Reunión Comisión Paritaria IV CUAGE de decembro

Venres, 02 Xan 2026

"Acabamos o ano igual que como o empezamos!"

Esta semana tivemos a reunión da COPA do mes de decembro e continuamos coa mesma dinámica na que practicamente só se fala de asignación de complementos, iso si, dos que quere, e como quere Función Pública (F.P.) sen que o resto de Organizacións Sindicais tomen medidas para rematar con este despropósito. F.P. trae á COPA os expedientes que lle parece oportuno e utiliza o mesmo criterio para a súa aprobación, de xeito que o habitual é a aprobación parcial dos expedientes, nos que aproban uns e rexeitan outros, coa escusa de que están “pouco xustificados”, iso si financiados con amortización de postos vacantes que xa nunca máis se van a recuperar. Cuestión á que a CIG nos opoñemos en solitario. 

 

Nesta reunión incluíron no último momento dous conflitos colectivos sobre a negativa de F.P. á asignación de complementos a algúns postos de persoal laboral temporal e á inexistencia de promoción interna para o persoal do Anexo II. Desde a CIG solicitamos os preceptivos informes de F.P. para poder analizar se nos sumamos ós devanditos conflitos colectivos, xa que só os comentaron de palabra na propia reunión. 

 

Tamén verbalmente nos facilitaron os datos da masa salarial de 2024, non era sen tempo, para poder repartir as subas salariais dese ano nos complementos, xa que é obxecto de negociación na propia COPA, pero despois dixeron que o deixarían pendente para o primeiro trimestre de 2026. Nos opuxémonos a esta nova demora, son cartos do persoal que imos cobrar con máis de dous anos de retraso, pero nos volvemos a quedar solos outra vez nesta reclamación e xa veremos que pasa coa de 2025, tamén pendente. 

 

Ver NOTA INFORMATIVA