AEAT. Concurso de traslados extraordinario persoal laboral fixo

Luns, 31 Mar 2025

Ven de publicarse a Resolución da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se convoca concurso de traslados, de carácter extraordinario, para a provisión de postos de traballo de persoal laboral fixo do grupo 4, área administrativa, tributaria e informática, categoría profesional de Técnico/a 2 ou Administrativo e Tributario no ámbito de IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral da A.E.A.T.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o luns 31 de marzo até o venres 4 de abril.