As nosas propostas para o persoal da AEAT: calendario laboral e traballo a distancia

Martes, 12 Mai 2026

Tras a presentación pola Dirección da AEAT dos seus borradores de Calendario Laboral e Acordo de Traballo a Distancia, a CIG quere facer chegar a todo o persoal as súas propostas concretas. Son dereitos que merecemos e polas que seguiremos pelexando.

  1. PROPOSTAS PARA O CALENDARIO LABORAL
  2. Previa

Segundo se expón no apartado 15 da Resolución do 14 de abril de 2026, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos,

  1. Aplicación

Esta resolución resultará de aplicación el día siguiente al de su publicación en el «Boletín Oficial del Estado».

Los departamentos, organismos y entidades del apartado 1.1 de estas instrucciones, en aplicación de la jornada general prevista en la nueva redacción de estas instrucciones tendrán un plazo de un mes para realizar las adaptaciones necesarias en los calendarios correspondientes, así como en los sistemas de control horario.

Segundo o devandito apartado queda perfectamente claro que hai que facer as adaptacións necesarias no calendario para cumprir coa mesma, o que implica que hai que adaptar o horario fixo de presenza de 9-14 horas e débese respectar o que xa hai, sempre que non incumpra coa devandita Resolución de función pública, polo que tamén se debe manter o incentivo de presenza.

En calquera caso, e se se quere renegociar un acordo de calendario novo, este tería uns prazos, que serían os contidos no apartado 2.2:

Las personas titulares de las Subsecretarías, así como los órganos competentes en materia de recursos humanos de los demás organismos y entidades públicos, respetando lo establecido en las presentes normas y previa negociación sindical, aprobarán antes del día 28 de febrero de cada año los calendarios laborales correspondientes a sus respectivos ámbitos y con aplicación para todos los servicios y unidades bajo su dependencia orgánica.

 

  1. Incentivo de presenza efectiva ou compensación equivalente

O borrador da AEAT elimina os 30 minutos diarios que computaban como traballo efectivo (Cláusula 14ª do Acordo 2003), sen ningunha compensación. Son unhas 110 horas anuais por persoa. A CIG esixe a súa recuperación ou compensación equivalente (en horas ou produtividade).

▶ Argumento do SEPE (apt. 4.3 do seu Calendario Laboral do 30/04/2026):

O SEPE aprobou o seu calendario establecendo que ata 30 minutos diarios non se consideran ausencia, sempre que non afecten á parte fixa. É funcionalmente equivalente ao noso incentivo. Se o SEPE pode recoñecelo, a AEAT non ten xustificación para eliminalo.

 

  1. Xornada reducida por interese particular: supostos non contemplados

Problema non resolto: quen ten xornada reducida pasa de traballar 4 h 40 min a 5 h diarias para cobrar o mesmo 75%, 20 minutos máis ao día sen contraprestación - unhas 80 horas anuais perdidas.

  1. Parte fixa da xornada: adoptar o estándar da AGE (5 horas)

O borrador mantén 8:30-14:30 (6 horas de presenza obrigatoria) cando a Resolución AGE establece 9:00–14:00 (5 horas). Con 35 h semanais, iso deixa só 5 horas semanais de flexibilidade real. O SEPE adoptou a parte fixa da AGE (5 horas). Pedimos o mesmo ou compensación equivalente.

  1. Franxa flexible: eliminar a autorización previa e ampliar aos venres

O borrador condiciona a ampliación do horario á autorización previa do Delegado Especial. Pedimos eliminar esa autorización. Ademais, a franxa flexible está limitada ás 18:00 h e só de luns a xoves. Que pasa se o último día do mes cae en venres? O SEPE regulou explicitamente a franxa flexible os venres (ata as 16:00 h) e ata as 18:30 h de L–X, sen necesidade de autorización previa. Pedimos o mesmo para a AEAT.

  1. Bolsa de horas: suprimir as restricións ilegais (apt. 4.8)

O borrador engade un parágrafo que non figura na Resolución AGE, limitando a bolsa cando repercuta en atención ao cidadán, Vixilancia Aduaneira ou inspección fiscal/tributaria/aduaneira. Esas categorías cobren a maior parte do persoal e baleiran o dereito de contidoO SEPE non ten ningunha restrición adicional na súa bolsa de horas. Pedimos a supresión íntegra dese parágrafo.

