Mobilidade Panel AHP 2025P07

Martes, 10 Feb 2026
Veñen de remitirnos a seguinte información dende RRHH:

Para o voso coñecemento, o persoal funcionario do Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado, coa especialidade Axentes de Facenda Pública, que resultou adxudicatario de praza na oferta de cobertura de postos de traballo a través do Panel de Mobilidade 2025P07, vai proceder a formalizar os documentos acreditativos dos traslados concedidos (mobilidade por cambio de adscrición de posto de traballo, nomeamento provisional ou comisión de servizos, segundo proceda).

Devanditos documentos emitiranse con efectos do día 26 de marzo de 2026 (último día de traballo en orixe 25 de marzo, mércores) con carácter xeral para todos os ámbitos da AEAT, debéndose incorporar ao novo posto de traballo con prazo máximo de tres días (luns 30 de marzo), se o traslado non implica cambio de residencia, ou de 8 días (mércores 8 de abril), se o traslado supuxese cambio de residencia.

Excepcionalmente poderán adiantarse os efectos do panel para os adxudicatario/as, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
  • Estar na situación administrativa de excedencia voluntaria por coidado de familiar ou coidado de fillos, polo menos 2 meses antes da convocatoria do Panel de Mobilidade.
Finalmente, por razóns de conciliación da vida laboral e familiar, para o caso do persoal funcionario que tivese fillo/as escolarizados na localidade de destino e obtivesen o traslado a outra provincia permitirase, se así o solicitan, o diferimiento dos efectos da mobilidade ao 25 de xuño, xoves. Para acreditar esta circunstancia, deberase achegar certificado de escolarización do menor.