Resolución da Delegación Especial: horario con motivo de festas patronais ou tradicionais de ámbito local

Luns, 08 Xun 2026

A Resolución da Delegación Especial da AEAT de Galicia, sobre determinación do réxime horario con motivo das festas patronais ou tradicionais propias de cada ámbito local, neste ano 2026 ven fixar o horario para festas tradicionais de ámbito municipal

Do mesmo xeito que no exercicio anterior, o horario que contempla a citada Resolución é de 9:00 a 14:00 horas, polo que deberá prestarse especial atención aos servizos de atención ao público e rexistro a fin de que estes sexan prestados con total regularidade e non se xere, en ningún momento, desatención dos servizos, derivada da redución horaria neses períodos, mentres existan nas Dependencias cidadáns que o demanden
No que respecta ao axuste do Control Horario, este realizarase pola Unidade de Persoal de cada Delegación. Entendemos que no caso da ADI xestiónao a propia Secretaria Xeral de Vigo ao tratarse do mesmo municipio
Consulta a Resolución no Blog mais no anexo

Podes consultar o calendario de festivos locais: Calendario laboral de 2026: festivos locais mais horarios especiais – Espazo sindical do CIG