  1. Conciliación: ampliar a proximidade xeográfica (apt. 4.1)

A flexibilidade horaria por coidado de dependentes está limitada a persoas que convivan no mesmo domicilio. As facilidades actuais de transporte permiten coidar de persoas próximas sen convivencia. Pedimos ampliar a casos de proximidade xeográfica acreditada.

  1. Réxime de ausencias por enfermidade: os 4 días “malosos” e o cómputo mensual

O borrador da AEAT garda silencio sobre os 4 días de enfermidade de curta duración que non requirían parte médico. Pola contra, o SEPE recolle expresamente (apt. 5.6) que o desconto salarial só se aplica tras superar 4 días de ausencia ao longo do ano. Pedimos que o calendario AEAT o recolla igual.

Ademais, o borrador obriga a recuperar as ausencias xustificadas na mesma semana ou na seguinte. O SEPE permite a recuperación durante o mes natural completo (apt. 4.4), e incluso o mes seguinte en casos excepcionais. Pedimos manter o cómputo mensual na AEAT, e engadir o mes seguinte en casos excepcionais.

  1. Horarios especiais (SVA, Aduanas, Informática, ADIs): compromiso temporal real

O borrador remite a negociación dos horarios especiais a un futuro “sen demora”. Pedimos un compromiso temporal pechado, e claridade sobre os incentivos específicos, o cómputo horario e os dereitos destes colectivos durante a transición.

  1. PROPOSTAS PARA O ACORDO DE TRABALLO A DISTANCIA
  2. Tres días de teletraballo, non dous

Non aceptamos dous días como réxime xeral. Esiximos tres días contiguos, en liña co acordado para o persoal das Delegacións e Subdelegacións do Goberno en setembro de 2025. Se a AEAT insiste nos dous días, deben ir acompañados de compensacións concretas a negociar. En todo caso, debe garantirse a posibilidade de ampliar por razóns de saúde ou conciliación. A discrecionalidade dos xefes na asignación e retirada do teletraballo debe desaparecer.

  1. Un modelo propio da AEAT, con dereitos garantidos
  • Equiparación plena de dereitos e obrigas entre traballo presencial e teletraballo (incluíndo o PIA e a media hora de cortesía).
  • Aplicación do teletraballo ao persoal de nova incorporación, sen períodos de carencia discriminatorios.
  • Creación dunha comisión de seguimento do Acordo que garanta a súa aplicación e poña coto aos abusos de responsables de unidade.
  • Aproveitamento do teletraballo como ferramenta de conciliación (persoas maiores ou menores a cargo) e apoio en situacións de saúde (lesións transitorias, crises de ansiedade...).
  • Posibilidade de teletraballar desde zonas despoboadas, favorecendo a fixación de poboación no territorio.

 

  1. Equipos tecnolóxicos adecuados

O portátil facilitado ao persoal non cumpre os requisitos mínimos de ergonomía visual e supón un risco levalo de casa ao traballo cada día. Esiximos equipos axeitados ou periféricos que complementen as súas carencias.

  1. Transparencia nas ferramentas de control

Esiximos saber con exactitude que ferramentas se utilizan, con que finalidade, e quen ten acceso aos datos. Queremos saber se xa se usa o rendemento medido por estas ferramentas para repartir a produtividade. O control debe ser transparente, proporcionado e negociado coa representación sindical.

▶ O SEPE: referencia para o teletraballo na AEAT

O SEPE é un organismo público da AGE con características similares ás da AEAT e xa conta con tres días de teletraballo. A AEAT non ten ningunha xustificación organizativa nin xurídica para quedar por detrás. A pandemia de 2020 demostrou que o teletraballo funciona na AEAT: hai dous documentos oficiais — a felicitación da Secretaría de Estado de Facenda e o informe do Tribunal de Contas — que así o recoñecen.

 

Para a CIG as 35 horas son un punto de partida, non un teito. Seguiremos pelexando polas 32 horas semanais en toda a Administración Pública.

Non imos entregar dereitos. Non imos ser cómplices.

A loita é o único camiño!