Comisión Paritaria e Negociadora do IV Convenio Único
Complementos.
Na asignación de complementos proposta polas subcomisións ministeriais, a CIG mantivo a súa posición firme e coherente, non imos aceptar melloras retributivas financiadas con amortización de prazas, só apoiamos aquelas propostas nas que o financiamento non implique amortización de postos, ou se limite á reordenación de complementos innecesarios, nese caso apoiamos. Houbo expientes onde a administración negouse a aclarificar o financiamento dos complementos.
A Administración segue insistindo nun modelo perverso, vender pequenas melloras salariais mentres reduce efectivos. Para a CIG isto é inaceptable. Non se pode mellorar o salario recortando emprego público.
Ofertas Emprego.
Sobre OEP 23-24, unha vez máis, a administración adian calquer tipo de información de datos citandonos para COPA do mes de xuño e para dar datos concretos no mes de maio sobre “lineas xerais”.
Sobre a OEP 2021-2022 os procesos que deberían estar pechados non o están, procesos que deberían estar resoltos, especialidades aínda sen pechar e ministerios que nin sequera convocaron. Estamos falando de ofertas de hai máis de dous anos que seguen sen executarse.
Xubilación parcial.
A situación é de “desastre absoluto”. A xubilación parcial depende dun elemento clave que é a execución dos procesos selectivos asociados ao persoal relevista. E aí é onde todo falla os procesos que deberían estar resoltos levan meses de atraso, nalgúns casos, máis dun ano e noutros, nin sequera se convocaron.
Mentres tanto, as persoas que esperan ven como pasa o tempo e seguen traballando en condicións que xa deberían ter cambiado quedando atrapadas nun limbo administrativo.
A situación da xubilación parcial resume perfectamente o que está a pasar na Administración, estamos ante acordos que existen pero non se executan, procesos que se anuncian pero non rematan e dereitos recoñecidos que non se fan efectivos.
Traballadores de Defensa.
A CIG volveu sacar tanto na copa e na comisión negociadora, a igual que no mes anterior, solicitamos que o persoal do ministerio de defensa no complemento E6 se contemple unha suba salarial de 2.913 euros brutos a mariores do importe que existe, en coherencia coa cantidade concedida este ano en concepto de MUA, co obxectivo de equiparar esta mellora coa subida aplicada ao persoal militar.
Outros temas.
Sobre os procesos de promoción (grupos 4G, 3G e 1G), hai conversas co Instituto Nacional de Administración Pública para novas convocatorias e que hai posibilidade de convocatoria antes do verán pero sen ningunha garantía
Concurso aberto e permanente, a administración anuncia convocatoria en maio da fase de postos do Anexo II sen garantías reais sobre cando se abordará o Anexo I