PAS 2026: a AEAT insiste nun plan insuficiente e sen melloras reais
Na reunión da Mesa de Acción Social, a Administración presentou o borrador do Plan de Acción Social 2026, e desde a CIG trasladamos unha valoración clara: non hai avances reais respecto ao PAS 2025 e mantense un modelo que segue sen responder ás necesidades do persoal.
A proposta da AEAT mantén un orzamento conxelado e insuficiente, sen ter en conta nin a inflación nin o aumento real dos custos en educación, saúde e coidados. Isto supón na práctica unha perda progresiva da eficacia das axudas sociais, especialmente para o persoal con menos ingresos.

O que defendemos desde a CIG na mesa:
- É imprescindible aumentar o crédito do Plan de Acción Social, porque o actual cada ano chega a menos persoas.
- Non aceptaremos recortes nin rebaixas na axuda de desenvolvemento educativo, unha das máis importantes para as familias.
- A promoción interna non debe financiarse con Acción Social, senón a través de formación e dunha Academia da AEAT aberta a todo o persoal, liberando fondos para axudas sociais reais.
A Administración fixou prazo ata o próximo luns para presentar propostas. A negociación continúa, pero desde a CIG deixamos claro que non imos avalar un Plan de Acción Social insuficiente, continuista e alleo á realidade do persoal.
Para a semana haberá unha nova xuntanza para valorar as propostas das organizacións sindicais. Se tendes algunha suxestión estaremos encantadas de trasladala.