O panel 2026P06 de Axentes (AHP) executarase en febreiro. Previsións de outros paneis
Na comisión de seguemento do panel 2026P06 de Axentes (AHP) a Dirección da AEAT ven de comunicar que o panel será executado en febreiro de 2027
Desde a CIG volvimos insistir na necesidade de reunir a comisión de seguemento para abordar a interpretación do Acordo de Paneis no relativo á conciliación en varios aspectos:
· Ampliar o criterio, conforme ao Dereito Civil, de permitir a conciliación non só polo cónxuxe, senón por parella de feito ou unión estábel en termos análogos
· Ter sentido común á hora de interpretar as bases: non pode ser que dado que se pide estar censados xuntos cos fillos cando menos 6 meses se denegue a conciliación cunha criatura de 4 meses no momento da convocatoria por decir que non levan seis meses censados xuntos!
Ademais, desde a CIG advertimos que son máis de 940 persoas as que se incorporan ao subgrupo de Axentes pola quenda de acceso libre, polo que hai marxe para incrementar sensiblemente as adxudicacións de mobilidade neste panel. Por este motivo, desde a CIG trataremos de persuadir á Dirección da AEAT con datos e argumentos para incrementar o número de adxudicacións en Galiza
Na CIG demandamos igualmente información sobre outros paneis. A O panel de C1-C2 moverase segundo marque Función Pública, atendendo ao que corresponda para Facenda de funcionariado de novo ingreso, se ben antes de marzo dubidan que estea
A Dirección asegurou que logo do panel de C1-C2 de Corpos Xerais irá un panel de Técnicos Auxiliares de Informática (TAI), segundo as necesidades do DIT, que din son poucas. Neste sentido,desde a CIG temos presentado unha solicitude dando datos sobre a situación de Informática en Galiza recentemente.
O panel de A2 de Corpos Xerais en principio será convocado o mes que ven, segundo informaron desde a Dirección da AEAT
A comisión está a celebrarse hoxe e mañá, ampliaremos información