Reunión da Comisión de Igualdade da AEAT

Xoves, 21 Mar 2024
No día de onte tivo lugar a reunión da Comisión de igualdade da AEAT.
A administración presentounos o novo protocolo aprobado no Consello de Ministros do 08 de marzo (Protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos Públicos). Unha vez aprobado e publicado no BOE, a AEAT traballará para elaborar un plan propio no ámbito da Axencia Tributaria.

A CIG defende a necesidade de contar ca participación das Organizacións Sindicais na súa elaboración, e así poder deseñar un plan de actuación real que aborde a problemática da AEAT.
A falta desta aprobación, o único mecanismo do que dispón a AEAT para comunicar calquer incidencia relacionada coas relacións interpersonais, é a través do servizo de prevención de riscos da Intranet.

Por outra banda, dende a CIG propuxemos:


-        A aplicación do permiso de 8 semanas recoñecido polo artigo 49 g) do EBEP. (Permiso parental para o coidado de fillo, filla ou menor acollido por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra oito anos: terá unha duración non superior a oito semanas, continuas ou descontinuas, poderá gozarse a tempo completo, ou en réxime de xornada a tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano e conforme aos termos que regulamentariamente se establezan).

-        A aplicación do permiso retribuído de catro días de forza maior cando sexa necesario por motivos familiares urxentes.

-        Que os días de teletraballo poidan ser intercambiables nos casos de conciliación familiar.


A Axencia Tributaria comprometeuse a estudar estas e outras propostas, emplazándonos novamente para finais de abril/principios de maio.