Campaña de renda 2025: persoal laboral obrigado a formarse, despois apartado sen explicación nin compensación
Dende a CIG queremos informarvos dunha situación que afecta directamente aos nosos compañeiros e compañeiras do persoal laboral da AEAT na Delegación Especial de Galicia, e que non imos deixar pasar sen reclamar formalmente.
O que pasou:
A maioría das traballadoras e traballadores laborais recibiron a instrución de realizar o curso de campaña de renda e superar un exame para poder participar na campaña e percibir as retribucións correspondentes. Cumpriron con todo o que se lles esixiu: formáronse, examinaron e aprobaron.
E non só iso: de feito, o persoal laboral chegou a facer campaña de renda. Durante o mes de maio realizaron en torno a 3 tardes por día laboral. Con todo, cando chegou xuño (o momento en que deberían ter acumulado a diferenza ata as 14 ou 16 tardes que lles correspondían) a Dirección asignoulles unicamente 3 tardes, co que, en realidade, só fixeron a metade da campaña para a que foran formados e examinados.
E todo isto sen previo aviso, sen explicación formal e sen ofrecer compensación ningunha, alegando unicamente falta de partida orzamentaria. Un argumento que, de ser certo, debeu comunicarse antes de convocar o curso e o exame, non despois de que os nosos compañeiros e compañeiras investisen o seu tempo e esforzo en cumprir o que se lles pedía.

Por que a CIG non asinou o Acordo de Renda:
Para entender esta situación hai que coñecer o contexto. A CIG non asinou o Acordo de Renda 2025 porque entendemos que o modelo que a Dirección impuxo é inxusto e antisocial. Non puidemos avalalo por varios motivos: as táboas retributivas son insuficientes para compensar unha perda de poder adquisitivo acumulada do 20%; o acordo establece subas en porcentaxes diferentes segundo o rol, creando discriminacións salariais onde non as había e esquecendo que sen as operadoras e operadores non hai campaña posible; abre a porta a obrigar ao persoal a traballar os sábados pola mañá por unha compensación que non consideramos xusta; e, en definitiva, a Dirección impuxo sen negociación real a mesma proposta que a representación social rexeitara semanas antes, ameazando con sacar por Resolución o que non se asinase.
A situación do persoal laboral, nun contexto así:
Neste marco, obrigar aos nosos compañeiros e compañeiras laborais a formarse e superar un exame para logo excluílos a metade da campaña, sen explicación nin compensación, é dobremente grave. Non só é unha actuación arbitraria: é a consecuencia lóxica dun modelo de xestión que a Dirección da AEAT vén impoñendo e que o resto de organizacións sindicais avalaron coa súa sinatura.
Ademais, en campañas anteriores, mesmo cando existían tensións orzamentarias similares, o pagamento realizábase con posterioridade sen suprimir a participación do persoal. Esta vez, nin iso.
A posición da CIG:
Xa presentamos reclamación formal ante a Dirección de RRHH da AEAT esixindo:
- Unha explicación formal e por escrito das razóns desta decisión.
- A compensación económica correspondente ao persoal afectado.
- Garantías de que esta situación non se repita en futuras campañas.
Non imos avalar que se trate así aos nosos compañeiros e compañeiras. Esixiremos respostas e responsabilidades.
A loita é o único camiño!