
Concentración na prisión de TEIXEIRO polo asesinato de NURIA, traballadora do centro penitenciario MÁS D´ENRIC (TARRAGONA)

Os traballadores do centro penitenciario de Teixeiro concentráronse esta mañá ás portas do centro en rexeitamento ao asasinato da traballadora do centro penitenciario Máis d'Enric de Tarragona. Esta concentración produciuse en todas as prisións españolas
O pasado mércores Nuria foi ao seu traballo, pero non puido volver a casa. Un interno de confianza sesgou a súa vida e tinguiu de negro a todo o persoal das II.PP, tanto en Cataluña como no resto do Estado.
Consternación, raiba e dor son os sentimentos de todas as compañeiras de Nuria. A pregunta que nos facemos todos os profesionais dos centros penitenciarios é: onde será o seguinte? en Teixeiro?
A actual política penitenciaria centrada en distorsionar as estatísticas non ten en conta un dos principios básicos da nosa lexislación penitenciaria, que é a adaptación do tratamento ao perfil específico de cada interno, é dicir, a individualización do tratamento. Non se poden aplicar políticas xerais a perfís tan diferentes.
A poboación carceraria mudou moito nos últimos 20 anos, e o sistema debe adaptarse a estes cambios, tanto nos protocolos como na dotación de medios materiais e humanos.
É inconcebíbel que, en 2024, os traballadores penitenciarios sigan sen ser considerados axentes de autoridade no exercicio das súas funcións, unha reivindicación histórica do colectivo que debe asumir como prioritaria a clase política, non pode ficar en palabras baleiras que non se reflicten nas modificacións lexislativas, necesarias para dotar desta condición aos empregados públicos que traballen nos centros penitenciarios do Estado español.
No centro penitenciario de Teixeiro a situación é nomeadamente dunha clamarosa falta de persoal con 74 vacantes nas RPT do centro segundo o “Portal de transparencia”.
Hoxe, dende Teixeiro rendemos a nosa máis sentida homenaxe á nosa compañeira Nuria, o primeiro asasinato dunha traballadora penitenciaria no seu lugar de traballo.
NON SE PODE REPETIR. TODOS CON NURIA.
As nosas condolencias. Descansa en Paz.