Recordatorio Alertas meteorolóxicas e teletraballo

Xoves, 25 Xun 2026
Lembramos que tedes dispoñible toda a información das alertas meteorolóxicas na páxina de intragalicia. Accede directamente dende a ligazón do noso Blog.

INSTRUCIÓNS ANTE ALERTAS METEOROLÓXICAS
ALERTA CONTINXENCIA ACTUACIÓN
VERDE Condición meteorolóxica sen incidencias Actividade normal
AMARELA
 
Risco baixo por fenómenos meteorolóxicos             
 
Actividade normal
Ante dificultade ou imposibilidade xustificada do desprazamento ao centro de traballo por fenómenos meteorolóxicos, os afectados deberán comunicar ao seu responsable, podéndose activar o traballo a distancia
Estade atentos ás predicións meteorolóxicas
LARANXA
 
Risco importante por fenómenos meteorolóxicos
 
Potencial presencialidade limitada a servizos esenciais
Garantida a prestación do servizo esencial, poderase activar de forma xeneralizada o traballo a distancia, de forma voluntaria
Estade preparados, mantédevos informados das predicións meteorolóxicas máis actualizadas
VERMELLA
 
Risco extraordinario por fenómenos meteorolóxicos
 
Posibilidade de peche de edificios
Posibilidade de suspensión das actividades presenciais
Poderase activar de forma xeneralizada o traballo a distancia
Tomade medidas preventivas, actuade segundo as indicacións das autoridades
Mantédevos informados das predicións meteorolóxicas máis actualizadas

 


Cando exista previsión de alerta laranxa ou vermella, recoméndase levar o NPT ao domicilio de residencia para facilitar, no seu caso, a prestación do servizo na modalidade de traballo a distancia

En todo caso serán considerados servizos esenciais aqueles compañeiros que desempeñen tarefas non teletraballables.

Se existe un nivel de alerta laranxa ou vermella no municipio da túa residencia autorizada ou nos municipios do camiño habitual ao traballo, poderán aplicarse igualmente as medidas indicadas na táboa anterior. Nestes casos, deberase informar o superior xerárquico desta circunstancia o máis axiña posible

Ante unha previsión de alerta laranxa ou vermella, sobre as 20.00 horas do día anterior, enviaranse comunicacións ás canles zoom dos edificios afectados, así como un e-mail ás caixas de correos corporativas

As alertas por fenómenos meteorolóxicos costeiros ou por galernas ou resacas só terán efectos sobre o persoal do servizo marítimo de Vixilancia Aduaneira, aplicándose os criterios fixados por tal servizo