Convocatoria PIH Técnico 2º Administrativo e Tributario

Martes, 13 Mai 2025

Ven de publicarse no BOE a Resolución de 8 de maio de 2025, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna horizontal, como persoal laboral fixo do grupo 4 área administrativa, tributaria e informática, categoría profesional de Técnico/a 2.º Administrativo e Tributario do IV Convenio colectivo do persoal laboral da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Parece que, despois de moito tempo demandando, comezan a cubrir postos nas Administracións comarcais da Galiza. Agardamos que non quede só nesto.