Grupo de Traballo de Igualdade, de Responsabilidades Social Corporativa e de Protocolos

Xoves, 22 Xan 2026

TRAS CASE 2 ANOS DE RETRASO, CHEGAN AS PRÉSAS

¿MACRO?

 

 

Convócanos a Admón. para tratar nun día 3 temas ben diferentes, algúns deles moi relevantes.

 

IGUALDADE: PROTOCOLO CONTRA O ACOSO SEXUAL O POR RAZÓN DE SEXO

 

Tras aprobarse en marzo do 2024 na AXE o protocolo contra o acoso sexual ou por razón de sexo, tras case 2 anos, agora a Admón. entroulle a présa e quere arranxar todo.

 

Recibimos un borrador con menos dunha hora de antelación á reunión. Comeza a reunión e a Admón. indica que a súa intención sería aprobalo hoxe mesmo. Antes de dar a palabra á parte social, como están vendo as nosas caras, deciden que hoxe van ser moi amables e vannos explicar as bondades deste texto para que o coñezamos mellor. Tras isto volver insistir a ver se o podemos aprobar hoxe.

 

Por parte da CIG negamos rotundamente aprobar co noso apoio nada hoxe. Este é un tema moi importante e delicado e o protocolo debe ser estudado con calma. A Admón. tivo case 2 anos para facer este traballo e non quixo.

Fixemos preguntas sobre diversas cuestións como a formación necesaria para as persoas que participarán neste  procedemento nos casos de acoso ou as particularidades entre entidades. Pero insistimos en que a CIG debe valorar isto con detemento pois deste texto vai saír que logo unha vítima estea mellor ou peor atendida no momento de necesitar apoio.

 

PROTOCOLO ANTE EMERXENCIAS CLIMATOLÓXICAS

 

Seguinte tema na orde do día. Desgraciadamente temos varios exemplos, como a DANA de Valencia, nos que a climatoloxía convértese nun perigo real para as persoas.

 

A CIG entende que a Admón. debe tomar medidas para protexer ao seu persoal en casos así e de aí a importancia de contar cun protocolo que establece de forma previa y de forma clara cando podemos evitar os desprazamentos ao lugar de traballo para non poñernos en perigo.

Non queremos que isto estea ao capricho da xefatura de ese momento. E que ante unha mesma situación, unhas persoas se vexan en perigo desprazándose e outras non.

Este é un tema que xa se falou en decembro e que a Admón. xa coñece as nosas propostas.

 

Resposta da Admón.: Non poden dicirnos nada porque non miraron nada. Ao parecer, o protocolo contra o acoso ocupoulles todo o tempo. Que fixan un reunión para mirar isto, e que esta vez si, que van preparar a reuníón.

 

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

 

E continuando coas escusas, a Admón. comenta tamén que deste tema tampouco miraron nada, que non puideron, que non tiveron tempo. Quizais estiveron botando unha man na atención ao público, quen sabe.

 

A CIG recrimina esta falta de traballo e pregunta se tamén queren adiar isto para a seguinte reunión xunto cos protocolos. Pero no, neste caso non queren fixar data, quizais teñan a axenda ocupada resolvendo expedientes nalgunha dirección provincial, quen sabe.

 

 

Volve a tomar a palabra aCIG e pregunta polo Macro. A Admón. sorpréndese e di que non teñen claro que responder porque “ese tema non estaba na orde do día”. A culpa seguramente sexa nosa, vendo que nin preparan o que hai na orde do día, por riba vamos e preguntamos por algo tan raro como o Macro.

Tras insistir, non dan ningunha información concreta de datas nin tampouco de listaxe final de postos. Aducen que había unha persoa de baixa e iso retrasou todo.

Dende a CIG parécenos curioso ver como presionan ao persoal para que saque todo o traballo, sen importar que haxa prazas vacantes ou persoas enfermas, pero cando son eles, unha persoa de baixa xustifica para todo un concurso de traslados.

 

Logo pregúntase polasituación do proceso selectivo de C1 de promoción interna. Outra vez as mans á cabeza! Que preguntas máis raras fan hoxe os sindicatos.

Finalmente a regañadentes informan que o Ministerio ten interposta unha demanda na fiscalía e que están agardando a ver se hai algún tipo de medidas cautelares.