A administracción oculta informes para negar milloras laborais
Este 27 de xaneiro tivo lugar a reunión sobre o Grupo de Traballo de Calendario Laboral.
TRABALLO A DISTANCIA
A Administración anuncia como un triunfo o inicio do segundo día de traballo a distancia na Intervención Delegada da Seguridade Social a partir do 2 de febreiro.
Non sabemos onde está o triunfo pois cando menos os sindicatos levamos máis dun ano, mais ben case dous esixindo o desenvolvemento do traballo a distancia como foi acordado en maio de 2023 e incluso neste caso a propia Intervención Xeral estaba do noso lado. Quizais esa alegría veña de que, como a Administración explicou, un dos requisitos indispensábeis para dar ese segundo día facíase necesario o poder monitorizar 100% a actividade das persoas que están en traballo a distancia, con ata 5 programas diferentes no caso da IXSS. Parece que o persoal da Seguridade Social son presuntos palanquíns senón demostran o contrario.
Algunhas das Entidades, TXSS e o INSS mais concretamente, de palabra esgrimen grandilocuentes argumentos valeiros de contido real e que son doados de rebater, pola contra non son capaces de amosarnos os famosos informes que conteñen os resultados das probas piloto co segundo día de traballo a distancia que se fixeron en todas as entidades e servizos comúns, o que nos leva a pensar que se contradicen co que nos contan de palabra, o asunto é seguir mareando a perdiz..
Dende a CIG levamos 1 ano requirindo e querendo coñecer eses informes. As entidades negacionistas do traballo a distancia, negan que a CIG descoñeza estes informes, a realidade e que nunca foron quen de poñer negro sobre blanco diante de nós, e non entendemos o motivo de tanto secretismo.
O representante da Secretaría de Estado, a solicitude da CIG, vai elevar solicitude formal, outra vez, para que se nos remitan eses informes.
CALENDARIO LABORAL
Neste punto a Administración fai un resumo da súa posición actual. Que troca en cada xuntanza que temos. Nunha aceptan algo, na seguinte xa non o aceptan e noutra teñen que voltalo a estudar Esta é a formalidade na negociación que existe nesta Mesa Delegada.
Nesta ocasión a preguntas da CIG e doutros sindicatos sobre o detalle de certas medidas, a Administración non sabe que respostar pois hai disensión entre eles, parece que hai entidades que tamén son negacionistas das melloras nas condicións de traballo do persoal.
Segundo nos contan, o 4 de febreiro daranos resposta sobre as propostas nas que teñen dúbidas. Veremos se non hai novos cambios tamén nas que xa deron como aceptadas nesta reunión.
MACRO CONCURSO
Despois dun parón na súa tramitación de máis dun mes, inxustificado ao noso entender, pero que a ollos da Subsecretaría é unha tramitación normal, aseguran agora que xa está listo para enviar ao BOE e que a súa publicación será nos próximos días, a ver si desta vai de verdade...