IIPP. A CIG levantase da Mesa Delegada.

Xoves, 27 Feb 2025

A Administración Penitenciaria abriu unha Información reservada aos membros da Comisión de Valoración do Concurso, por unha suposta filtración das listaxes de puntuacións provisionais.

En represalia por iso, decide, unilateralmente, incumprindo toda a normativa vixente, non facilitar o pasado xoves as listaxes das adxudicacións provisionais do concurso aos membros dos sindicatos na devandita Comisión de Valoración, listados que ás poucas horas xa circulan por todos os grupos en redes sociais, alcanzando un nivel de difusión nunca visto ata o de agora na Institución.

Que escuro interese ten a Administración penal para esa falta de transparencia e publicidade?

Ver NOTA COMPLETA coa e Información sobre actuacións en materia de ordenación e planificación de recursos humanos e xestión de persoal