
Mesa de formación: A AEAT prefire formar en inglés para ascender que en galego para atender á cidadanía

Por este motivo, desde a CIG volvemos insistir en que se estableza un incentivo real á formación continua do persoal, medidas como, por exemplo, que se habilite un crédito horario para a formación en horario de traballo, ou que se habiliten espazos específicos para a formación, medidas que impactarían positivamente nas altas tasas de abandono destes cursos
Como parte da reunión, a AEAT preséntanos a Relación de cursos del Plan de Formación Continua 2025. Como novidades, contempla cursos de seguridade en dispositivos móbiles ou formación en intelixencia artificial, entre outras novidades. Neste punto, desde a CIG valoramos os esforzos da administración por incluir novos itinerarios formativos e solicitamos a progresiva ampliación de La Academia a todos os corpos que integran a Axencia Tributaria, incluidos os corpos de Vixilancia Aduaneira
A formación en galego para atender á cidadanía, na plataforma de idiomas estranxeiros
Preguntamos, ademais, sobre a formación en linguas cooficiais- que só se ofertou en catalán este ano-. Desde a CIG consideramos que o respecto á pluralidade lingüística do estado é necesario porque actualmente o dereito do pobo galego a ser atendido no seu idioma nas oficinas da AEAT depende exclusivamente da vontade do persoal da AEAT que o atenda. Con respecto a este punto, dende a Administración comprometéronse a que durante o ano 2025 se incorporará dentro da plataforma de aprendizaxe de idiomas estranxeiros Go Fluent un curso de formación en linguas cooficiais: galego.
A resposta cualifícase soa: un modelo de docencia completamente diferente ao que a mesma AEAT ofrece para o catalán (idioma cooficial igual que o galego) e inserido nunha plataforma de elearning para idiomas estranxeiros. A AEAT sitúa os dereitos lingüísticos das galegas e galegos que acoden ás súas oficinas e teñen dereito a seren atendidos no seu idioma ao nivel dun cursillo para o seu persoal. O galego non é para a AEAT un idioma no que comunicarse cos contribuíntes, senón unha marca máis nun certificado de idiomas estranxeiros, como italiano. Piden inglés para promocionar ao CTH, mais non forman ao persoal para atender e entender á cidadanía. Para a dirección da AEAT o galego ten que ser estranxeiro na súa patria!