Avaliación do posto de teletraballo
En breve a Dirección da AEAT porá en marcha a avaliación de riscos laborais do espazo desde onde se teletraballa, tal e como comunicou no Comité de Seguridade e Saúde Intercentros (CSSI) celebrado recentemente.
No caso de Galiza, este proceso levarase a cabo dentro do denominado Grupo 2 —xunto con Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa, Euskadi, Cantabria, Asturias e Castela e León— e desenvolverase segundo o seguinte calendario previsto:
Que se vai avaliar?

- 5, 6 e 7 de maio: celebración de charlas informativas en formato webinar.
- 11 de maio: envío da ligazón para cubrir a enquisa.
- 18 e 25 de maio: recordatorios para quen aínda non a teña cumprimentado.
- Do 11 ao 29 de maio: período para cubrir o cuestionario online.
A avaliación contempla tres grandes ámbitos:
a) Condicións ergonómicas: características da cadeira, da mesa e da colocación do equipo informático, comprobando que permiten manter unha postura adecuada durante a xornada (apoio das costas, altura e posición da pantalla, uso de teclado e rato externos, espazo suficiente, etc.).
b) Condicións do espazo de traballo: iluminación, temperatura, ausencia de reflexos na pantalla, orde na zona de traballo, estado das conexións eléctricas e dispoñibilidade dun contorno razoablemente tranquilo.
c) Aspectos organizativos e psicosociais: posibilidade de facer pausas, mantemento das relacións laborais co resto do persoal da AEAT e respecto polos tempos de descanso e pola desconexión dixital.

Que é obrigatorio e que é voluntario?
Cubrir a enquisa é obrigatorio para todo o persoal que teletraballa. A Administración considera esta avaliación preventiva imprescindible, e a consecuencia de non realizala pode ser a retirada da autorización de teletraballo. Pola contra, achegar unha fotografía do espazo de traballo é completamente voluntario e opcional.
No caso de que a enquisa detecte deficiencias nalgún aspecto do posto, o servizo externo contratado pola AEAT contactará coa persoa interesada para indicarlle as medidas que debe adoptar.
A posición da CIG
Desde a CIG advertimos no CSSI que unha avaliación preventiva non pode converterse nun instrumento de control sobre o persoal nin nunha vía para invadir a súa privacidade. A prevención ten que estar ao servizo da saúde das persoas traballadoras, e non ao contrario.
Manifestamos ademais a nosa preocupación por cuestións como o uso xeneralizado de portátiles con pantallas reducidas, o traslado constante de equipos entre o domicilio e o centro de traballo, ou a eventual solicitude de datos persoais do domicilio ou imaxes do espazo de traballo.
Por outro lado, resulta cuestionable que a AEAT avance nesta avaliación cando o propio modelo de teletraballo aínda non está plenamente negociado coa parte social. Na Mesa Xeral, a Dirección insiste en limitar o teletraballo a un máximo de dous días, amparándose na Resolución do plan de aforro enerxético. Desde a CIG defendemos que non existe ningunha limitación legal que impida ter o mesmo número de días de teletraballo que o resto da Administración Xeral do Estado, e reclamamos que o persoal da AEAT non teña menos dereitos que o resto do persoal da AGE.
Na negociación continuamos a defender, entre outras cuestións:

- que o horario en teletraballo sexa o mesmo que en oficina, mantendo dereitos como a cortesía ou a pausa;
- que o PIA e a bolsa de conciliación tamén poidan recuperarse en teletraballo;
- que se faciliten medios reais para que todo o persoal poida teletraballar se o desexa;
- que a reversión do teletraballo sexa motivada e con garantías, cun procedemento claro e revisable;
- e que se fornezan periféricos ou equipamentos adecuados, especialmente tras a substitución de equipos por portátiles.
A loita é o único camiño!