
AEAT. Información actualizada de paneis
Veñen de remitirnos a seguinte información relativa aos paneis (lembrade que son previsións):
- CASVA: Resolución do panel neste mes. Previsión de mobilidade a finais de outubro-principios de novembro.
- CESVA: Previsto que o panel se resolva neste mes. Mobilidade para decembro.
- CTH: Mobilidade para decembro.
- AHP: Previsión de que se publiquen as listaxes provisionais a semana que vén, xunto co seu correspondente prazo de renuncias. A súa resolución será para outubro-novembro, e a mobilidade para o primeiro trimestre do 2026.
- C1 e C2 Corpos Xerais: Previsión da mobilidade un mes e medio despois do nomeamento do novo ingreso.
- TAI, C1 e C2 Corpos Xerais: Previsión de convocatoria de panel a principios do ano que vén.
- A2 de Corpos Xerais, A2 e A1 informática: Non está previsto publicar paneis nas próximas datas.