Os Inspectores moveranse por panel, como calquera outro subgrupo da AEAT

Venres, 16 Xan 2026
A Mesa Xeral ven de aprobar un anexo ao Acordo de Paneis para que, no sucesivo, o Corpo de Inspectores se rixa polas mesmas regras de mobilidade que o resto de subgrupos que prestan servizo na AEAT. O acordo non se debe á vontade negociadora da Dirección da AEAT- que forzou unha convocatoria de mobilidade sen respectar o Acordo do 2 de xullo de 2019, que regula os paneis de provisión, a participación sindical e a comisión de seguimento baixo unha suposta “urxencia” que non era tal- senón a un novo revés xudicial para a AEAT

Da resolución hai que tirar conclusións:

Sobre o asunto:
  • Non había urxencia real- co cal os argumentos da Dirección da AEAT eran pura comenencia
  • Era unha mobilidade ordinaria por necesidades organizativas- como calquera outra de calquera outro subgrupo, e
  • Polo tanto, debía negociarse cos sindicatos no ámbito dos paneis de mobilidade
Sobre as formas da Dirección da AEAT:
  • Que a AEAT non pode saltarse os acordos asinados- no caso o Acordo de Paneis e o Acordo de Carreirado que deriva, que ve plenamente válidos e vixentes- nin sequera cando se trata do Corpo Superior de Inspectores de Facenda
  • Non existen corpos “privilexiados” nin persoal fóra da negociación colectiva
Que significa isto para o persoal?
  • Os acordos sindicais son de obrigado cumprimento
  • A negociación colectiva non é opcional
  • A AEAT non pode impor mobilidades de forma unilateral
  • persoal ten dereitos, todo o persoal en todos os grupos
En consecuencia, onte e hoxe negociouse un engadido ao Acordo de Paneis para articular un panel para o Corpo de Inspectores, nos mesmos termos que o resto de paneis que convoca a AEAT

Na CIG levamos tempo advertindo da intención da Dirección da AEAT de configurar dúas carreiras: a do CSIHE e a do resto do persoal, e aínda máis tempo defendendo que o Acordo de Carreira da AEAT ten que comprender a todo o persoal da AEAT, con independencia do subgrupo en que se encadre. O acordo acadado camiña nesa liña e pecha- se a AEAT o respecta- a primeira

inclusión de todo o persoal da AEAT no ámbito de aplicación do Acordo de Carreira vixente e de cantos outros acordos del derivan- entre eles, o de Paneis- é unha demanda da CIG desde que dito acordo se negociou en 2006, que se puxo de manifesto recorrentemente nos conflitos declarados na AEAT nos últimos anos e mais nas propostas e alternativas que vimos defendendo de cara á súa actualización

Neste sentido, desde a CIG vimos advertindo á AEAT que a negociación colectiva non é opcional e que os acordos sindicais son de obrigado cumprimento. Isto son premisas básicas para poder negociar de boa fe e previas a calquera negociación. E que, obviamente, exixe participación sindical real

O caso amosa como os dereitos deféndense con organización, mobilización e, cando fai falta, con acción xudicial. En definitiva, a loita é o único camiño.