Reclasificación Subgrupo C1

Mércores, 14 Mai 2025

Dende RRLL veñen de comunicarnos o seguinte:
Infórmase que as retribucións vinculadas á reclasificación dos postos de traballo do persoal pertencente ao subgrupo C1, efectuarase na nómina do mes de xuño, con idéntica data de efectos que viña facéndose e cos correspondentes dereitos económicos devindicados, isto é, desde o 1 de marzo.

A complexidade e especial laboriosidade deste proceso derivadas das solicitudes de recoñecemento de servizos previos, e en particular polos correspondentes a funcionarios que anteriormente foran persoal laboral fixo descontinuo, motivaron que ata a nómina de xuño non poida levar a efecto.