
AEAT. Borrador Mobilidade Subgrupo C1 - Corpos Xerais
Veñen de comunicarnos o seguinte:
Anexamos borrador de Mobilidade para funcionarios do Subgrupo C1, que terá carácter de urxencia por razóns organizativas:
Por outra banda, desde a SGGAP infórmannos que as bases inclúen unha adaptación da forma de valoración da antigüidade neste proceso de mobilidade, para homoxeneizala coa forma de valoración da antigüidade no resto de procesos de mobilidade que tramita a Axencia Tributaria. A valoración implica o cómputo na antigüidade no corpo desde que se participa a razón dun punto por ano e o resto de antigüidade a 0,1 puntos anos. En virtude do anterior, a redacción dese apartado queda como segue:
2.1.a).- Valorarase, ata un máximo de 27 puntos, a antigüidade recoñecida como funcionarios de carreira no subgrupo C1, ata a data de finalización do prazo para presentar solicitudes ao mesmo, adxudicándose 1 punto por ano e valorando proporcionalmente as fraccións de ano, considerando os días
2.1.b).-O resto da antigüidade, tanto os servizos prestados como os recoñecidos, valoraranse a 0,1 puntos por ano valorándose proporcionalmente as fraccións de ano considerando os días, sempre que non se computaron de acordo con o parágrafo anterior, e ata o máximo antes mencionado de 27 puntos.