminente.
- C2 corpos Xerais: Segundo as últimas informacións de Función Pública, a publicación en BOE dos de novo ingreso agárdase en decembro, polo que a execución da mobilidade dos adxudicatarios será 1 mes e medio despois.
- Panel C1 TAI e A2 Corpo Xestión: Previsión de convocatoria dos paneis no primeiro trimestre de 2026.