Reunión do Comité De Seguridade e Saúde Intercentros (CSSI) da AEAT

No día de hoxe celebrouse unha nova reunión do Comité de Seguridade e Saúde Intercentros (CSSI) da AEAT. Desde a CIG volvemos denunciar a falta de compromiso real da Administración en materia de prevención e saúde laboral, a insuficiencia de medios humanos e técnicos no Servizo de Prevención, e a necesidade urxente de adoptar medidas efectivas para mellorar as condicións de traballo do persoal. A continuación, detallamos os principais temas tratados e as reivindicacións da CIG:
1. Vixilancia da Saúde: unha mostra pouco representativa e problemas estruturais sen resolver
A Administración presentou os datos de vixilancia da saúde do persoal, pero desde a CIG cuestionamos a súa representatividade: de 27.000 traballadores/as, só 8.000 fixeron os recoñecementos médicos, o que fai que as conclusións extraídas sexan insuficientes e nos debamos preguntar o motivo desta taxa tan baixa.
2. Exiximos medios propios en prevención de riscos laborais
Desde a CIG volvemos reclamar que a AEAT deixe de externalizar a súa actividade preventiva e dote de máis medios humanos e materiais ao Servizo de Prevención. A falta de recursos impide realizar avaliacións de riscos con periodicidade adecuada e adoptar medidas correctoras eficaces.
3. Barcos obsoletos en Vixilancia Aduaneira
A situación dos barcos de Ribadeo e Muros segue sendo crítica. Desde a CIG insistimos na substitución inmediata destas embarcacións, que duplican a súa vida útil e presentan constantes problemas. É inaceptábel que nunha costa como a galega, con zonas de alto risco como a Costa da Morte, se manteñan medios obsoletos que poñen en perigo tanto ao persoal como ás operacións de vixilancia.
4. Gas radón: a AEAT debe asumir os criterios da OMS
A AEAT segue sen tomar en serio o risco derivado da exposición ao gas radón, especialmente en Galiza, onde os solos graníticos xeran unha concentración elevada deste axente canceríxeno.
Reivindicación da CIG: A AEAT debe adoptar medidas para situar os niveis de radón por debaixo dos 100 becquerelios, seguindo as recomendacións da OMS, en lugar de conformarse co límite de 300 becquerelios que marca a lexislación estatal.
5. Preguntas pendentes e demandas urxentes
Para rematar, insistimos en cuestións clave que a AEAT segue sen atender:
A AEAT debe deixar de mirar para outro lado en saúde laboral
A actitude da AEAT en materia de saúde laboral segue a ser preocupante. A falta de recursos no Servizo de Prevención, a externalización de funcións clave e a ausencia de medidas efectivas para mellorar as condicións de traballo están a afectar gravemente ao persoal. Desde a CIG seguiremos loitando para que a prevención de riscos sexa unha prioridade real e non un trámite burocrático para a Administración.
A Administración presentou os datos de vixilancia da saúde do persoal, pero desde a CIG cuestionamos a súa representatividade: de 27.000 traballadores/as, só 8.000 fixeron os recoñecementos médicos, o que fai que as conclusións extraídas sexan insuficientes e nos debamos preguntar o motivo desta taxa tan baixa.
- Patoloxías músculo-esqueléticas e respiratorias: A elevada incidencia de doenzas articulares e musculares reflicte un cadro de persoal avellentado, sen que a AEAT adopte medidas adecuadas para paliar os efectos do paso dos anos nos postos de traballo.
- Doenzas respiratorias: Máis do 60% do persoal presenta alerxias ao pole, ácaros e po, o que evidencia a urxencia de mellorar o mantemento dos sistemas de ventilación mecánica, eliminar moquetas,...
- Problemas de visión: Detectouse unha falta de gradación adecuada da vista en moitos postos de oficina, sen que a AEAT adopte medidas correctoras.
- Saúde mental en risco: A segunda causa de incapacidade temporal (IT) na AEAT está vinculada á saúde mental. Sumando as baixas por "trastornos mentais" e "trastornos do sistema nervioso", queda en evidencia a necesidade de reforzar as medidas de prevención de riscos sicosociais. A negativa da AEAT a recoñecer este problema e a imposición de cambios organizativos sen negociación (como o novo modelo de información e asistencia) agravan a situación.
Desde a CIG volvemos reclamar que a AEAT deixe de externalizar a súa actividade preventiva e dote de máis medios humanos e materiais ao Servizo de Prevención. A falta de recursos impide realizar avaliacións de riscos con periodicidade adecuada e adoptar medidas correctoras eficaces.
- Laboratorios de Aduanas: Exiximos un cumprimento estrito dos protocolos de seguridade debido á perigosidade das substancias manexadas. Lamentamos que só se incluíran no plan de actividade preventiva tras denuncias por incidentes e pola antigüidade das avaliacións previas.
- Pantallas e equipos ergonómicos: A AEAT debe subministrar pantallas de visualización de datos de tamaño axeitado, auriculares con redución de ruído para os postos telefónicos e dispositivos que permitan regular a altura dos novos postos de traballo.
- Avaliación de riscos psicosociais: A implantación do novo modelo de asistencia (MIA) e o baleirado de administracións por mor dunha errada xestión dos paneis deben ser avaliados en termos de impacto sobre a saúde mental do persoal.
A situación dos barcos de Ribadeo e Muros segue sendo crítica. Desde a CIG insistimos na substitución inmediata destas embarcacións, que duplican a súa vida útil e presentan constantes problemas. É inaceptábel que nunha costa como a galega, con zonas de alto risco como a Costa da Morte, se manteñan medios obsoletos que poñen en perigo tanto ao persoal como ás operacións de vixilancia.
4. Gas radón: a AEAT debe asumir os criterios da OMS
A AEAT segue sen tomar en serio o risco derivado da exposición ao gas radón, especialmente en Galiza, onde os solos graníticos xeran unha concentración elevada deste axente canceríxeno.
Reivindicación da CIG: A AEAT debe adoptar medidas para situar os niveis de radón por debaixo dos 100 becquerelios, seguindo as recomendacións da OMS, en lugar de conformarse co límite de 300 becquerelios que marca a lexislación estatal.
- Evitar o uso de sotos e semisotos como espazos de traballo habitual.
- Mellora dos sistemas de ventilación para reducir a presenza do gas.
- Estudos epidemiolóxicos no persoal da AEAT para avaliar os efectos da exposición prolongada ao radón.
Para rematar, insistimos en cuestións clave que a AEAT segue sen atender:
- Os portátiles subministrados non cumpren cos estándares de seguridade, tamaño e ergonomía que esixe a normativa preventiva.
- Debe estabelecerse un período mínimo para a revisión das avaliacións de riscos.
- Máis transparencia no reparto do teletraballo e menos mercadeo co seu uso como ferramenta de presión.