AEAT. Panel AHP 2025P05

Luns, 10 Mar 2025
Veñen de comunicarnos dende RRLL o seguinte:

En relación cos efectos para o traslado dos funcionarios do Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado, coa especialidade Axentes de Facenda Pública, que resultaron adxudicatarios de praza na oferta de cobertura de postos de traballo a través do Panel de Mobilidade 2024P05, comunícase que, co fin de facilitar a conciliación dos interesados e sempre que os mesmos presenten solicitude nestes termos, vai proceder o aprazamento nos efectos do panel para aqueles funcionarios que teñan fillos menores escolarizados.

O citado aprazamento estenderase ata o próximo 30 de xuño, de maneira que quede garantida a finalización do curso escolar.
Como se comentaba no parágrafo inicial, tramitaranse exclusivamente aqueles aprazamentos que sexan solicitados expresamente polos interesados e sempre que quede acreditado que teñen fillos menores en idade escolar.