
Avances na negociación do teletraballo: a AEAT enrócase en 2 días como máximo

Tivemois unha nova reunión da mesa xeral para negociar o marco de teletraballo na AEAT
A Dirección da AEAT mantén que tan só pode regular o teletraballo no marco da Resolución do plan de aforro enerxético. Na proposta presentada asume algunhas das cuestións que defendimos na anterior xuntanza, mais enrócase en dar como máximo dous días de teletraballo
A Dirección da AEAT mantén que tan só pode regular o teletraballo no marco da Resolución do plan de aforro enerxético. Na proposta presentada asume algunhas das cuestións que defendimos na anterior xuntanza, mais enrócase en dar como máximo dous días de teletraballo
Desde a CIG defendimos que non hai ningunha disposición legal nin regulamentaria que impida termos o mesmo número de días cá o resto da Admón Xeral do Estado, e que haberá que ter unha nova Resolución que en lugar de minorar o recollido na normativa e no acordo da mesa xeral da AGE (da que a AEAT é unha axencia máis!) nos equipare ao resto do persoal da AGE
Neste sentido, celebramos que a Dirección asuma no documento que o horario en teletraballo ten que ser o mesmo que en oficina e peche así a porta a que se retalle o dereito á cortesía ou á pausa. Do mesmo xeito, insistimos en que o incremento horario do PIA e a recuperación da bolsa de conciliación debe poder facerse neste réxime de traballo tamén. Todo o que se comprometeu a AEAT é a permitir recuperar as horas computando por un lado os excesos horarios presenciais e por outros os teletraballados, nun 60% e 40% do total de tempo de traballo, e repartir do mesmo xeito o tempo de permisos, licenzas ou moscosos e vacacións por días soltos
Desde a CIG insistimos na necesidade de artellar medios para que todo o persoal realmente poida teletraballar se o desexa, pensando nas dificultades que hai nas Admons máis cativas. Cuestionamos que se pretenda habilitar a administradores e delegados para mudar a distribución, que non se prevean reximes especiais (persoal que non pode acudir ao posto de traballo pero non está de baixa ou que pode traballar para atender familiares en lugar se optar por pedir días sen soldo e prexudicarse a si mesmo e mais ao servizo e aos compañeiros)
Do mesmo xeito, desde a CIG propuxemos que a reversión do teletraballo sexa motivada, como aceptou a AEAT, mais tamén cun procedemento contraditorio e garantista que, en última instancia, acabe na Comisión de seguemento do Acordo para evitar interpretacións prexudiciais para o persoal
Solicitamos ademais que, dado que se substituíron ordenadores por NPTs, se forneza de periféricos que van desbotarse a quen traballen desde casa e de equipos especiais a quen teña discapacidade
Na CIG entendemos que hai máis cuestións que debería regular un acordo sobre teletraballo, contemplando tamén o traballo a distancia para o funcionariado que está fóra da súa localidade e que cumpría ser máis ambiciosos neste acordo
A AEAT comprometeuse a valorar as achegas realizadas, insistiu en que se trata dun acordo ponte tan só no ámbito da Resolución do plan de aforro enerxético e analizará agora as aportacións realizadas para ver se é posíbel chegar a un acordo antes de que maio finalice
Na CIG consideramos que se deron algúns tímidos avances mais cremos que o persoal da AEAT non debería ter menos dereitos que o resto do persoal da AGE. E ti?