Adxudicacións Panel mobilidade Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira 2026P05

Xoves, 18 Xun 2026

Esta mañá tivo lugar a segunda Comisión de Valoración do Panel do Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira 2026P05. En Galiza partiamos de 5 adxudicacións en Navegación e 1 en Propulsión.

PRAZA ADXUDICATARIA/o
00060 – RIBADEO – NAVEGACIÓN GONZALEZ MAHOJO, CARLOS
00061 – VILAGARCÍA DE AROUSA – NAVEGACIÓN GOMEZ ACOSTA, MANUEL AGUSTIN
00061 – VILAGARCÍA DE AROUSA – NAVEGACIÓN PADRON RODRIGUEZ, MARCOS MANUEL
00061 – VILAGARCÍA DE AROUSA – NAVEGACIÓN PORTELA FOLGAR, SARA
00063 – VIGO – NAVEGACIÓN LENCE MASSA, MIGUEL JAVIER
00063 – VIGO – NAVEGACIÓN CARRACEDO RODRIGUEZ, DAVID
00063 – VIGO – NAVEGACIÓN FERNANDEZ CALVETE, ALVARO
00084 – RIBADEO – PROPULSIÓN ESCOBAR EXPOSITO, CARLOS

  
Dende a Confederación Intersindical Galega espuxemos a necesidade de incrementar as prazas a cubrir no noso país, atendendo á realidade das distintas bases e unidades do Servizo de Vixilancia Aduaneira e a falta de persoal para cubriren as necesidades operativas e mais á necesidade, tamén, de dar cumprimento ás lexítimas expectativas de conciliación e achegarse ao domicilio do funcionariado
Repasando localidade por localidade, conseguimos que se incrementasen as prazas a cubrir en Navegación: unha en Vilagarcía, o que xerou unha resulta en Vigo, de maneira que o total de adxudicacións en navegación en Galiza chega a 7.
Doutra banda, no que atinxe a propulsión, solicitamos prazas en todas as bases, con especial atención á base de Ribadeo –a cal precisa como mínimo unha praza máis pola xubilación dun compañeiro-, pero a Administración non atendeu ás nosas peticións, polo que só hai unha adxudicación en Ribadeo.
Para a CIG resulta un panel bastante curto en termos xerais, e especialmente na especialidade de propulsión.
 Mobilidade:
A execución deste panel está prevista para setembro.