Proposta de adxudicacións Panel CSIHE 2026P01 - Información CESVA e CTH

Domingo, 14 Xun 2026
Achegamos a relación de persoas adxudicatarias no proceso de mobilidade (panel) do Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado – 2026P01.

A comisión de valoración terá lugar a vindeira semana, o xoves día 18 de xuño. Se queres que fagamos seguemento da túa solicitude ponte en contacto connosco.
Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira: Neste mesmo día tamén haberá unha segunda comisión de valoración do panel do CESVA - 2026P05.

Corpo Técnico de Facenda: veñen de comunicarnos a seguinte información:

curso selectivo que se está a desenvolver na Escola da Facenda Pública do Instituto de Estudos Fiscais, para os aspirantes que superaron a fase de oposición das probas selectivas convocadas por Resolución do 20 de decembro de 2024 (BOE do 28 de decembro) ao Corpo Técnico de Facenda, ten prevista a súa clausura o vindeiro día 30 de xuño.

Polo que se informa que os empregados públicos que estivesen en activo en postos da Axencia Tributaria até o momento do seu nomeamento como funcionarios en prácticas do Corpo Técnico de Facenda, deberán incorporarse novamente aos seus destinos o vindeiro luns día 6 de xullo de 2026 e até o seu nomeamento como funcionarios de carreira, dándose por finalizado o período de licenza concedido para a realización do curso selectivo o venres día 3 de xullo.