O PIA de 2025 non pasa de ser unha prórroga do de 2024. Condicións, prazos e requisitos

Mércores, 09 Abr 2025
Na mañá de onte tivo lugar unha reunión da Mesa Xeral de Negociación para abordar o PIA 2025. Segundo a Dirección da AEAT, convocada o pasado día 4 xusto despois de que a Ministra dese autorización coa súa sinatura ao mesmo

Desde a CIG insistimos na necesidade de actualizar a táboa retributiva e facer proporcionais os pagos variábeis para evitar que os Inspectores leven a parte do león do PIA, dado que o traballo e os obxectivos do PIA se logran grazas á totalidade do persoal. Entendemos que non poden manterse os pagos fixos nas contías que o PIA segue reproducindo de xeito invariábel desde 2014 cando o poder adquisitivo das empregadas públicas leva devalando anos- nada menos que un 25,6% medrou o IPC de febreiro de 2014 a febreiro de 2025. Cunha perda de poder adquisitivo da cuarta parte do valor nominal do diñeiro, e co contexto ecónomico que se aveciña- alza de prezos inflación pola guerra económica lanzada por EE.UU. a sumar á persistente alza de prezos rexistrada en Europa desde hai anos- na CIG entendemos que o PIA, entre outros mecanismos, ten que servir para atallar o empobrecemento, neste caso, do persoal que presta servizos para a AEAT. A modo de exemplo, un C1 da Delegación especial de Galiza percibiu, polo PIA, uns 2889 euros en 2018 que apenas subiron a 3.142,46 co PIA de 2024. Un incremento bruto de apenas 253,46 euros que en realidade é unha perda en termos relativos

Desde a CIG cuestionamos ademais que non se dean os datos de execución do PIA máis desagregados, por delegacións e mesmo por departamentos, posto que é sabido que non se percibe polo PIA a mesma contía sendo dúas persoas do mesmo subgrupo que están en distintas dependencias

A trazo groso, a proposta defendida esta mañá pola Dirección da AEAT é, a efectos prácticos, unha prórroga do acordo do PIA do pasado anomesma estructura, mesmos criterios e mesma táboa retributiva. Muda a exixencia ao persoal, posto que se exixe unha recadación en IVE e IRPF un 3% superior á do pasado ano para considerar cumpridos os obxectivos. Polo tanto, a maior traballo haberá, no mellor dos casos, as mesmas retribucións que no pasado 2024

Non houbo posibilidade sequera de que considerasen renegociar os criterios de reparto da parte variábel, dese 25% do PIA que perciben de xeito pouco transparente e maioritario o funcionariado do subgrupo A1 malia a insistencia durante anos neste punto. Tampouco se aclara se o incremento horario realizado en teletraballo/traballo a distancia computa a efectos de PIA- nós entendemos que, en tanto que é traballo que contribúe a cumprir cos obxectivos de intensificación de actuacións, debe sumar nese incremento horario. En todo caso, a concreción- no mellor dos escenarios- quedará a expensas dun hipotético acordo de teletraballo na AEAT

Prazos de referencia do PIA 2025

Períodos de referencia
  • 1º período de referencia: de 1 de xaneiro a 30 xuño de 2025
  • 2º período de referencia: de 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2025

Adhesión
Desde o 9 de abril até o 30 de abril
Cobro de atrasos
Cobro de atrasos (pagos mensuais de xaneiro a marzo):
  • para quen se adhira do 9 ao 15, na nómina de abril,
  • para quen se adhira do 16 ao 30 na de maio
As situacións especialmente protexidas e as ocasionadas por causa allea á vontade do traballador terán pago prorrateado como viña no do pasado ano

Parte fixa do PIA

1- Pagos a conta

Mantéñense as mesmas contías para os pagos a conta:

Subgrupo Primer pago a conta Segundo pago a conta
A1 150 150
A2 112,50 112,50
C1 90 90
C2 82,50 82,50
E 67,50 67,50

 

  • Incrementos horarios:
    • primeiro pago a conta (a cobrar en maio): abondará adherirse ao PIA e cumprir cos requisitos exixidos para o devengo (incremento de 2 horas até o 30 de abril)
    • segundo pago a conta (a cobrar en outubro): incremento de seis horas entre xullo e setembro e de 12 horas en horario acumulado de 1 de xaneiro a 30 de setembro
En ambos casos, será prorrateábel no caso de situacións especialmente protexidas e outras susceptíbeis de tratamento similar, como desenvolverá o Documento de Aclaracións, tal como aconteceu en anos anteriores

2- pagos mensuais
pagos mensuais: 12 pagos mensuais (un por mes, de xaneiro a decembro) nos termos que se veñen mantendo desde o inicio do PIA, conforme á seguinte táboa retributiva. Desde a CIG volvimos cuestionar, demandando unha maior proporcionalidade e actualización de contías:

Subgrupo Importe pago mensual
A1 200
A2 150
C1 120
C2 110
E 90

 


É obrigatorio facer incremento horario de 2 horas do primeiro periodo de referencia, até o 30 de abril, as 6 do segundo periodo de xullo a setembro, ambos incluídos, e outras 4 máis, até sumar 12, entre xaneiro e setembro, incluídos

Parte variábel

En función do cumprimento de obxectivos e mais dos incrementos horarios previstos para cada un dos períodos de referencia liquidacións da parte variábel nas nóminas de xullo, decembro e marzo de 2026

As propostas da CIG: renegociar o reparto da parte variábel, computar teletraballo...

Desde a CIG insistimos na necesidade de renegociar a parte variábel do PIA, con criterios proporcionais, obxectivos e públicos. Do mesmo xeito, insistimos en que o incremento horario nas xornadas de teletraballo compute a efectos do PIA, que deben realizarse aclaracións para que o persoal de baixa non teña distintos dereitos con respecto ao PIA en función de cando estea de baixa (se é á hora da adhesión ou se é, por exemplo, en xullo, os efectos son distintos). Ademais, exiximos que a interpretación do PIA debe facela a comisión de seguemento e non consentir en que as Dependencias Rexionais de Recursos Humanos exclúan ou minoren o PIA ao persoal ao seu criterio

Para a CIG este acordo de PIA non deixa de ser  unha prórroga do acordo de 2024. Entendemos que cómpre abordar unha renegociación a fondo cando menos de toda a parte variábel do PIA e que se desaproveitou unha ocasión de facelo e, neste sentido, cuestionamos a falta de ambición da Dirección da AEAT para axustar as retribucións do persoal ao custo real da vida en todas as ferramentas ao seu alcance. Mais, contodo, tampouco ten nada aberrante que nos leve a rexeitalo abertamente, tendo  ademais en conta que o subscribimos o pasado 2024 e que sería un erro permitir que a AEAT aprobe unilateralmente a asignación de todas as produtividades e mais que non haxa control da parte social sobre quen exclúen dela